Recomendámosche

AVALIACIÓN DO PROXECTO DENDE ARES CARA AO MUNDO

Con motivo de levar a cabo unha avaliación do proxecto "Dende Ares cara ao mundo" e do traballo por proxectos, en xeral, solicitamos do alumnado e das familias que cubran as seguintes enquisas.

 

 

 

Moitas grazas pola vosa colaboración!!

O traballo colaborativo, cooperativo e por proxectos é unha nova metodoloxía que consideramos favorece a aprendizaxe do alumnado. A participación da familia tamén é moi importante e fundamental, o cal redunda nunha mellora da convivencia e o alumnado síntese o verdadeiro impulsor e protagonista da súa aprendizaxe.

 

PRESENTACIÓN DA I FEIRA DENDE ARES CARA AO MUNDO

I FEIRA “DENDE ARES CARA AO MUNDO”

         Durante o curso 2016-2017 o profesorado do CPI As Mirandas formou parte dun Plan de Formación (PFPP) iniciado o pasado curso baseado no Traballo por proxectos a través da Biblioteca, no que decidiuse elaborar un proxecto ao que denominamos: “Dende Ares cara ao mundo” .

        A idea consiste no estudo de diferentes países, elixido polo alumnado de cada curso ou nivel educativo relacionado co alumnado estranxeiro que hai no centro.

       O emprego de novas formas de aprendizaxe integradas dentro do currículo escolar ten como resultado final a Primeira Feira do CPI As Mirandas “Dende Ares cara ao mundo”.

       Esta metodoloxía implica a participación activa do alumnado que tivo que investigar, planificar, cooperar, en definitiva, un novo xeito de aprender onde o alumnado é o protagonista da súa propia aprendizaxe, contando co profesorado como guía no seu proceso e coa colaboración tamén do persoal non docente do centro.

 

Unha primeira exposición deste proxecto tivo lugar en febreiro co Desfile do Entroido :

 

 

O produto final será esta Feira que contará cos seguintes STANDS e PAÍSES NO PAVILLÓN MUNICIPAL

 

 ARES– CONCELLERÍA DE CULTURA E ANPA

 ANTÁRTIDA–eso

 AUSTRALIA– 1ºEP                                                                                 

 BRASIL– 4ºep

 CHINA-3ºep

 ISRAEL-relixión

 XAPÓN-2º epB

 MARRoCOS– 5º e 6º EP

 PORTUGAL– 4ºei

 REINO UNIDO 6º EI e 6º EP

 UCRAÍNA– 5º EI

 MÚSICAS DO MUNDO-ESO

 Lóva/MAIL ART– 2ºep- a

 

 BIBLIOTECA/rOBÓTICA

 

 

Esta Feira contará coa presencia do aresán Javier Cristobo, Director do Centro Oceanogáfico de Gijón, experimentado investigador da Antártida. Javier inaugurará a Feira e impartirá 2 charlas sobre o Continente Antártico e as súas experiencias nel.

Tamén se expoñerán os traballos do PROXECTO LÓVA, proxecto innovador neste centro cuxo obxectivo final  é a Creación duha Ópera como Veículo de Aprendizaxe, e o proxecto de MailArt.

Dentro dos eventos que se levarán a termo durante todo o día colaboraremos cunha Actividade solidaria #unhacuraparaAdri

  • Na caseta da Antártida haberá unha mesa na que por 1 € poderás apadriñar un pingüín dunha das pingüineiras da Antártida.

  • Tamén no noso Photocall, terás a posibilidade de quitar unha foto na que poderás elixir o lugar onde queres aparecer, dentro dos países representados nas casetas. O importe da foto que será de 1€ tamén será doado á causa #unhacuraparaAdri.

O horario será:

 Mañá………..10:30- 14:30h. (alumnado EI e EP do centro)

 Tarde………..16:00- 18:30h. (alumnado ESO do centro e público en xeral.)

 

ACTIVIDADES PARALELAS AOS STANDS E OBRADOIROS:

  • Inauguración oficial da Feira coas autoridades…………...........11:45h
  • Actuacións musicais do alumnado da ESO ........................ 11:00/ 13:00/ 17:00h
  • Actuación do alumnado de 6º de Primaria............................11:30/ 13:30/17:30h
  • Actuacións dos alumnos de Ed. Infantil e 1º de Primaria..... 12:15h/14:00/18:00h

 

CONVIDAMOS E ANIMAMOS A TODOS A PARTICIPAR NESTE GRAN EVENTO!

 

AGRADECEMOS A COLABORACIÓN DA COMUNIDADE EDUCATIVA EN XERAL,  Á ANPA, AO CONCELLEIRO DE

TURSIMO DE ARES, AO CFR DE FERROL E ESPECIALMENTE A JAVIER CRISTOBO.

Blog da Biblioteca

A todos os usuarios e visitadores da Biblioteca do CPI Conde de Fenosa de Ares os convidamos a visualizar tamén o noso blog:

http://carabeladeares.blogspot.com/

Un saúdo

Distribuir contido