Actividades

FOTOGRAFÍAS NADAL-REIS MAGOS 21 DE DECEMBRO 2021

Prezadas familias, a ANPA do CPI As Mirandas achega as fotografías da chegada dos Reis Magos ao CPI As Mirandas o día 21 de decembro de 2021:

 

 

PROTOCOLO ADAPTACIÓN AO COVID NAS ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES E COMPLEMENTARIAS

 No presente curso escolar (2021-2022) retomamos as actividades extraescolares de Inglés, piscina e patinaxe; pero mantendo as normas de adaptación á nova situación polo COVID-19. A ANPA dalle publicidade ao Protocolo no seguinte enlace:

 

II CONCURSO DE FOTOGRAFÍA XUVENIL- CONCELLO DE ARES 2018

A CONCELLERÍA de CULTURA e o CPI As Mirandas anima á xuventude (8 a 18 anos) de Ares a  participar no II Concurso de Fotografía xuvenil . Toda a información nos arquivos que achegamos e nos seguintes enlaces:

 ANIMÁDEVOS A RETRATAR A VOSA CONTORNA, SEMPRE HAI ALGO POR DESCUBRIR!!!

 

CAMPAMENTOS DE VERÁN - XUNTA DE GALICIA

Podedes consultar toda a información sobre os Campamentos de Verán organizados pola Xunta de Galicia para rapaces de 9 a 17 anos, no seguinte enlace:http://xuventude.xunta.es/accion-de-veran.html

CELEBRACIÓN DO ENTROIDO

 

O vindeiro venres, 8 de febreiro, celebraremos no CPI a festa do Entroido .

 

  • En INFANTIL E PRIMARIA

A festa comezará cun pasarrúas pola vila.

Saíremos do colexio aproximadamente ás 10:30h. continuando por:

  • Avenida de Mugardos

  • Real

  • Praza da igrexa

  • Saavedra Meneses.

    A continuación os nenos/as de Infantil regresarán ao colexio e os de Primaria continuarán polas rúas.

    No caso de que chovera suspenderíase o pasarrúas pola vila e o desfile faríase na pista do colexio (11:00h) ao que poderían asistir as familias.

    As 12:15h., xa no colexio, os nenos/as degustarán doces típicos do Entroido grazas a ANPA e ao colexio. Todos os alumnos/as recibirán un paquete de caramelos doados polo Concello.

 

  • En SECUNDARIA

    Haberá clase ata as 11:00h. e a continuación disfrazaranse.

    Ás 11:15h. irán cara o pavillón para realizar as Coreografías.

 

  • SAÍDA

A saída será á 13:30h. (ás 13:25h en infantil). Non haberá comedor.

RESUMO DE ACTIVIDADES DO CURSO 2011-2012

Con motivo do fin de curso 2011-2012, imos facer unha revisión das actividades que se realizaron no noso centro das que non fixemos aínda reportaxe: 1.- Recollida de Tapóns : DIOGO Alumnado e profesorado do CPI de Ares participaron neste curso na campaña de reunir Tapóns, para que o neno, Diogo Farinhoto, poda ter unha prótese ortopédica. A mediados de xuño entregáronse os tapóns en Narón a José Rivas, que é o encargado.

2.- VISITA AO PARQUE DE EDUCACIÓN VIAL E MUSEO DO HUMOR (Barallobre e Fene)

Os alumnos do 3º ciclo fomos a Barallobre ao parque móvil.Pasámolo moi ben

Tamén fixemos una visita ao Museo do Humor en Fene.

Damos as gracias a ANPA e a Policia Local de Ares. Despois dunhas charlas de ed. Vial leváronnos as prácticas a Barallobre. Podedes ver que somos bos conductores. (Abril 2012).

 

3.- O NOSO XARDÍN

 


ACTIVIDADES NO CENTRO

O CPI Conde de Fenosa estivo levando a cabo, grazas a colaboración coa ANPA do noso centro  e coa Policial Local de Ares, unhas charlas de educación vial, acompañadas con saídas ao Museo do Humor  e o Parque de Educación Vial en Barallobre-Fene, así como as visitas aos vehículos policiais que permaneceron no día de hoxe (27 de Abril) na Pista polideportiva do centro. As actividades está dirixidas ao alumnado tanto de Primaria como de Secundaria aínda que nas visitas aos vehículos tamén participaron o alumnado de Infantil.


 

DÍA DA ÁRBORE

DÍA DA ÁRBORE


O pasado día 21 de marzo o alumnado de 1º ESO xunto con os de 3º ESO DC participaron nunha plantación de árbores, cerdeiras. Esta actividade foi organizada pola ANPA en colaboración co Concello e CPI.


A plantación tivo lugar na pista de padel, 12 cerdeiras que recibiron nomes femininos todas elas, vinculados a Ares coma:Catalina, Olalla, Hermelinda, Ciscada, Alianza Aresá, Aurora , Mirandas, Bailadora, Redeira.. Ao remate da plantación cantaron, acompañados pola banda de gaitas de Ares, o Himno a Árbore.


Aquí vos deixamos unha reportaxe do evento.



MUSEO do HUMOR

O pasado 29 de febreiro o alumnado de 1º e 2º de Primaria (68) do noso centro asistiu a unha visita do Museo do Humor e ao Parque de Educación viaria en Fene.

 

No Museo do Humor, realizaron unha visita guiada, asistiron á presentación dunha proxección sobre a exposición “O humor e os dereitos da infancia” e, ao remate, participaron nun taller de pintado de debuxos e realización de ilustracións humorísticas. O percorrido dos alumnos do colexio Conde de Fenosa coincidiu cunha visita dun equipo do programa A Revista da TVG que realizou un directo dende o Museo do Humor (Pódese visionar dende a web da CRTVG (http://www.crtvg.es/tvg/programas/a-revista).

 

O mesmo alumnado participou tamén nos obradoiros de educación viaria que se imparten no antigo apeadoiro de Barallobre e nos que se lles ofrece a posibilidade de conducir karts, bicicletas e triciclos por un circuito sinalizado.

Exemplos das actividades realizadas polo noso alumnado son:

1º CERTAME de FOTOGRAFÍA.. ANPA do CPI "Conde de Fenosa"

O pasado
día 27 de Maio, reuniuse o xurado do 1º Certame de Fotografía
sobre a riqueza medioambiental de Ares, para o alumnado da ESO,
organizado polo ANPA do C.P.I. “Conde de Fenosa” de Ares, en
colaboración co profesorado do centro, especialmente a profesora
Marisa Areal.

O Xurado
estaba composto por :

Ana
Martínez, Concelleira de Cultura do Concello de Ares

Álvaro
Franco, representante das familias do noso alumnado

Mayolla
Dragó, Vicepresidenta do ANPA

Adrián
Pérez, antigo alumno do centro

Mariam
Belrhlid, antiga alumna do centro

Marisa
Areal, profesora de Educación Plástica e Visual

Blanca
Cortizas, profesora de Tecnoloxía.

Despois
da visualización das fotografías, e trala 1ª votación, foron máis
votadas 3 fotografías cun empate técnico de 2 .

Polo
tanto, realízase unha 2ª votación e resulta
gañadora
a fotografía titulada “
estacas

que
corresponde a alumna de 4º ESO,
Anais
Prieto,
a
quen desde aquí queremos dar a
noraboa.

Os
outros 2 finalistas corresponden as fotografías :

ceo
rosa”,
de
Aldara Vilar,
alumna de 4º ESO e

“xunqueira”
de
Javier Cendán,
alumno de 3º ESO.

De
todos os xeitos queremos felicitar a tod@s
@s participantes porque saben valorar a riqueza Mediomabiental de
Ares, e esperamos que o vindeiro Certame teña, se cabe, máis
participación. Ánimo.

Invitarvos a consultar no blog do Equipo de Dinamización lingüística do Colexio: "Tesmoitalingua"

Distribuir contido