Profesional

GUÍA PROFESORADO . ESPAZO ABALAR

ENQUISA AVALIACIÓN SOBRE O PFPP DO NOSO CENTRO

 

No seguinte enlace podedes cubrir a enquisa para levar a cabo a avaliación do Plan de Formación do Profesorado 2015-2017, o traballo por proxectos e a valoración da IFeira Dende Ares cara ao mundo:

ENQUISA DE AVALIACIÓN DO PROFESORADO

 

 

2º PREMIO PLAN PROXECTA: METEOESCOLAS

ENTREGA DO II PREMIO METEOESCOLAS AO NOSO CENTRO ESCOLAR

O alumnado do noso centro recibiu, o pasado día 1 de outubro, o II Premio do Programa Meteoscolas, un programa educativo promovido pola Xunta de Galicia co obxectivo de mellorar o coñecemento do clima galego na escola.

Os alumnos e alumnas do centro, coa supervisión do profesorado, encargáronse de recoller a diario durante o pasado curso os datos meteorolóxicos relativos a precipitacións ou temperaturas para despois proceder á súa análise, coa axuda de Meteogalicia, e obter unha serie de datos estatísticos coa posterior creación dos seus climogramas correspondentes.
Ademais, o resultado das medicións foi publicado cada día na páxina web do Concello, que colaborou co colexio nesta iniciativa, así como en distintos edificios públicos,(centro de saúde, biblioteca, casa da xuventude..) para proporcionar aos veciños e veciñas a información diaria relativa ao clima.
No acto celebrado esa mañá no 
Casino Aresano que contou, entre outros, coa presenza do director de Meteogalicia, Vicente Pérez Muñuzuri, o asesor de innovación educativa da Xunta de Galicia Alberto Sacido, a directora do centro educativo, Blanca Cortizas, o alcalde Julio Iglesias e o concelleiro de educación, os 109 alumnos de educación infantil, 217 de Primaria e 70 alumnos da ESO que participaron no proxecto, recibiron o segundo premio que constata o recoñecemento ao esforzo polo traballo desempeñado durante os meses que durou o programa.

Dende aquí queremos dar os nosos parabéns ao profesor de física Jorge Gutiérrez por coordinar todo o proxecto no centro, así como a todos os profesores/as e alumnos/as que traballaron arreo durante todo o curso no proxecto meteoescolas.

Agradecemento a todos os que participaron neste proxecto e que van seguir formando parte do proxecto do noso centro no presente curso escolar.

Podedes ver máis información nos diferentes blogs do noso centro e no seguinte enlace:

PROXECTO SECCIÓNS BILINGÜES

A dirección do CPI  As Mirandas,  informa do proxecto de seccións bilingües que se están impartindo no presente curso académico:

  •      2 en Plástica en 5º EP (Castelá-Inglés)as que acode todo o alumnado co profesorado da materia (Fifí) e a coordinadora (Elisa, profesora de Lingua Inglesa).
  •      2 en Plástica en 6º EP (Castelá-Inglés)as que acode todo o alumnado co profesorado da materia (Fifí) e a coordinadora (Elisa, profesora de Lingua Inglesa).
  •     1 en Ciencias Naturais en 1º ESO (Galego-Inglés) as que acode alumnado co profesorado da materia (Chus Mourazos) e a coordinadora (Pilar Molina, profesora de Lingua Inglesa) .
  •     1 en Bioloxía e Xeoloxía en 3º ESO  (Galego-Inglés) as que acode alumnado co profesorado da materia (Chus Mourazos) e a coordinadora (Vicen de la Cuadra, profesora de Lingua Inglesa).
  •     1 en Bioloxía e Xeoloxía en 4º ESO  (Galego-Inglés) as que acode alumnado co profesorado da materia (Chus Mourazos) e a coordinadora (Vicen de la Cuadra, profesora de Lingua Inglesa).

 

 

Distribuir contido