2º PREMIO PLAN PROXECTA: METEOESCOLAS

ENTREGA DO II PREMIO METEOESCOLAS AO NOSO CENTRO ESCOLAR

O alumnado do noso centro recibiu, o pasado día 1 de outubro, o II Premio do Programa Meteoscolas, un programa educativo promovido pola Xunta de Galicia co obxectivo de mellorar o coñecemento do clima galego na escola.

Os alumnos e alumnas do centro, coa supervisión do profesorado, encargáronse de recoller a diario durante o pasado curso os datos meteorolóxicos relativos a precipitacións ou temperaturas para despois proceder á súa análise, coa axuda de Meteogalicia, e obter unha serie de datos estatísticos coa posterior creación dos seus climogramas correspondentes.
Ademais, o resultado das medicións foi publicado cada día na páxina web do Concello, que colaborou co colexio nesta iniciativa, así como en distintos edificios públicos,(centro de saúde, biblioteca, casa da xuventude..) para proporcionar aos veciños e veciñas a información diaria relativa ao clima.
No acto celebrado esa mañá no 
Casino Aresano que contou, entre outros, coa presenza do director de Meteogalicia, Vicente Pérez Muñuzuri, o asesor de innovación educativa da Xunta de Galicia Alberto Sacido, a directora do centro educativo, Blanca Cortizas, o alcalde Julio Iglesias e o concelleiro de educación, os 109 alumnos de educación infantil, 217 de Primaria e 70 alumnos da ESO que participaron no proxecto, recibiron o segundo premio que constata o recoñecemento ao esforzo polo traballo desempeñado durante os meses que durou o programa.

Dende aquí queremos dar os nosos parabéns ao profesor de física Jorge Gutiérrez por coordinar todo o proxecto no centro, así como a todos os profesores/as e alumnos/as que traballaron arreo durante todo o curso no proxecto meteoescolas.

Agradecemento a todos os que participaron neste proxecto e que van seguir formando parte do proxecto do noso centro no presente curso escolar.

Podedes ver máis información nos diferentes blogs do noso centro e no seguinte enlace: