Escolares, Ed. Infantil, 1º Curso, 2º Curso, 3º Curso, 4º Curso, 5º Curso, 6º Curso, Idioma estranxeiro, Ed. Física, Ed. Musical

ACTIVIDADES DO NADAL: CARREIRA SOLIDARIA O 2O E FESTIVAL DE NADAL O 21 DE DECEMBRO

 
Un ano máis o noso centro organiza a VI Carreira Quilómetros de Solidariedade. Enmarcada dentro das actividades solidarias do noso colexio, é unha actividade con dobre finalidade: por unha banda, espertar nos nosos alumnos e alumnas un espírito crítico e solidario cara as inxustizas que afectan a millóns de nenos e nenas de todo o mundo e, por outra banda, recadar fondos en colaboración coa ONG “Save the Children” para axudar á infancia mais desfavorecida e facer que se respecten os seus dereitos.
Nesta actividade solidaria,  o alumnado aboará 1 € por inscribirse na carreira e recibirá un dorsal, un carné de corredor e un diploma acreditativo de participación. Pola súa banda, o que “voluntariamente” queira buscar patrocinadores entre os seus familiares ou achegados, poderá facelo recollendo as súas aportacións a través do carné de corredor. Este ano a recadación irá a parar a través de Save the Children aos programas de desenvolvemento e emerxencia que esta ONG  leva a termo para combater a desnutrición infantil nos países máis empobrecidos.
Un ano mais, a atleta aresán Paula Mayobre  estará connosco  e  apoiará esta causa coa súa presenza,  participando na xornada con todos os rapaces e rapazas do noso centro.
 
ORGANIZACIÓN
 
ESO: Saída as 10:15 horas. Ruta: Colexio, Igrexa, Porto deportivo, Paseo marítimo, Parque infantil Rosalía de Castro, volta ao colexio pola Avda de Mugardos.
 
Infantil e Primaria:  A carreira terá lugar no pavillón do colexio con invitación ás familias que entrarán ao recinto pola porta traseira do pavillón.
 
 Agradecemos a todo o alumnado a súa participación e  solidariedade e invitamos a todos os pais e nais a que veñan a apoiar aos nosos corredores solidarios.

 

Agradecemos a colaboración de Supermercados Claudio e GADIS, Floristería Real, Frutas Mari, Protección Civil e Policía local de Ares.
 

FESTIVAL DE NADAL

 

O mércores, día 21, imos celebrar o festival de Nadal no casino de Ares ao que están invitadas as familias do alumnado. Van ser dúas funcións: unha para infantil e outra para primaria.

 

  • Educación Infantil.

    • Empezará o festival ás 10:15h. Os pais entrarán unha vez o alumnado estea acomodado no seu sitio. Ó remate da función desaloxarase o recinto.

 

  • Educación Primaria.

    • Empezará o festival ás 11:15h. Como na anterior, os pais entrarán unha vez que o alumnado estea acomodado.

 

Xa no colexio, os Reis Magos entregarán aos alumnos unha golosina (coa colaboración da ANPA).

Avisos:

 

  • No caso de que chova a función de infantil farase na sala de usos múltiples do colexio.

  • Aqueles que publiquen en calqueira medio fotos o vídeos do festival serán os responsables do feito. Por parte do centro,un representante gravará as actuacións e, unha vez revisadas, colgaranse na paxina web do colexio.

  • A saída ese día será ás 13:30h, unha vez que se entreguen as notas.

  • Non haberá comedor.

En Secundaria haberá unha actividade musical realizada polo alumnado da ESO nos corredores do edificio administrativo.

 

A súa colaboración axudará a que todo se desenvolva dun xeito satisfactorio polo que lles damos as grazas anticipadamente.

Aproveitamos tamén para desexarlles Felices Festas!

 

 

 

GAÑADORES DO CONCURSO PROVINCIAL DA ONCE

Parabéns ao alumnado de 5º-B de Primaria e a súa profesora, Marina Sánchez Magariños, que recibiron o Premio Provincial do Concurso da ONCE co traballo realizado sobre unha empresa de economía social.

Este ano o lema do Concurso era "Persoas que pensan en persoas" e o alumnado de 5º de Primaria foi a  visitar unha empresa de  economía social dedicada á “lavandeiria industrial”. Unha empresa que aposta pola integración laboral das persoas con discapacidade a través da creación de emprego estable e de calidade e que impulsa o desenvolvemento de plans de formación dos traballadores/as para aumentar as súas capacidades e competencias. 

Logo realizaron o seguinte traballo:

 

 Deixamos o vídeo relativo á visita guiada da Empresa que fóron a visitar:

 Nos seguintes enlaces podedes visualizar os diferentes traballos enviados tamén ao Concurso polo alumnado da ESO nas sesións de atención educativa e Relixión:

PRIMEIRO PREMIO DO PROGRAMA: METEOESCOLAS

Acaban de informarnos de que o noso centro acadou o Primeiro Premio do Programa METEOESCOLAS.

Parabéns a todo o profesorado e alumnado  que grazas ao esforzo do seu coordinador Jorge Gutierrez unha vez máis veu recoñecido o  traballo realizado ao longo deste curso escolar 2013-2014.

Hai que recordar que o pasado curso escolar xa gañara co mesmo proxecto o 2º Premio.

Dende a Dirección agradecemos o Premio e seguimos animando a este bo equipo de persoal que dinamizan e contribúen á mellora do ensino público.

É un pracer traballar con eles.

 

 

 

2º PREMIO PLAN PROXECTA: METEOESCOLAS

ENTREGA DO II PREMIO METEOESCOLAS AO NOSO CENTRO ESCOLAR

O alumnado do noso centro recibiu, o pasado día 1 de outubro, o II Premio do Programa Meteoscolas, un programa educativo promovido pola Xunta de Galicia co obxectivo de mellorar o coñecemento do clima galego na escola.

Os alumnos e alumnas do centro, coa supervisión do profesorado, encargáronse de recoller a diario durante o pasado curso os datos meteorolóxicos relativos a precipitacións ou temperaturas para despois proceder á súa análise, coa axuda de Meteogalicia, e obter unha serie de datos estatísticos coa posterior creación dos seus climogramas correspondentes.
Ademais, o resultado das medicións foi publicado cada día na páxina web do Concello, que colaborou co colexio nesta iniciativa, así como en distintos edificios públicos,(centro de saúde, biblioteca, casa da xuventude..) para proporcionar aos veciños e veciñas a información diaria relativa ao clima.
No acto celebrado esa mañá no 
Casino Aresano que contou, entre outros, coa presenza do director de Meteogalicia, Vicente Pérez Muñuzuri, o asesor de innovación educativa da Xunta de Galicia Alberto Sacido, a directora do centro educativo, Blanca Cortizas, o alcalde Julio Iglesias e o concelleiro de educación, os 109 alumnos de educación infantil, 217 de Primaria e 70 alumnos da ESO que participaron no proxecto, recibiron o segundo premio que constata o recoñecemento ao esforzo polo traballo desempeñado durante os meses que durou o programa.

Dende aquí queremos dar os nosos parabéns ao profesor de física Jorge Gutiérrez por coordinar todo o proxecto no centro, así como a todos os profesores/as e alumnos/as que traballaron arreo durante todo o curso no proxecto meteoescolas.

Agradecemento a todos os que participaron neste proxecto e que van seguir formando parte do proxecto do noso centro no presente curso escolar.

Podedes ver máis información nos diferentes blogs do noso centro e no seguinte enlace:

IMAXINA CANTARES....

Coincidindo co Día de Rosalía e coa celebración do 150º aniversario da publicación de Cantares Gallegos o alumnado de infantil 5 anos presentouse ao concurso Imaxina Cantares!, organizado pola Secretaría Xeral de Política Lingüística. Este concurso ten como obxectivo que os máis novos poidan gozar da obra rosaliana a través de producións en soporte audiovisual. Con esta iniciativa, o significado dos versos de Cantares Gallegos reinterpretanse nas formas de expresión máis atractivas para os alumnos e alumnas de hoxe, sempre sen perder a esencia que os consagrou como universais. Así, os pequerrechos de infantil de 5 anos dirixidos polas súas profesoras, realizaron un mural sobre Rosalía e recitaron de forma explendida os seus poemas.
Aquí tedes o fermoso resultado de tan bo traballo. 
En hora boa aos pequerrechos e a súa profe. 

22 de marzo: "Día Mundial do Control da Calidade da Auga"

O Día 22 de marzo celébrase o "Día Mundial do Control da Calidade da Auga". O curso pasado 20 alumnos de 3º ESO participaron co profesor de física e química, Jorge Gutierrez Maroto.

A información da memoria de actividades realizadas no 2012 pódense visualizar no seguinte enlace:

 

http://www.dmcca.es/documentum/publicaciones/MEMORIA2012.pdf

O mapa de participantes no 2012 tamén pódese visualizar no seguinte enlace (picade na Coruña e aparece unha ventá do control da auga de Fontelide):

 

http://dmcca.es/mapa2012grande.html

 

 

O vindeiro 22 de marzo tamén vai participar ó alumnado de 4º de ESo co profesor de física e química.

 

Bo traballo.

VIDEOCONFERENCIA COA ANTÁRTIDA

O pasado día 18 de xaneiro tivo lugar no noso centro unha videoconferencia coa Antártida co alumnado de 6ª E.P. e 1º e 2º ESO. Esta videoconferencia é a segunda que ten lugar no noso centro (a primeira  o pasado curso ) cuxo obxectivo e dar a coñecer ao noso alumnado o Proxecto Actiquim sobre investigacións científicas dos ecosistemas mariños do continente antártico, exactamente na base española da Illa Decepción onde atópase un investigador de Ares, Francisco Javier Cristobo Rodríguez (Director do Centro Oceanográfico de Gijón) ao que queremos transmitirlle o noso agradecemento pola súa consideración e mostra de amabilidade así como a súa información do proxecto. Tamén queremos agradecer ao persoal do Exército de Terra da Base Antártica Española "Gabriel del Castillo"que colaborou de forma desinteresada para que esta videoconferencia tivera lugar.

O noso alumnado recibiu previamente esa información, preparada pola nosa profesora Yolanda Castro, o profesorado de ciencias naturais, titores de grupo e, prácticamente toda a hora, estiveron facendo preguntas aos científicos e así desde a  base só adicáronse a contestalas, por certo, moi ben e con moita empatía cara aos rapaces.

 

PODEDES VISUALIZAR TODA A VIDEOCONFERENCIA NA PÁXINA DE DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA:

http://tesmoitalingua.blogspot.com.es/

ACTIVIDADES FIN DE CURSO

O pasado día 22 de xuño celebramos Primaria e Secundaria o Fin de Curso 2011-2012, no que tivemos unha serie de actuacións do noso alumnado, e un recoñecementoespecial aos logros acadados tanto educativos como deportivos por parte deles no presente curso académico.


Non nos queda máis que desexarlles unhas felices vacacións e os parabéns de toda a comunidade educativa.


Nos seguintes enlaces podedes ver uns vídeos das actuacións dese día:

http://youtu.be/JxFHJeVfYMg  - Representación de ximnasia rítmica I
http://youtu.be/39XmX7DSk8g - Representación de ximnasia rítmica II

http://youtu.be/YSEt9NYaeww Representación de Ximansia Rítmica das nosas campionas galegas- 2º EP

http://youtu.be/ELv3Z3S94Dw Entrega de Diplomas

RESUMO DE ACTIVIDADES DO CURSO 2011-2012

Con motivo do fin de curso 2011-2012, imos facer unha revisión das actividades que se realizaron no noso centro das que non fixemos aínda reportaxe: 1.- Recollida de Tapóns : DIOGO Alumnado e profesorado do CPI de Ares participaron neste curso na campaña de reunir Tapóns, para que o neno, Diogo Farinhoto, poda ter unha prótese ortopédica. A mediados de xuño entregáronse os tapóns en Narón a José Rivas, que é o encargado.

2.- VISITA AO PARQUE DE EDUCACIÓN VIAL E MUSEO DO HUMOR (Barallobre e Fene)

Os alumnos do 3º ciclo fomos a Barallobre ao parque móvil.Pasámolo moi ben

Tamén fixemos una visita ao Museo do Humor en Fene.

Damos as gracias a ANPA e a Policia Local de Ares. Despois dunhas charlas de ed. Vial leváronnos as prácticas a Barallobre. Podedes ver que somos bos conductores. (Abril 2012).

 

3.- O NOSO XARDÍN

 


ACTIVIDADES DO DEPARTAMENTO DE MATEMÁTICAS DA ESO

PREMIO NO "XX RALLYE MATEMÁTICO SEN FRONTEIRAS"

Os gañadores da vixésima edición do “Rallye Matemático sen Fronteiras”, organizado por AGAPEMA (Asociación Galega de Profesores de Matemáticas), son 13 alumnos de 3° de ESO do Centro Público Integrado “Conde de Fenosa” de Ares.

Os 13 estudantes de 3° ESO-B do CPI Conde de Fenosa foron os gañadores do xa tradicional Rallye Matemático celebrado en Galicia e norte de Portugal. A proba realizouse o pasado 19 de marzo e consistía en resolver de forma grupal durante 1 hora seis problemas matemáticos.

O galardón o compartirán cun grupo de 4º ESO do CPI de Zas. Como recompensa, a organización concederalles unha dotación económica de 3.000 euros doados pola Consellería de Educación e Educa Barrié para sufragar os gastos da viaxe a Toulouse, en Francia, onde se celebrará,o próximo 1 de xuño, á gran final, na que competirán contra estudantes doutros países.

Con esta actividade Agapema pretende favorecer o traballo en equipo entre os estudantes de Secundaria, revalorizar a imaxinación e a creatividade destes xóvenes e facer vivir as matemáticas a través de situacións orixinais.

Os alumnos gañadores coa profesora: María Segura Torres

 

 

 

ACTIVIDADES DE MATEMÁTICAS

 Durante estos días o alumnado do CPI Conde de Fenosa participa en 2 competicións matemáticas:

  • O día 15 de Marzo, 46 alumnos realizaron as probas do XIX CONCURSO CANGURO MATEMÁTICO EUROPEO 2012 que consta de 30 preguntas tipo test realizadas individualmente.

  • O día 19 do mesmo mes, tres gruposde 2º ciclo de ESO participan no XX RALLYE MATEMÁTICO SEN FRONTEIRAS , que organiza a sociedade matemática AGAPEMA. No Rallye todo o equipo resolverá nunha hora 6 problemas.

     

    Os conscursos e competicións matemáticas teñen unha grande acollida entre o alumnado deste centro educativo, como poido comprobarse có éxito na I SEMANA PROBLEMÄTICA organizada polo Departamento de Matemáticas celebrada ba última semana de febreiro. Por iso a todo o alumnado dámoslle os nosos parabéns.

     

Distribuir contido