ACTIVIDADES DO NADAL: CARREIRA SOLIDARIA O 2O E FESTIVAL DE NADAL O 21 DE DECEMBRO

 
Un ano máis o noso centro organiza a VI Carreira Quilómetros de Solidariedade. Enmarcada dentro das actividades solidarias do noso colexio, é unha actividade con dobre finalidade: por unha banda, espertar nos nosos alumnos e alumnas un espírito crítico e solidario cara as inxustizas que afectan a millóns de nenos e nenas de todo o mundo e, por outra banda, recadar fondos en colaboración coa ONG “Save the Children” para axudar á infancia mais desfavorecida e facer que se respecten os seus dereitos.
Nesta actividade solidaria,  o alumnado aboará 1 € por inscribirse na carreira e recibirá un dorsal, un carné de corredor e un diploma acreditativo de participación. Pola súa banda, o que “voluntariamente” queira buscar patrocinadores entre os seus familiares ou achegados, poderá facelo recollendo as súas aportacións a través do carné de corredor. Este ano a recadación irá a parar a través de Save the Children aos programas de desenvolvemento e emerxencia que esta ONG  leva a termo para combater a desnutrición infantil nos países máis empobrecidos.
Un ano mais, a atleta aresán Paula Mayobre  estará connosco  e  apoiará esta causa coa súa presenza,  participando na xornada con todos os rapaces e rapazas do noso centro.
 
ORGANIZACIÓN
 
ESO: Saída as 10:15 horas. Ruta: Colexio, Igrexa, Porto deportivo, Paseo marítimo, Parque infantil Rosalía de Castro, volta ao colexio pola Avda de Mugardos.
 
Infantil e Primaria:  A carreira terá lugar no pavillón do colexio con invitación ás familias que entrarán ao recinto pola porta traseira do pavillón.
 
 Agradecemos a todo o alumnado a súa participación e  solidariedade e invitamos a todos os pais e nais a que veñan a apoiar aos nosos corredores solidarios.

 

Agradecemos a colaboración de Supermercados Claudio e GADIS, Floristería Real, Frutas Mari, Protección Civil e Policía local de Ares.
 

FESTIVAL DE NADAL

 

O mércores, día 21, imos celebrar o festival de Nadal no casino de Ares ao que están invitadas as familias do alumnado. Van ser dúas funcións: unha para infantil e outra para primaria.

 

  • Educación Infantil.

    • Empezará o festival ás 10:15h. Os pais entrarán unha vez o alumnado estea acomodado no seu sitio. Ó remate da función desaloxarase o recinto.

 

  • Educación Primaria.

    • Empezará o festival ás 11:15h. Como na anterior, os pais entrarán unha vez que o alumnado estea acomodado.

 

Xa no colexio, os Reis Magos entregarán aos alumnos unha golosina (coa colaboración da ANPA).

Avisos:

 

  • No caso de que chova a función de infantil farase na sala de usos múltiples do colexio.

  • Aqueles que publiquen en calqueira medio fotos o vídeos do festival serán os responsables do feito. Por parte do centro,un representante gravará as actuacións e, unha vez revisadas, colgaranse na paxina web do colexio.

  • A saída ese día será ás 13:30h, unha vez que se entreguen as notas.

  • Non haberá comedor.

En Secundaria haberá unha actividade musical realizada polo alumnado da ESO nos corredores do edificio administrativo.

 

A súa colaboración axudará a que todo se desenvolva dun xeito satisfactorio polo que lles damos as grazas anticipadamente.

Aproveitamos tamén para desexarlles Felices Festas!