Proxectos, Meteoescolas, Seccións Bilingües, PLAMBE, ABALAR

LÓVA. POR FÍN CHEGA O DÍA!!!

Achégase o gran día, a punto de conseguir o gran reto:


REPRESENTAR UNHA ÓPERA ORIXINAL CREADA POR TODOS ELES!

 

Durante este ano,formaron as súas compañías e se convirtiron en distintos profesionais das artes escénicas: maquillador@s e encargad@s de vestiario, escenógraf@s e iluminador@s, relacións públicas e documentalistas, intérpretes, compositor@s e dirección de producción e posta en escena ademáis colaborarán coa iniciativa solidaria de #UnaCuraparaAdri. Non o perdas!

 

 

Podedes ver outras publicacións como nas notas de prensa da Xunta de Galicia:

Alumnos de San Sadurniño, As Mirandas e a Escola Oficial de Idiomas da Coruña estrean óperas compostas por eles mesmos

Outros dez adultos de Idiomas tamén ensaian a súa estrea lírica en francés

A Coruña, 1 de xuño de 2017
  • facebook
  • twitter
  • twitter

O venres, 2 de xuño, alumnos e alumnas dos CPI de San Sadurniño e As Mirandas de Ares estrean dúas óperas compostas e producidas por eles mesmos neste curso 2016-17. As óperas son resultado da implantación do proxecto LÓVA (La Ópera, Vehículo de Aprendizaje). LÓVA é un proxecto educativo interdisciplinar e innovador que foi elixido pola Unión Europea como proxecto educativo español de referencia para desenvolver a conciencia e a expresión cultural.

Son 21 nenos e nenas de 5º de primaria os que formaron a compañía de ópera Bombiglobo do CPI San Sadurniño, que estrea a peza de teatro musical De camiño á realidade na Casa da Cultura de San Sadurniño con pases este venres ás 10:30 h. e ás 12:30 h. Os nenos e nenas de entre 10 e 11 anos son os únicos responsables do espectáculo. Será un ensaio xeral para a gran actuación no Teatro Jofre o 20 de xuño, ás 19 h.

O CPI San Sadurniño xa ten experiencia nestas representacións musicais, moi significativa e gratificante. Levan catro anos facéndoas con gran aceptación da rapazada e éxito de público. Tamén os pais e nais están encantados coa marcha do proxecto polos bos resultados que se notan tanto no ámbito escolar como na vida cotiá. Os seus pequenos aprenden e desenvolven habilidades sociais na xestión de conflitos, o liderado ou o aumento do grado de responsabilidade. Baixo a coordinación do titor de primaria, Juan Manuel Fernández, e a profesora de música, Ana Isabel Vázquez, os alumnos e alumnas organizáronse en equipos profesionais que fan de todo: escribir o libreto, dirixir a produción, compoñer e interpretar a música, confeccionar o vestiario, realizar a campaña de prensa, fabricar a utilería, crear a iluminación, deseñar a escenografía e así, ata completar todas as tarefas propias dunha compañía de ópera profesional.

Froito da gran calidade do traballo realizado, San Sadurniño quedou clasificado recentemente entre os 8 finalistas do VII Concurso de Buenas Prácticas Educativas pola Asociación Mejora tu Escuela Pública, dentro da modalidade A - Centros de Infantil, Primaria e Educación Especial. A este concurso presentáronse 240 centros públicos de toda España coas experiencias educativas levadas a cabo durante o curso 2015-16.

Tamén o CPI As Mirandas asumiu o reto de abrir a aula ás emocións, á imaxinación e ao esforzo compartido. A mestra Lara Mª Valcuende, que impulsou en 2011 o nacemento da primeira compañía de ópera infantil en Galicia, no CEIP Augusto Assía da Mezquita en Ourense, implantou LÓVA neste curso neste colexio de Ares. Alumnado de 2º de primaria e 4º da ESO creou a súa compañía de ópera: Vidriera e Luz Única. Estas compañías produciron a peza de teatro musical Un cambio inesperado, que estrean o día 2 de xuño ás 18:30 h. no casino de Franza en Mugardos. Os días 8 e 9 de xuño haberá outros pases no casino de Ares ás 11 h. Os asistentes ás actuacións poderán axudar voluntariamente á iniciativa solidaria Una cura para Adri.

Pero non só os pequenos gozan coa música, tamén 10 adultos de entre 30 e 60 anos, alumnos e alumnas da Escola Oficial de Idiomas da Coruña están emocionados e moi implicados na preparación dunha ópera en francés, guiados pola coordinadora do Departamento de Francés, Beatriz Arboleya. Empezaron o proxecto o pasado 17 de xaneiro formando a compañía Les mardiZensemble e agardan representar a súa primeira ópera no último trimestre deste ano. As dinámicas de relacións sociais e de aprendizaxe xeradas durante o proceso de montaxe da peza de ópera foron de tal alcance que a escola decidiu presentar á Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. unha programación para incluír o proxecto nun curso de idioma avanzado non certificativo a partir do vindeiro curso.

O 11 de xuño, os colexios e a Escola Oficial de Idiomas participarán na Gala de la Educación que se celebrará en el Teatro Real de Madrid, con motivo de la conmemoración do décimo aniversario do proxecto LÓVA en España. Será un encontro especial que lles permitirá amosar o esforzo realizado nestes anos e compartir experiencias educativas de aprendizaxe para a vida.
 

 

RECOÑECEMENTO AO PROXECTO DE CENTRO DO PLAN PROXECTA METEOESCOLAS: "A TEMPO" CURSO 2015-2016

 A Dirección presenta á Comunidade Educativa do CPI o Diploma pola participación do PLan Proxecta, RECOÑECEMENTO DO PROXECTO DE EXCELENCIA no curso 2015-2016.

Agradecemos ao noso compañeiro Jorge Gutierrez (ao que añoramos porque xa non está no centro) a dinamización deste proxecto que forma  parte xa das nosas rutinas e dunha forma nova de entender o tempo traballando dende os diferentes ámbitos educativos. Agradecemos a todo o profesorado, alumnado o seu traballo. Parabéns!


PROXECTO ABALAR

O CPI CONDE DE FENOSA formou parte do PROXECTO ABALAR dende os seus comezos no curso 2010-2011. Ten actualmente 8 clases ABALAR dende 5º de primaria ata 2º ESO.

Para mais información podedes consultar as publicacións sobre este proxecto na páxina da Consellería ou picando aquí.

Actualmente o Proxecto EDU DIXITAL do CPI As Mirandas é EDIXGAL, libro dixital do alumnado dende 5º de EP ata 2º ESO. 

 

 

PREDICIÓN METEREOLÓXICA PARA A FIN DE SEMANA

Comezamos unha nova etapa do Plan Proxecta Meteoescolas, e comezamos tamén coa nova edición das Predicicións metereolóxicas da fin de semana:

  • O tempo na fin de semana do 17_19 de novembro. Versións

 

 

 

O tempo na fin de semana do 10-12 de novembro:

 

 

 

 

 

 

  

 

 

 

 

 

 

Deixamos a etapa 2016 do noso proxecto Meteoescolas, na que cada venres do 2016 manteremos a predición meterolóxica da fin de semana como podedes observar no enlace "PREDICCIÓN METEROLÓXICA" da páxina principal na parte lateral dereita en TEMPO EN ARES E picando na lista de reprodución do vídeo seguinte:

 

PROXECTO SECCIÓNS BILINGÜES

O CPI Conde de Fenosa pretende levar a cabo no vindeiro curso académico 2 novas  seccións bilingües, ofertando:

  • 2 en 5º de EP, 2 en 6ª EP (na materia de Plástica) ,
  • 1 en 1º ESO, e 1 en  2º ESO (na materia de Ciencias Naturais).
  • 1 en 3º ESO en Fca. e Qca.
  • 1 en 3º ESO en Bioloxía e Xeoloxía.
  • 1 en 4º ESO en Fca. e Qca.
  • 1 en 4º ESO en Bioloxía e Xeoloxía.

Podedes consultar a información no arquivo adxunto

Este proxecto levarase a cabo sempre e cando teña un mínimo de 12 alumnos que acepten.

A participación na sección bilingüe foi aprobado o proxecto do centro no Consello escolar do día 13 de Maio. Para máis información podedes consultar na dirección e xefaturas do centro e nos seguintes documentos:

 

 

Distribuir contido