Lingua Galega

VI EDICIÓN DO PARLAMENTO XOVE

VI Edición do Parlamento Xove.

    O proxecto Parlamento Xove confórmano un conxunto de encontros dialécticos que teñen por obxecto fomentar entre os xoves o diálogo como ferramenta para argumentar razoadamente as ideas propias. Potenciaranse habilidades individuais e en grupo entre as que destacan o desenvolvemento da capacidade de selección de información, a expresión escrita, a expresión oral, a orixinalidade, a argumentación razoada, o traballo en equipo ou a convivencia. Así mesmo, fomenta a lectura, a escritura, o emprego das novas tecnoloxías con fins informativos e culturais e o respecto polas ideas dos demais.

   Trátase dunha competición na que os diversos equipos inscritos investigarán, escribirán e debaterán acerca dun tema. A actividade desenvolverase nunha fase inicial de investigación e argumentación de ideas na rede e unha fase final de debate dialéctico.

   O día 7 de marzo tivo lugar nas salas da Deputación da Coruña a fase clasificatoria ao que acudiron, como veñen facendo dende hai 2 cursos, un grupo de alumnas de 3º e 4º ESO preparadas e acompañadas polo profesor de L. Galega, Xoan Barrio. Na presente edición as alumnas, Alba Brage Varela, Noelia Calvo Tizón, Raquel Pérez Rivera de 4º ESO e Raquel Santamariña Taboada de 3º ESO, realizaron 3 debates durante o longo do día dos que gañaron 2, realizando unha defensa excepcional da súa posición ben a favor ou en contra (por sorteo) do tema : "A maioría de idade aos 16 anos?", manexando unha argumentación e unhas habilidades de expresión oral e escrita formidables.

Parabéns a todo o equipo polo traballo ben feito e destacar que a nosa alumna, Alba Brage, foi unha das 4 mellores debatistas desta Edición.

 

DEBATE DO PARLAMENTO XOVE

Hoxe, 7 de febreiro ten lugar o inicio da 5ª Edición dos DEBATES DO PARLAMENTO XOVE .

O CPI Conde de Fenosa de Ares volve participar nesta competición que organiza a Secretaria Xeral de Xuventude. Do mesmo xeito ca o ano anterior, un grupo de catro alumnos do segundo ciclo da ESO, Clara Morado, Alba Brage, Noelia Calvo e Carlos Bello, acode  ao Pazo de Mariñán en Bergondo (A Coruña), onde se leva a cabo o torneo dialéctico. Nesta convocatoria o tema de discusión xira sobre a perda de valores da xuventude, concretamente se se considera que sofren as novas xeracións un retroceso sexista e na tolerancia ás diferenzas persoais. 

Durante a xornada do sábado levaranse a cabo as confrontacións, que permitirán seleccionar os dous equipos que disputarán un debate final no Parlamento de Galicia. O número total de grupos inscritos na presente edición a nivel de Galicia é de dezaseis.  

Dende a Dirección agradecemos a colaboración do profesor, Xoan Barrio  e o traballo do alumnado nomeado anteriormente, desexándolles que queden seleccionados para a final e que disfruten como merecen da experiencia. 

Para máis información:

http://www.parlamentoxove.com/

DEBATE DO PARLAMENTO XOVE- EDICIÓN 2013

 

Hoxe 15 de febreiro, dan inicio, no Pazo de Mariñán en Bergondo, os debates do Parlamento Xove 2013 que continuarán ata mañá, 16 de febreiro, logo dunha extensa etapa de formación iniciada o pasado outubro.

Trátase dunha competición de debate organizada pola Dirección Xeral da Xuventude e do Voluntariado, na que os equipos representantes de centros educativos de toda Galicia empregan a oratoria para defender un determinado posicionamento acerca dun tema proposto pola organización.

Este ano, a temática elixida é “o consumo responsable” na xuventude e os debates preliminares xirarán en torno á seguinte pregunta: “ESTÁ A SERVIR A CRISE ECONÓMICA GLOBAL PARA QUE A XUVENTUDE TOME CONCIENCIA DUN CONSUMO RESPONSABLE?”.

A dificultade da actividade está en que tan só cinco minutos antes de cada encontro dialéctico se dá a coñecer se lles corresponde responder “a favor” ou “en contra” á cuestión formulada pola organización.

Tódolos equipos (formados por un máximo de catro alumnos e un profesor) investigaron durante os pasados meses e agora contrapoñen as súas ideas e datos; dende un punto de vista educativo, traballan tódalas competencias lingüisticas (comprensión e expresión escrita e oral) ao incluirse un premio especial de artigos e outro de dossieres de investigación.

Noso centro estará representado por un grupo de 4 alumnos: Roberto Rivas Couce, Marina García Canedo e Laura Ordóñez López de 4º ESO con Clara Morado Morgado de 3º ESO coordinados polo profesor Xoan Barrio Saa de L. Galega.

Desexámoslles un grande éxito e nosos parabéns polo traballo xa realizado. Adxuntamos fotografía de 3 dos 5 participantes.

 

Distribuir contido