DEBATE DO PARLAMENTO XOVE

Hoxe, 7 de febreiro ten lugar o inicio da 5ª Edición dos DEBATES DO PARLAMENTO XOVE .

O CPI Conde de Fenosa de Ares volve participar nesta competición que organiza a Secretaria Xeral de Xuventude. Do mesmo xeito ca o ano anterior, un grupo de catro alumnos do segundo ciclo da ESO, Clara Morado, Alba Brage, Noelia Calvo e Carlos Bello, acode  ao Pazo de Mariñán en Bergondo (A Coruña), onde se leva a cabo o torneo dialéctico. Nesta convocatoria o tema de discusión xira sobre a perda de valores da xuventude, concretamente se se considera que sofren as novas xeracións un retroceso sexista e na tolerancia ás diferenzas persoais. 

Durante a xornada do sábado levaranse a cabo as confrontacións, que permitirán seleccionar os dous equipos que disputarán un debate final no Parlamento de Galicia. O número total de grupos inscritos na presente edición a nivel de Galicia é de dezaseis.  

Dende a Dirección agradecemos a colaboración do profesor, Xoan Barrio  e o traballo do alumnado nomeado anteriormente, desexándolles que queden seleccionados para a final e que disfruten como merecen da experiencia. 

Para máis información:

http://www.parlamentoxove.com/