Dirección

LIBROS DE TEXTO CURSO 2023-2024

 

A listaxe de libros de texto para o curso 2023-2024 é a seguinte:

NOTA: 5º e 6º de Primaria e 1º e 2º de ESO son cursos EDIXGAL (libros dixitais- Cesión de ordenador)

ENQUISA DA DIAGNOSE DA CONVIVENCIA ESCOLAR 2023

No marco da actual Estratexia Galega de Convivencia Escolar 2025 a Consellería pon en marcha a Enquisa de Convivencia Escolar 2023cuxo prazo de participación será do 2 ao 22 de maio (ambos os dous incluídos). 

Esta enquisa é de carácter anónimo e nela participarán todos os centros públicos e privados concertados dependentes da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades.

Así mesmo, recórdase que nesta enquisa participan todos os colectivos que conforman a comunidade educativa -alumnado(5º e 6º de primaria e de 1º a 4º de ESO), profesorado, persoal non docente e familias- . A partir de hoxe faremos chegar a cada persoa a comunicación que contén unha chave de acceso ao cuestionario do seu colectivo.

Pregamos aos membros da comunidade que cubran esas enquisas dos seguintes enlaces en función do colectivo do que formen parte:

 

GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN!

SPRING WEEK

O CPI As Mirandas, a través da proposta da profesora de L. Inglesa, apostou por solicitar o Programa Spring

Week ofertado pola  Consellería de Cultura e Educación que consiste consiste nun curso de inmersión

lingüística en lingua inglesa durante o cal o alumnado practicará e mellorará o seu dominio do idioma

dende un enfoque comunicativo, especialmente oral.

O Programa é de 6 días de duración, entrada o domingo (30 de abril) pola tarde ás 16:30h e saída o

sábado (6 de maio) pola mañá ás 11:00h para o alumnado de 3º ESO B.

O inglés será a única lingua vehicular que se empregará co alumnado, do mesmo xeito, todas as sinalizacións,

así como a información sobre os menús diarios ou calquera outra información relativa ao funcionamento do

programa, farase en inglés.

A diario realizarán distintos tipos de actividades:

Actividades de preparación: recollida preliminar de información e datos sobre o tema do día.

Actividades prácticas sobre o tema do día a través de obradoiros que poderán realizarse ao longo da estadía

Actividades de posta en común.

Período de xogos, deporte, etc, en grupo, en lingua inglesa.

Elaboración dun produto final colectivo. O programa finaliza cunha produción oral colectiva en lingua inglesa

do grupo asistente. Esta produción pode servir para expoñela a outros cursos do colexio ao seu regreso.

Non se impartirán clases formais de gramática inglesa, se ben algunha ou algunhas actividades que se

programen diariamente servirán de soporte para traballar nas aulas vocabulario e outras estruturas necesarias

para a expresión oral.

 

Durante toda a estadía e con posterioridade á cea, organizaranse actividades de velada dinámicas e en

lingua inglesa, nas que participará todo o grupo.

Este programa é totalmente gratuíto para o alumnado.

O horario de comunicación do alumnado coas familias, será das 20:00 a 21:00 h.

Máis información nos dous arquivos anexos, e no seguinte enlace:

ADMISIÓN CURSO 2023-2024

 INFORMACIÓN DO CENTRO:

XORNADAS DE PORTAS ABERTAS : LUNS 27 DE FEBREIRO ÁS 16:30H

 

 

SOLICITUDES DE ADMISIÓN

E. INFANTIL – PRIMARIA – SECUNDARIA

 (SÓ PARA O ALUMNADO DE NOVA INCORPORACIÓN AO CENTRO)

 

PRAZO: DO 1 AO 2O DE MARZO DE 2023.

 LUGAR:

  • POR INTERNET NA APLICACIÓN“admisionalumnado”

https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado

  • NAS OFICINAS DO CENTRO (De 9:30 a 13:30)

  • A TRAVÉS DA SEDE ELECTRÓNICA DA XUNTA DE GALICIA:

      Portada - Sede Electrónica - Xunta de Galicia

DOCUMENTACIÓN:

 

IMPRESO DE SOLICITUDE, que se pode obter en calquera deste sitios:

 

ENTROIDO 2023

 

 

 

 

 

Estamos no ENTROIDO, como ven sendo habitual festexámolo no centro educativo  na semana do 14 ao 17 de febreiro:

 

  • Os MANDADOS do ENTROIDO:
    • MARTES 14 :    Bailar, bailarás e a túa cabeza adornar
    • MÉRCORES 15: Se queres arrasar bailando, algo traerás colgtando
    • XOVES 16: E se un baile queres botas, algo na cara terás que pintar. ás

 

  • DESFILE, venres 17 de febreiro 

      Retomamos o desfile, tras o parón polo COVID, haberá  pasarrúas pola Vila, co seguinte itinerario:

    • SAÍDA  ás 10:30h. do CPI.
    • Avenida de Mugardos
    • Rúa Real
    • Praza da Igrexa (2 voltas)
    • Rúa Saavedra Meneses
    • O alumnado de infantil, voltará ao CPI e o alumnado de primaria e Secundaria continuará polo Paseo ata o Parque Rosalía.
    • Ás 12:15h. o alumnado estará de volat no centro para seguir coa celebración.
  • A saída será  en horarionormal e haberá comedor.

 

 

 

RESERVA DE PRAZA ALUMNADO EN CENTROS DOCENTES DO ENSINO PÚBLICO ADSCRITOS

Fase de reserva de prazas en centros de adscrición

De conformidade coa disposición adicional primeira da Orde do 12 de marzo de 2013 que regula o procedemento de admisión

de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos, o 15 de xaneiro de 2022 inícianse os trámites do

procedemento (código ED550A), coa reserva de praza nun centro de adscrición para alumnado que cambia de etapa.

  • O prazo de solicitudes abranguerá do 16 de xaneiro ao 6 de febreiro de 2023, ambos incluídos.

 

O alumnado que actualmente cursa 4º da ESO deberá  presentar a solicitude de reserva de praza

no IES de Mugardos (é o centro adscrito ao colexio) no prazo anteriormente citado.

Poden presentar as solicitudes de xeito manual (adxúntase o modelo en pdf) coa documentación requirida, ou ben, a través da

aplicación (admisionalumnado) no menú:  Solicitudes>Reserva>Crear

 

Esta solicitude deberá presentarse no centro educativo de orixe ou en calquera dos lugares que establece a Lei 39/2015,

do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo, ou en Sede Electrónica, para o que se precisará de Chave365

ou certificado dixital, sendo esta a canle preferible de presentación.

A consulta das listaxes de alumnado admitido, que se publicarán a partir do día 22 de febreiro,

debe realizarse no centro no que está matriculado no presente curso ou na aplicación admisionalumnado.

 Maís instrucións neste enlace dos arquivos adxuntos

Anexo Solicitude G (galego)

Anexo Solicitude C (castelá)

CALENDARIO De EXAMES E ENTREGA DE NOTAS DA ESO

A ENTREGA DE NOTAS SERÁ O LUNS 27 DE XUÑO ÁS 11:00H

 

 

 

Admisión curso 2022-2023

PROCESO DE ADMISIÓN (SÓ PARA O ALUMNADO DE NOVA INCORPORACIÓN AO CENTRO)  - CURSO 2022 –2023

 Este proceso estará regulado pola Orde do 12 de marzo de 2013 (DOG. 15/03/13), polo Decreto 254/2012 do 13 de decembro (DOG. 26/12/2012) reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, e a Orde do 12 de marzo de 2013 de desenvolvemento deste, modificada parcialmente pola Orde do 25 de xaneiro de 2017. A Lei orgánica 3/2020, do 29 de decembro, pola que se modifica a Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, introduce nesta varios cambios, entre outros, os que afectan os criterios de admisión e a súa ponderación e polo DECRETO 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (DOG nº 29 do 11 de febreiro de 2022, páx 10558)

  • Os postos escolares ofertados polo centro para o curso 2022-23 son os que se sinalan no Anexo I.
  • O prazo de presentación de solicitudes será o comprendido entre o 1 e o 21 de marzo de 2022, ambos os dous incluídos.
  • No caso de proxenitores separados, divorciados ou non unidos por ningún vínculo legal, a solicitude ten que estar obrigatoriamente asinada polos dous titulares.
  • Cada alumno/a só pode presentar unha única solicitude no centro elixido en primeiro lugar. En caso contrario perderá os dereitos de prioridade.
  • Se un alumno/a cambia de centro deberá comunicar a renuncia á reserva de praza no centro de orixe antes de matricularse no novo.
  • Se houbese máis solicitudes que prazas nalgún nivel educativo, solicitarase a documentación complementaria para o baremo entre o 25 de marzo e o 15 de abril.
  • Posteriormente publicaranse, segundo o calendario que aprobe a Consllería, as listas provisionais e as  listas definitivas de admitidos/as.
  • O alumnado poderán usar os servizos de transporte e comedor segundo a lexislación vixente, marcándoo no impreso de admisión e presentando logo a correspondente solicitude específica cando formalicen a matrícula.

PRAZO: Do 1 ao 21 de Marzo de 2022

LUGAR: 

DOCUMENTACIÓN:

Publicación no Portal da Consellería e na aplicación admisión de alumnado os Anexos:

Outra documentación a entregar:

  • FOTOCOPIAS DO LIBRO DE FAMILIA
  • FOTOCOPIAS DO DNI DE TODOS OS MEMBROS DA UNIDADE FAMILIAR
  • SENTENZA DE SEPARACIÓN OU DIVORCIO (se é o caso)
  • XUSTIFICACIÓN DAS NECESIDADES DE ATENCIÓN EDUCATIVA ESPECÍFICAS (se é o caso)
  • CERTIFICACO DE MATRÍCULA DO CENTRO ANTERIOR (se é por traslado)

 

 

Inicio do procedemento de admisión para o curso 2022/2023

Fase de reserva de prazas en centros de adscrición

De conformidade coa disposición adicional primeira da Orde do 12 de marzo de 2013 que regula o procedemento de admisión

de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos, o 11 de xaneiro de 2022 inícianse os trámites do

procedemento (código ED550A), coa reserva de praza nun centro de adscrición para alumnado que cambia de etapa.

  • O prazo de solicitudes abranguerá do 11 de xaneiro ao 8 de febreiro de 2022, ambos incluídos.

 

O alumnado que actualmente cursa 4º da ESO deberá  presentar a solicitude de reserva de praza

no IES de Mugardos (é o centro adscrito ao colexio) no prazo anteriormente citado.

Poden presentar as solicitudes de xeito manual (adxúntase o modelo en pdf), ou ben, a través da aplicación

(admisionalumnado) no menú:

Solicitudes>Reserva>Crear

 

Esta solicitude deberá presentarse no centro educativo de orixe ou en calquera dos lugares que establece a Lei 39/2015,

do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo, ou en Sede Electrónica, para o que se precisará de Chave365

ou certificado dixital, sendo esta a canle preferible de presentación.

A consulta das listaxes de alumnado admitido, que se publicarán antes do día 28 de febreiro,

debe realizarse no centro no que está matriculado no presente curso ou na aplicación admisionalumnado.

XUNTA ELECTORAL -APROBACIÓN DO CALENDARIO- CONSELLO ESCOLAR

O día 23 de novembro reuniuse a xunta electoral para revisar e aprobar as actas das mesas electorais

dos distintos sectores que conforman a Comunidade educativa (celebradas as eleccións o día 22 de novembro)

e aprobando así os membros que formarán parte do novo Consello Escolar por renovación parcial dos seus compoñentes:

PARA AS ELECCIÓNS AO CE)

 

 

Agradecemos enormemente a ampla participación do alumnado, profesorado e persoal non docente nun día festivo de

eleccións tal como se pode ver nas seguintes fotografías :

 1  2  3
 4  5  6

 

A pesares de non ter fotografías, Agradecemos a presenza das familias na mesa de votación,

estiveron dende as 16:30 ata as 18:30h colaborando no proceso democrático de elección aos

membros do seu colectivo para o CE.

GRAZAS A TODOS OS QUE PARTICIPASTES!

 

_________________________________________________________________________

O día 16 de novembro, nunha segunda reunión da xunta electoral, aprobáronse as

Candidaturas dos distintos sectores da Comunidade Educativa do CPI As Mirandas

á renovación do Consello Escolar:

 

 

O luns, 22 de novembro, levaranse a cabo as votacións nas quendas establecidas

e expostas no Calendario Electoral:

 

  • De 11:05- 11:20h, - Votación do alumnado
  • De 13:30h- 13:45h.- Votación do PND
  • De 16:30 a 18:39h.- Votación das familias
  • A votación do profesorado será nun Claustro Extraordinario

 

 

 

 

 

 

O día, 2 de novembro,  quedou constituída ás 13´30h a xunta electoral que vai regular

todo o proceso de eleccións para a renovación parcial do Consello Escolar. 

Nesta sesión de constitución aprobáronse tamén os listados dos diferentes sectores

da comunidade educativa que están publicados no edificio administrativo do centro

e o Calendario electoral:

 

CALENDARIO  APROBADO POLA XUNTA ELECTORAL NA 1ª REUNIÓN

ACONTECEMENTO

DATA e HORA

LUGAR

PRESENTACIÓN DE CANDIDATURAS

Do 4 ao 11 de novembro ata ás 14´00h, ambos os dous inclusives

Oficinas administrativas

ADMISIÓN DE CANDIDATURAS POLA XUNTA ELECTORAL E SORTEO DE MESAS ELECTORAIS

16 de novembro ás 13´00 h.

 

Dirección do centro

VOTACIÓN ALUMNADO

22 de novembro no primeiro recreo (11´10-11´20h)

Na entrada do edificio administrativo

VOTACIÓN PROFESORADO

22 de novembro

Claustro extraordinario

VOTACIÓN DO PAS

22 de novembro de 13'30 a 14'00h

 

VOTACIÓN DAS FAMILIAS

22 de novembro de 16´30 ás 18´30h.

Na entrada do edificio administrativo

PROCLAMACIÓN DE MEMBROS ELECTOS POLA XUNTA ELECTORAL

O 23 de novembro ás 13´00h.

 

Na dirección do centro

Ante as publicacións pódense realizar reclamacións ao censo e ao procedemento na Secretaría do centro durante un período de 3 días lectivos.

A Xunta electoral

Distribuir contido