Dirección

O noso alumno de 2° ESO, IKER BECEIRO, gañador do Concurso Relatos de verán 2017 de La Voz de Galicia

A Comunidade Educativa do CPI As Mirandas felicita ao noso alumno, Iker Beceiro alumno de 2° de ESO,

polo resultado acadado este verán como gañador no Concurso de relatos de verán 2017 organizado pola Voz de Galicia no apartado de concursantes menores de 16 anos. PARABÉNS!!!

 Os relatos vencedores se publicaron orixinariamente  nas Páxinas Literarias de La Voz o pasado mes de agosto. A continuación  podedes lelo.

Un relato de verano

Iker Beceiro Torres. 12 años. Redes (Ares). Estudiante

IKER BECEIRO TORRES

Yo iba en el coche, con el MP3, escuchando música camino de Galicia. Este verano vamos a ir a una casa en la playa... Lo cual me gusta, pero no estaré con las personas que yo quiero estar: mis amigos y amigas del colegio... Los voy a echar mucho de menos, y no tendré a nadie que me apoye, porque nadie se entera de nada...

Tengo el móvil, pero no lo quiero usar para mandar mensajes... El móvil es una segunda alternativa para hablar, cuando la gente escribe en el móvil, la sensación, los sentimientos y la forma de hablar son diferentes, el móvil no es ellos, no huele como ellos ¡y no puedes visualizar a la persona en la vida real por cómo escribe con el móvil!

Llegamos, empecé a desempaquetar todo lo que traía envuelto y lo coloqué en mi nuevo cuarto.

-¿Estaré triste? -me preguntaba.

No estaré triste, estaré sola. No me tengo que concentrar en ser feliz, sino en estar con amigos, nuevos amigos, pero tardaré en encontrar gente de mi edad, y los de costa no me van mucho, la verdad.

Esa idea se me hacía dura, fui a la playa para verla de cerca. La arena húmeda era incómoda, pero no me importaba, mientras el viento suave me acariciaba el pelo, miraba el horizonte y pensaba en mis recuerdos del colegio, mis amigos, mis profesores favoritos... La idea de estar sin ellos me hacía sentir triste.

Entonces, en la otra casa de alquiler, al lado de la nuestra, vi a un chico. Parecía de mi edad, no lo veía bien desde lejos, pero sabía que acababa de llegar para pasar el verano.

Me acerqué y le reconocí, iba a mi colegio en Madrid, iba en la otra clase pero no me llevaba mucho con él, pero algo es algo. Me vio, se dirigió a mí y hablamos, a él le pasaba lo mismo, así que paseamos juntos por un pueblo costero cerca de A Coruña, una ciudad que visitaremos en un futuro no muy lejano.

El niño era majísimo, tenía la sensación de que al llegar al colegio seríamos buenos amigos, fuimos a tomar un helado y charlamos sobre nuestras vidas. No había nada como aquello, me sentía muy a gusto y se notaba que él también, era maravilloso...

Entonces hicimos un trato: aunque este sitio no nos guste, permaneceremos juntos para siempre, apoyándonos por muy mal que estemos.

 

Máis información no seguinte enlace:

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/cultura/2017/10/11/jose-luis-f-sarceda-iker-beceiro-ganadores-relatos-veran-2017/0003_201710G11P39991.htm

 

 

UNHA VISITA MOI ESPECIAL: A NOSA CAMPIONA CARLA VILASÁNCHEZ FERNÁNDEZ!

O pasado venres, 6 de outubro, tivemos a ledicia de recibir unha visita moi especial:  á nosa exalumna campiona, Carla Vilasánchez Fernández.

Carla dende os 6 anos comezó a entrenar en ximnasia rítmica en Ferrol con xornadas cada vez máis longas, pero sen abandonar os seus estudos e participar en cantas actividades se propoñían no seu centro educativo (CPI As Mirandas).

O pasado día 2 de xullo, Carla foi proclamada CAMPIONA recibindo 3 ouros no Campionato de España Infantil de ximnasia rítmica nas diferentes categorías: individual (fita e  mazas) e por equipos.

 

 

Vídeo entrega de medalla 

 O noso alumnado quedou abraiado cando Carla comentoulles cómo era a súa vida diaria en León onde está convivindo cunha nova familia:

  • Asiste a un novo centro educativo dende as 8:30h ata as 14:30h.
  • Das 17:00h ata as 21:00h entrena diariamente e ás veces sábados.

E os rapaces lle comentaron e cando estudas?

  • De 15:00 ás 17:00h

Incrible dedicación e esforzo para una nena de 12 anos pero ela, como ben se lle ve, disfruta cada día e fíxonos pasar un momento especial que o alumnado, os seus amigos e compañeiros así como as súas titoras, Pilar e Marina, non esquecerán!

 Con un cariño moi especial o alumnado entrogoulle un ramo de flores e agradeceron enormemente a súa visita así como toda a Comunidade Educativa que lle desexan un gran futuro e que nos siga agasallando con ese sorriso! 

 

 
   
   

 

 

 Máis información no seguinte enlace:

 

 

Cánto botamos de menos o seu sorriso!!!

Carla é un verdadeiro exemplo para todos en canto o esforzo persoal e grande capacidade de traballo. Carla aquí sempre terás cariño, amizade, o CPI As Mirandas estará aberto para tí e a túa familia!

USUARIOS E NORMATIVA DE COMEDOR ESCOLAR 2017

 

Comezamos un novo curso escolar e queremos informar aos usuarios do comedor escolar da normativa aprobada no Consello Escolar o día 4 de setembro de 2017:

 

INFORME DA AVALIACIÓN EXTRAORDINARIA - SETEMBRO 2017

EXAMES ESO SETEMBRO 2017

1 SETEMBRO

HORARIO DE MAÑÁ

HORARIO DE TARDE

HORA

MATERIA

AULA

HORA

MATERIA

AULA

09:00-10:00

XEOGRAFÍA E HISTORIA

1º B

 

16:00-17:00

FÍSICA E QUÍMICA

 

1ºB

 

10:00-11:30

LINGUA CASTELÁ

1ºA/1ºB

17:00-18:00

ED. PLÁSTICA E VISUAL

AULA PLÁSTICA

11:30-12:30

MÚSICA

AULA MÚSICA

18:00-19:00

FRANCÉS

CULTURA CLÁSICA

1º A

1º B

12:30-14:00

BIOLOXÍA XEOLOXÍA

1º A/1ºB

 

 

4 SETEMBRO

HORARIO DE MAÑÁ

HORARIO DE TARDE

HORA

MATERIA

AULA

HORA

MATERIA

AULA

09:00-10:30

LINGUA GALEGA

1ºA/1ºB

16:00-17:00

TECNOLOXÍA

AULA TECNOLOXÍA

10:30-12:00

INGLÉS

1ºA/1ºB

17:00-18:00

ED. FÍSICA

1º A

12:00-13:30

MATEMÁTICAS

USOS MÚLTIPLES

18:00-19:00

RELIXIÓN/VALORES

1ºA/1ºB

6 SETEMBRO: ENTREGA DE NOTAS ÁS 10:00

FIN DE CURSO, FORMALIZACIÓN MATRÍCULA e LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO 2017-2018

 

A Dirección do CPI As Mirandas informa sobre:

  1. O Calendario fin de curso 

CALENDARIO FIN DE CURSO 2016/17

DATAS

XUÑO

ACTIVIDADE

21

  • Último día para a devolución de libros de texto 

22

  • Festa infantil e primaria organizada pola ANPA na pista polideportiva.

  • Acto de despedida de 4º ESO: Horario 10:00-11:30. Asistirá o alumnado de 4º, as súas familias, a titora, o profesorado dispoñible que o desexe, a xefatura de estudos e a dirección.

  • Torneo fútbol sala e coreografías: 11:30-14:50. Alumnado de ESO no pavillón

23

  • Entrega de notas EI e EP. Listado de material e libros de texto.

  • Saída de todo o alumnado ás 13:30h.

  • Período de reclamacións  en EI e EP do 23 ao 28 de xuño

27

  • Entrega de notas alumnado ESO: 10:30h

     

27-29

  • Período de reclamacións da ESO



      2. Formalización MATRÍCULA curso 2017-2018

      Horario da ofician administrativa: 9:30 a 13:30h.

  •  INFANTIL E PRIMARIA

        Só se matriculará o alumnado de novo ingreso. No prazo do 20 ao 30 de xuño.

        Documentación: Sobre de matrícula (recoller no centro, os impresos deben estar debidamente cumprimentados e asinados).

      Se algunha persoa quere modificar a opción Relixión/Valores cívicos e sociais con respecto ao curso anterior, deberá cubrir un impreso a disposición an oficina administrativa do centro.

     Se houbo variación de datos persoais (dirección, teléfono, situación familiar, enfermidades...), teñen a obriga de comunicalo, cubrindo o impreso correspondente.

 

  • SECUNDARIA

       Só se matriculará o alumnado que promocione en xuño, no prazo do 25 de xuño ao 10 de xullo.

       Documentación:

    • Sobre de matrícula (recoller no centro, os impresos deben estar debidamente cumprimentados e asinados).
    • 1 fotografía tamaño carné co nome e apleidos por detrás.
    • Fotocopia do DNI
    • Para o alumnado de 3º e 4º de ESO, copia do ingreso na conta de ABANCA nº 2080-0211-61-3040003372 de 1,12 euros, importe do seguro escolar.

 

  • SERVIZOS COMPLEMENTARIOS

         Para ser usuario de transporte e/ou Comedor escolar terá que cubrir un impreso e aportar a documentación no prazo do 20 de xuño ao 10 de xullo e tal como  indicamos nos seguintes enlaces:

 

 3. Libros de texto curso 2017-2018

 

PARABÉNS Á NOSA ALUMNA: CLARA MAGARIÑOS SAAVEDRA!!!

 

A Dirección do CPI As Mirandas felicita a CLARA MAGARIÑOS SAAVEDRA, alumna de 6º de EP por ser a gañadora do "Concurso de Contos Ondas de Ilusións 2016-2017".

O premio é o disfrute de toda a súa clase(16 compañeiros)  e o profesor, Luis Casás, dunha xornada en Kayak e Medioambiente nas Fragas do Eume o venres 16 de xuño.

Toda a información sobre o ben que o pasaron ese día no seguinte enlace:

 

Parabéns a toda a clase porque sabemos que dos 42 contos presentados, 3 desta clase estaban nos 8 primeiros!

Desexamos que disfruten dunha excelente xornada na que a inmersión nas Fragas do Eume sexa moi emotiva, pracenteira e gratificante.

 

 

 

BASES DO CONCURSO

CELEBRAMOS O DÍA NACIONAL DAS LÍNGUAS DE SIGNOS ESPAÑOLAS: O 14 DE XUÑO- O noso vídeo foi un dos gañadores no Concurso "Cantando con las manos" da Federación de asociacións de persoas xordas de Galicia

Hoxe  14 de xuño, queremos festexar o DÍA NACIONAL DAS LINGUAS DE SIGNOS ESPAÑOLAS (LSE) e amosar a presenza normalizada da LSE no ámbito educativo, en todos os niveis. Nel participan alumnado xordo e ouvinte, profesorado, intérpretes e mediadores comunicativos que forman parte dos centros educativos de Galicia.

 

E con motivo do Día Nacional das Linguas de Signos Españolas, no noso cole participamos no concurso "Cantamos con las manos" convocado pola Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galiza (FAXPG).

Grazas a Luísa Lombardero, a nosa intérprete de signos, porque sen ela isto non sería posible.

 

Este foi o resultado, esperamos que vos guste!!!  E gañamos

O vídeo que o noso cole presentou ao I Concurso  "Cantamos con las manos"convocado pola Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galiza (FAXPG) quedou gañador do mesmo xunto aos centros de Cambre e Guntín. Parabens a todos e todas e en especial á nosa infatigable Luísa Lombardero por ser a alma mater deste proxecto. 

 

AVALIACIÓN DO PROXECTO DENDE ARES CARA AO MUNDO

Con motivo de levar a cabo unha avaliación do proxecto "Dende Ares cara ao mundo" e do traballo por proxectos, en xeral, solicitamos do alumnado e das familias que cubran as seguintes enquisas.

 

 

 

Moitas grazas pola vosa colaboración!!

O traballo colaborativo, cooperativo e por proxectos é unha nova metodoloxía que consideramos favorece a aprendizaxe do alumnado. A participación da familia tamén é moi importante e fundamental, o cal redunda nunha mellora da convivencia e o alumnado síntese o verdadeiro impulsor e protagonista da súa aprendizaxe.

 

AXUDAS PARA LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR

No DOG do día 2 de maio de 2018 pubícase a Orde do 9 de maio de 2018 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2018/19.

O prazo de solicitude remata o día 22 de xuño para todo o alumnado (aínda que hai alumnado da ESO que se vaia matricular en setembro ten que solictar os libros e/ou material neste prazo).  Non se recollerán solicitudes fóra de prazo.

INFORMACIÓN RESUMIDA DO CENTRO

 

Máis información na páxina da Consellería no seguinte enlace:

INFORMACIÓN

RESUMO e GRANDE ÉXITO DA I FEIRA DENDE ARES CARA AO MUNDO

No presente curso 2016/2017 dentro do Plan de Formación Permanente do Profesorado dando continuidade á formación do curso pasado “O traballo por proxectos” decidimos pór en práctica a elaboración dun proxecto de centro que parta da biblioteca escolar, e ao que denominamos: “Dende Ares cara ao mundo”.

O obxectivo principal foi elaborar un proxecto de centro conxunto e integralo no currículum, para levar a cabo isto recibimos formación sobre o traballo por proxectos e a súa avaliación.

A idea consiste que, dende a Biblioteca do centro, repartirase una Caixa informativa sobre cada país como punto de partida para o proxecto; país elixido por cada curso/nivel educativo, ben por ter alumnado dese país ou por afinidade.

Trataríase de aplicar a formación recibida o curso pasado, reflectir por escrito os elementos do currículum que se van traballar (estándares, competencias, contidos,…) e elaborar e aplicar métodos de avaliación.

Os países elixidos foron: Antártida, Brasil, Marrocos, China, Reino Unido, Australia, Portugal, Ucraína, Xapón, aínda que despois engadíronse algún máis como Italia e Holanda ( época renacentista), Perú, Suecia e EEUU (representación musical da ESO) que se traballaron ao longo do curso integrándoos no proxecto final.

Ao final de curso, e como produto final, pesamos levar a cabo unha feira:IFeira Dende Ares cara ao mundo.

 

A feira levouse a cabo o luns, 15 de maio de 2017, tal como estaba previsto e como se pode ver no seguinte vídeo:

Foi un traballo colaborativo no que participaron o alumnado, profesorado e o persoal non docente, e aberto ao público, en xeral, pola tarde. O alumnado de infantil e primaria que traballaron durante o curso todo o relativo a un país determinado fóron os que estiveron na Feira ensinando, amosando o seu traballo con tanta ledicia que foi para eles unha aventura impresionante, e para as familias, profesores e persoal non docente un orgullo de ver tanto talento. Tamén disfrutaron dos coñecementos expostos nos diferentes stands e das actividades realizadas neles. Foi un día, unha feira realmente impresionante en canto a aprendizaxe e o disfrute xeral.

Dende a Dirección queremos agradecer:

  • O excelente traballo realizado polo profesorado e persoal non docente do centro así como deste gran alumnado que temos, eles o merecen, son os verdadeiros protagonistas do evento.
  • Á Concellería de Turismo de Ares e á Anpa do centro por subvencionar a cubrición da pista do pavillón para poder realizar aí a feira.
  • As mostras de cariño recibidas polas familias que se achegaron, tanto á feira como persoalmente ao profesorado e á Dirección!
  • A todos os participantes  pola colaboración con #UnhacuraparaAdri, no que se recadaron 601,97 euros (ingresados no banco)

  • Ao CFR de Ferrol por animarmos neste proxecto .
  • E cómo non, a Javier Cristobo que sempre está disposto a participar e colaborar co que se lle demanda en canto os seus amplos coñecementos sobre a Antártida.

PARABÉNS POR ESE DÍA QUE QUEDARÁ MARCADO NAS NOSAS E VOSAS MENTES!

Distribuir contido