Dirección

AVALIACIÓN FINAL(6º EP) E AVALIACIÓN DE 3º EP

A Dirección do CPI As Mirandas informa que este centro é un dos que foi elixido para levar a cabo as Avaliacións finais de 6º EP e as avaliacións individualizadas de 3º EP.

 

CHEOS DE VIDA ASÍ ESTAMOS TRALOS ENSAIOS CON RAMÓN BERMEJO E A GRAVACIÓN CON GUADI GALEGO

 

O alumnado co CPI As Mirandas participou, o pasado día 11 de maio, na gravación nos

asteleiros de Navantia da canción "Chea de vida" da intérprete cedeiresa, Guadi Galego

contando coa súa presenza e baixo a dirección de Ramón Bermejo.

Das tres gravacións realizadas neste simbólico espazo, a canción foi tamén

interpretada de forma simultánea en língua de signos por un grupo de

escolares do noso centro, saiu este  vídeo que nos impulsa á celebración do Día das Letras Galegas.

 

 Dende a Dirección queremos dar os PARABÉNS A TODOS OS ORGANIZADORES(CFR Ferrol) E

ESPECIALMENTE, AOS PARTICIPANTES QUE, GRAZAS AO SEU ESFORZO E

EXCELENTE TRABALLO , OFRECERANNOS UN VIDEOCLIP CHEO DE VIDA.

 

 

 

Esta experiencia contou cun gran número de alumnado (1055) pertencentes aos colexios A

Laxe,Pazos, Isaac Peral e Plurilingüe Jesús Maestro (os catro de Ferrol), Nicolás del Río de

Cedeira, Plurilingüe de Andrade (Pontedeume), San Isidro de Neda, Santiago Apóstolo  

(Mugardos), As Mirandas (156 Ares) e San Sadurniño e os IES Canido e Saturnino Montojo de

Ferrol, Ortigueira, Terra de Trasancos (Narón), Mugardos, Alfonso X O Sabio de Cambre e o

IES Monelos da Coruña.

Imaxe Recorte do Diario de Ferrol

 

(Imaxe-reportaxe do Diario de Ferrol-12 de maio de 2017) 

 

 

 Imaxe publicada por Guadi Galego nas redes sociais

A gravación, moi ben organizada polo Centro de Formación e Recursos de Ferrol,

dirixido por Manuel Losada coa colaboración,entre outros, do noso asesor José A.

Sordo, xurdiu a raíz do desenvolvemento dun curso de formación do profesorado

sobre os coros como actividade integradora para o alumnado. Resultou moi

emotiva, todo un éxito, permitiu crear un espazo de convivencia e unha 

experiencia inolvidable para todos os participantes.

O obxectivo deste acto é resaltar a música galega estimulando a creación de coros

escolares nos centros educativos. Segundo cita Guadi Galego no Dirario de Ferrol:

moi necesaria tendo en conta como está o tema das artes na educación”. Salientou

tamén o acto como un apoio a un sector, o do naval, ao que probablemente estarán

vinculados  familiares de moitos dos rapaces que onte, e por unhas horas, encheron 

de vida a factoría ferrolá. “

 

 

 Mentras non chega o día, podedes ver diferentes gravacións do evento nos  seguintes

enlaces:

  ;

 

ENSAIOS PREVIOS NO NOSO CENTRO COA DIRECCIÓN DE RAMÓN BERMEJO

O día 9 de maio o alumnado de primaria e terceiro e cuarto da ESO reuníronse, baixo a  dirección de

Ramón Bemejo, para ensaiar a canción "Chea de vida". O resultado podedes atopalo no seguinte vídeo (próximamente):

 

 

 

Máis información do eventos nos seguintes enlaces:

Xentileza de Marcos Filgueira Gomis

http://www.gabit.org/gabit/

Publicado por Guadi

 Xornais:

Televisións:

 

 

Centros:

 

 

 

En redes sociais:

 

E outos moitos ….

 

 

Zona de los archivos adjuntos

Vista previa del vídeo Coral: "Chea de vida". 11 Maio 2017 (Navantia-ferrol) de YouTube

Descripción: https://ci6.googleusercontent.com/proxy/CQr0By5JzbtlVFPgwp9XiBOjuQnPsn729CLuHQc-lQZyvFGmj-EFGQaN2lF6vNm1U0Xf0MuVfOebukhWjygvvETkfQU6qQ=s0-d-e1-ft#https://i.ytimg.com/vi/YEbFubGj53c/mqdefault.jpg

 

 

 

 

 

 

CONCURSO "ENTENDO AS NUBES" DO PLAN PROXECTA METEOESCOLAS

Xa temos os 3 gañadores, dende a Dirección e a Coordinadora do Plan Proxecta Meteoescolas, Natalia Dopazo, queremos agradecer e felicitar aos gañadores e a todo o alumnado participante animándoos a seguir observando e entendendo as nubes.

  • Unha mar de nubes de  Antón Ares Iglesias de 1º EP-A

 

  • Nubes Ares de Sara Sotelo Barrón de 3º EP-B

 

  • Mirando o ceo  de Daniela Fuentes Rodríguez de 1º EP A

PARABÉNS!!

 

Estas serán as tres fotografías que enviaremos ao Concurso.

 

 

 

 

 

O alumnado do CPI As Mirandas vai participar no Concurso "Entendo as nubes " do Plan Proxecta Meteoescolas. Soamente podemos enviar 3 fotografías, polo que pregamos á comunidade educativa nos axuden a elixilas picando no seguinte enlace:

 

Grazas de antemán pola vosa colaboración.

PRESENTACIÓN DA I FEIRA DENDE ARES CARA AO MUNDO

I FEIRA “DENDE ARES CARA AO MUNDO”

         Durante o curso 2016-2017 o profesorado do CPI As Mirandas formou parte dun Plan de Formación (PFPP) iniciado o pasado curso baseado no Traballo por proxectos a través da Biblioteca, no que decidiuse elaborar un proxecto ao que denominamos: “Dende Ares cara ao mundo” .

        A idea consiste no estudo de diferentes países, elixido polo alumnado de cada curso ou nivel educativo relacionado co alumnado estranxeiro que hai no centro.

       O emprego de novas formas de aprendizaxe integradas dentro do currículo escolar ten como resultado final a Primeira Feira do CPI As Mirandas “Dende Ares cara ao mundo”.

       Esta metodoloxía implica a participación activa do alumnado que tivo que investigar, planificar, cooperar, en definitiva, un novo xeito de aprender onde o alumnado é o protagonista da súa propia aprendizaxe, contando co profesorado como guía no seu proceso e coa colaboración tamén do persoal non docente do centro.

 

Unha primeira exposición deste proxecto tivo lugar en febreiro co Desfile do Entroido :

 

 

O produto final será esta Feira que contará cos seguintes STANDS e PAÍSES NO PAVILLÓN MUNICIPAL

 

 ARES– CONCELLERÍA DE CULTURA E ANPA

 ANTÁRTIDA–eso

 AUSTRALIA– 1ºEP                                                                                 

 BRASIL– 4ºep

 CHINA-3ºep

 ISRAEL-relixión

 XAPÓN-2º epB

 MARRoCOS– 5º e 6º EP

 PORTUGAL– 4ºei

 REINO UNIDO 6º EI e 6º EP

 UCRAÍNA– 5º EI

 MÚSICAS DO MUNDO-ESO

 Lóva/MAIL ART– 2ºep- a

 

 BIBLIOTECA/rOBÓTICA

 

 

Esta Feira contará coa presencia do aresán Javier Cristobo, Director do Centro Oceanogáfico de Gijón, experimentado investigador da Antártida. Javier inaugurará a Feira e impartirá 2 charlas sobre o Continente Antártico e as súas experiencias nel.

Tamén se expoñerán os traballos do PROXECTO LÓVA, proxecto innovador neste centro cuxo obxectivo final  é a Creación duha Ópera como Veículo de Aprendizaxe, e o proxecto de MailArt.

Dentro dos eventos que se levarán a termo durante todo o día colaboraremos cunha Actividade solidaria #unhacuraparaAdri

  • Na caseta da Antártida haberá unha mesa na que por 1 € poderás apadriñar un pingüín dunha das pingüineiras da Antártida.

  • Tamén no noso Photocall, terás a posibilidade de quitar unha foto na que poderás elixir o lugar onde queres aparecer, dentro dos países representados nas casetas. O importe da foto que será de 1€ tamén será doado á causa #unhacuraparaAdri.

O horario será:

 Mañá………..10:30- 14:30h. (alumnado EI e EP do centro)

 Tarde………..16:00- 18:30h. (alumnado ESO do centro e público en xeral.)

 

ACTIVIDADES PARALELAS AOS STANDS E OBRADOIROS:

  • Inauguración oficial da Feira coas autoridades…………...........11:45h
  • Actuacións musicais do alumnado da ESO ........................ 11:00/ 13:00/ 17:00h
  • Actuación do alumnado de 6º de Primaria............................11:30/ 13:30/17:30h
  • Actuacións dos alumnos de Ed. Infantil e 1º de Primaria..... 12:15h/14:00/18:00h

 

CONVIDAMOS E ANIMAMOS A TODOS A PARTICIPAR NESTE GRAN EVENTO!

 

AGRADECEMOS A COLABORACIÓN DA COMUNIDADE EDUCATIVA EN XERAL,  Á ANPA, AO CONCELLEIRO DE

TURSIMO DE ARES, AO CFR DE FERROL E ESPECIALMENTE A JAVIER CRISTOBO.

I FEIRA "DENDE ARES CARA O MUNDO"

       Durante o curso 2016-2017 o profesorado do CPI As Mirandas formou parte dun Plan de Formación (PFPP) iniciado o pasado curso baseado no traballo por proxectos a través da Biblioteca Escolar, no que decidiuse elaborar un proxecto ao que denominamos: “Dende Ares cara o mundo” . A idea consiste no estudo de diferentes países, elixido polo alumnado de cada curso ou nivel educativo relacionado co alumnado estranxeiro que hai no centro.

    O emprego de novas formas de aprendizaxe integradas dentro do currículo escolar ten como resultado final a Primeira Feira do CPI As Mirandas “Dende Ares cara o mundo”.

     Esta metodoloxía implica a participación activa do alumnado que tivo que investigar, planificar, cooperar, en definitiva, un novo xeito de aprender onde o alumnado é o protagonista da súa propia aprendizaxe contando co profesorado como guía no seu proceso e coa colaboración tamén do persoal non docente do centro.

 

    Unha primeira exposición deste proxecto tivo lugar en febreiro co Desfile do Entroido :

 

 

 

Como produto final estará esta Feira que terá os seguintes STANDS e PAÍSES:

 

 ARES– CONCELLERÍA DE CULTURA E ANPA

 ANTÁRTIDA–ESO

 AUSTRALIA– 1ºEP

 BRASIL– 4ºep

 CHINA-3ºep

 ISRAEL-relixión

 XAPÓN-2º epB

 MARRoCOS– 5º e 6º EP

 PORTUGAL– 4ºei

 REINO UNIDO 6º EI e 6º EP

 UCRAÍNA– 5º EI

 MÚSICAS DO MUNDO-ESO

 Lóva/MAIL ART– 2ºEP-A Proxecto innovador no centro

 BIBLIOTECA/rOBÓTICA

 

Esta Feira contará coa presencia do aresán Javier Cristobo, Director do Centro Oceanogáfico de Gijón, experimentado investigador da Antártida. Javier inaugurará a Feira e impartirá 2 charlas sobre o Continente Antártico e as súas experiencias nel.

Contará tamén coa exposción do Proxecto LÓVA, innovador neste centro, que consiste na Creación dunha Ópera, os traballos de MailArt así como a representación de Músicas do Mundo.

Dentro dos eventos que se levarán a termo durante todo o día colaboraremos cunha Actividade solidaria #unhacuraparaAdri

 

  • Na caseta da Antártida haberá unha mesa na que por 1 € poderás apadriñar un pingüín dunha das pingüineiras da Antártida.

  • Tamén no noso Photocall, terás a posibilidade de quitar unha foto na que poderás elixir o lugar onde queres aparecer, dentro dos países representados nas casetas. O importe da foto que será de 1€ tamén será doado á causa #unhacuraparaAdri.

 

 

 

 

 

 

ACTIVIDADE MUSICAL 11 DE MAIO

 

O CFR de Ferrol organiza, o xoves 11 de maio,contando coa colaboración de 17 Centros escolares , 1055 Alumnos e 80 Profesores  unha iniciativa musical, consistente na gravación coa artista ceideiresa Guadi Galego dun dos seus temas. "Chea de vida" nunha nave dos Astaleiros de Navantia en Ferrol dirixido por Ramón Bermejo profesor de canto que dirixe o "Coro da Ra" en Santiago de Compostela.

O  noso centro participa con 148 alumnos (2º, 3º e 4º de primaria, e 3º e 4º de ESO), 14 profesores, 1 intérprete de signos, 1 coidadora.

 

PARABÉNS!!!! TANTO AO ALUMNADO DE 3º ESO B , A LUCÍA COUCEIRO POLO, ALUMNA DE 2º ESO E AO PROFESORADO DE MATEMÁTICAS

  • A Dirección do CPI As Mirandas felicita á alumna do noso centro, Lucía Couceiro Polo de 2º de ESO seleccionada  para a proba zonal da XIX Olimpiada Matemática Galega organizada por AGAPEMA e  premiada para participar na Proba Autonómica o vindeiro 18 de maio en Lugo.

     

    Parabéns, Lucía!

     

    Parabéns tamén á profesora de matemáticas, Belén Morón.

     

    Desexamoslle que disfrute do día e logre pasar á fase nacional.

  • III EDICIÓN DE MATEMÁTICAS NA RAIA

 A Dirección transmite os Parabéns!! a este equipo gañador, alumnado de 3º ESO B e profesorado de matemáticas deste centro e desexámoslles que disfruten do premio: "Unha fin de semana en Tui"con todos os gastos pagos, onde realizarán un “Encuentro Matemático” xunto ao equipo gañador de Portugal, e realizarán visitas turísticas e competicións amistosas entre eles. 

A profesora de matemáticas, María del Rosario Segura, confirma que este premio se debe  a unha gran

motivación e disfrute diario da materia por parte do seu alumnado.

 

 

AGAPEMA (Asociación Galega do Profesorado de Educación Matemática) e a APM (Asociación do Profesorado de Matemáticas de Portugal) convocaron a terceira edición de “Matemáticas na Raia”, un concurso de resolución de problemas dirixido ao alumnado de 3º da ESO (9º ano en Portugal) no que o noso alumnado de Matemáticas Académicas de 3ºB participou o 20 de abril. Trátase dun concurso que fomenta o traballo colaborativo, pois os grupos equipos son grupos-clase completos.

IMG-20170501-WA0002.jpg

 

 

 

 

 

  • XIX OLIMPÍADA MATEMÁTICA GALEGA DE 2º DA ESO

 

Co fin de promover a ensinanza e a aprendizaxe das Matemáticas a través da resolución de problemas, AGAPEMA (Asociación Galega do Profesorado de Educación Matemática) organiza unha nova edición da Olimpíada Matemática Galega para o alumnado de 2º da ESO. Un ano máis o noso centro toma parte nesta actividade coa participación de catro alumnos:

- Pablo Cartelle Filgueiras, de 2ºA

- Lucía Couceiro Polo, de 2º A

- Raúl Nogueras Anca, de 2ºA

- Martín Rodríguez Sanjuán, de 2ºB.

 A fase local tivo lugar o día 27 de abril no IES Canido (Ferrol) e desta fase sairán o 40 seleccionados de toda Galicia para participar na Fase Final Galega, que se celebrará o día 18 de maio na cidade de Lugo.

Moitas grazas ós alumnos e as súas familias por animarse a formar parte desta actividade, e tamén grazas ao IES Canido por tratarnos tan ben e por facerse cargo da organización da fase local.  

 

20170427_103652.jpg

20170427_130411.jpg

 

¡¡¡ Moita sorte rapaces !!! 

LISTAXES DAS AXUDAS PARA AS ACTIVIDADES DE FORMACIÓN EN LÍNGUAS ESTRANXEIRAS

Xúntanse as listaxes correspondentes ao disposto no artigo 15.1 da Orde do 2 de febreiro de 2017 pola que se convocan axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2017, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, en réxime de concorrencia competitiva. (DOG do 27/02/2017).

Estas listaxes, así mesmo, atópanse publicadas na Web do Programa (http://www.edu.xunta.es/axudasle)

 

 

LISTAXES DAS AXUDAS PARA AS ACTIVIDADES DE FORMACIÓN EN LÍNGUAS ESTRANXEIRAS

Xúntanse as listaxes correspondentes ao disposto no artigo 15.1 da Orde do 2 de febreiro de 2017 pola que se convocan axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2017, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, en réxime de concorrencia competitiva. (DOG do 27/02/2017).

Estas listaxes, así mesmo, atópanse publicadas na Web do Programa (http://www.edu.xunta.es/axudasle)

 

 

CAMPUS CIENTÍFICOS DE VERANO PARA ALUMNADO DA ESO E BACHARELATO

A Dirección do CPI As Mirandas informa da Resolución de 23 de marzo de 2017, de la Secretaría General Técnica, por la que se publica el Convenio de colaboración con la Fundación Española para la Ciencia y Tecnología, para la organización de Campus Científicos de Verano para alumnos de Enseñanza Secundaria Obligatoria y Bachillerato.

  • OBXECTIVOS:  Potenciar  e estimular as capacidades do alumnado no ámbito científico.
  • DESTINATARIOS: Alumnado de 4º de ESO matriculado no presente curso escolar en BªeXª e Fca eQca, ou Ciencias Aplicadas á Actividade Profesional con nota media no curso anterior igual ou superior a 8. 
  • Cada beneficiario participará nun proxecto de acercamento científico de 5 días de duración. Os solicitantes seleccionados deberán abonar, en concepto de matrícula, a cantidade de 80 euros.

           Durante a súa estancia nos Campus Científicos de Verano, os participantes terán unha toma de                  contacto coa experiencia investigadora a través da súa participación nun proxecto de                                      acercamento científico.

  • DURACIÓN PARA O ALUMNADO DE 4º DE ESO:
    •  Del 16 al 22 de julio. Primer turno de estudiantes.
    •  Del 23 al 29 de julio. Segundo turno de estudiantes.
  • LUGAR: En calquera das 32 universidades españolas que contan coa denominación de Campus de Excelencia Internacional.
  • PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES : O formulario de solicitude será a través da páxina web:

         www. campuscientificos.es coa documentación esixida nas bases :

    • Autorización paterna para participar no proceso de selección –según modelo facilitado–
    • Certificación académica –según modelo facilitado
    • Fotocopia del DNI/NIF/Pasaporte.

Máis información no arquivo adxunto

Distribuir contido