Dirección

INFORMACIÓN SOBRE O PROCESO DE ADMISIÓN PARA O CURSO 2017-2018

 

A Dirección do CPI As Mirandas tralo Consello Escolar celebrado o día 18 de abril, publica o listado de novo alumnado definitivo aprobado  para o videiro curso escolar.

 

Toda a información no seguinte enlace:

 

 

 

 

 

 

 

 

 

SOLICITUDES DE ADMISIÓN DE ALUMNADO NO CPI AS MIRANDAS

PARA O CURSO 2017-2018

  • As solicitudes terán que presentalas soamente o alumnado de nova incorporación.
  • O PRAZO é do 1 ao 20 de marzo de 2017.
  • PROCEDEMENTO DA SOLICITUDE:
    • Por INTERNET: Na páxina da Consellería de Educación, na aplicación "Admisión de alumnado", no seguinte enlace:  https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/
    • Nas oficinas do centro escolar en horario de 9:30 a 13:30h.
    • En calquera rexistro oficial.
  • DOCUMENTACIÓN ESIXIDA:

Para máis información nos seguintes enlaces:

ENTROIDO 2017

 

      

 FESTA DO ENTROIDO 24 MARZO     

 

 O vídeo do pasarúas do Entroido do día 24 de febreiro está publicado no blog da  Biblioteca: Carabela de Ares.

Nos seguintes enlaces:

 

 

O vindeiro venres, 24 de febreiro, celebraremos a festa do Entroido.

A festa comezará cun pasarrúas pola vila de todo o alumnado e profesorado do centro.

 ORGANIZACIÓN:

  •             Saída do centro escolar aproximadamente ás 10:30h. continuando por:

 

·         Avenida de Mugardos

·         Real

·         Plaza da igrexa

·         Saavedra Meneses.

 

  • A continuación o alumnado de Infantil regresarán ao colexio e os demais continuarán polas rúas.

 

  • As 12:15h, xa no centro, o alumnado  degustarán doces típicos do Entroido. Solicitamos a colaboración das familias para que cada alumno traia un doce típico desta época do ano nun envase que se poida tirar (papel, bolsa…). O colexio correrá cos gastos das bebidas. O alumnado recibirá un paquete de caramelos doados polo Concello.

        

  •  A saída será á 13:30h (ás 13:25h en infantil).

Non haberá comedor.

                                

                     AVISO:

No caso de que chovera suspenderíase o pasarrúas pola vila e o desfile levarase a cabo na pista do centro escolar (11:00h) ao que poderían asistir as familias.


 

 

MANDADOS ENTROIDO 2017

 

MARTES:

 

  • O pescozo adornarás e con colares ti virás.

 

MÉRCORES

 

  • Sombreiro, gorro, peluca ou pano, que é o mais “fashion” este ano.

 

XOVES

 

  • Se non queredes sufrir estrés trae algunha prenda do revés.

 

 

 

ENTREGA DO PREMIO AO NOSO PFPP

 

Hoxe ás 11:00h da mañá tivo lugar no Gaiás a entrega dos premios do Plan de Formación Permanente do Profesorado (PFPP) nun acto onde a Consellería de Educación e  o conselleiro Román Rodríguez loou a creatividade, a renovación e a temática dos itinerarios “á carta” deseñados polos docentes destes colexios e institutos, e que van servir de referencia para o conxunto da comunidade educativa (7 centros premiados de toda Galiza).

A este acto asistiron as nosas compañeiras, Carmen Regueira e Conchi Cambeiro que forman parte do equipo de formación do noso centro, para recibir ese recoñecemento ao CPI As Mirandas, en Ares (A Coruña), onde o centro de traballo foi a biblioteca escolar, que serviu de vehículo para que os docentes incorporaran novas metodoloxías de traballo cooperativo e ensino, adaptadas aos diferentes niveis educativos deste centro. 

Dende a Dirección agradecemos este recoñecemento, ben merecido polo excelente traballo que realizou e segue realizando o profesorado deste centro, agradecendo tamén o excelente traballo do alumnado e a colaboración das familias.

 

EMERXENCIA REFUXIADOS- PETICIÓN URXENTE

 

UNHA VEZ MÁIS, GRAZAS A TODOS/AS POLA VOSA SOLIDARIEDADE!.

 

 

 

 

 

CHARLA FORMATIVA DO PLAN DIRECTOR PARA A MELLORA DA CONVIVENCIA E SEGURIDADE NOS CENTROS EDUCATIVOS.

 

A Dirección e o Departamento de Orientación convidan a todas as familias do alumnado do CPI As Mirandas a:

  • Charla Formativa sobre "Acoso Escolar, Ciberacoso e Uso de novas Tecnoloxías" que será impartida pola Garda Civil.
  • DATA: Martes, 10 de xaneiro de 2017.
  • HORA: 16:30 ÁS 18:00h.
  • LUGAR: Aula de Usos Múltiples do centro.

 

Contamos coa vosa presenza.

 Para máis información podedes consultar a segunte ligazón:

http://www.edu.xunta.gal/portal/plandirector

FELICES FESTAS E EXCELENTE ANINOVO 2017

A Dirección do CPI As Mirandas desexa a toda a Comunidade Educativa, e ao pobo de Ares unhas "Felices Festas e un Excelente Aninovo".

 

 

 

 

 Deixamos tamén o vídeo elaborado pola nosa Intérprete de signos, Luisa, coa colaboración do alumnado de primaria, para felicitarvos o Nadal.

 

 

Amosamos tamén o traballo realizado polo profesorado e alumnado de Secundaria:

 

 

 

 

 

Todo isto non sería posible sen a colaboración e o esforzo de todos os que formades parte da Comunidade Educativa, grazas por compartir o voso traballo e por ser parte importante deste centro educativo, con grandes proxectos que xa están en marcha e verán a luz no vindeiro 2017.

 

 

ACTIVIDADES DO NADAL: CARREIRA SOLIDARIA O 2O E FESTIVAL DE NADAL O 21 DE DECEMBRO

 
Un ano máis o noso centro organiza a VI Carreira Quilómetros de Solidariedade. Enmarcada dentro das actividades solidarias do noso colexio, é unha actividade con dobre finalidade: por unha banda, espertar nos nosos alumnos e alumnas un espírito crítico e solidario cara as inxustizas que afectan a millóns de nenos e nenas de todo o mundo e, por outra banda, recadar fondos en colaboración coa ONG “Save the Children” para axudar á infancia mais desfavorecida e facer que se respecten os seus dereitos.
Nesta actividade solidaria,  o alumnado aboará 1 € por inscribirse na carreira e recibirá un dorsal, un carné de corredor e un diploma acreditativo de participación. Pola súa banda, o que “voluntariamente” queira buscar patrocinadores entre os seus familiares ou achegados, poderá facelo recollendo as súas aportacións a través do carné de corredor. Este ano a recadación irá a parar a través de Save the Children aos programas de desenvolvemento e emerxencia que esta ONG  leva a termo para combater a desnutrición infantil nos países máis empobrecidos.
Un ano mais, a atleta aresán Paula Mayobre  estará connosco  e  apoiará esta causa coa súa presenza,  participando na xornada con todos os rapaces e rapazas do noso centro.
 
ORGANIZACIÓN
 
ESO: Saída as 10:15 horas. Ruta: Colexio, Igrexa, Porto deportivo, Paseo marítimo, Parque infantil Rosalía de Castro, volta ao colexio pola Avda de Mugardos.
 
Infantil e Primaria:  A carreira terá lugar no pavillón do colexio con invitación ás familias que entrarán ao recinto pola porta traseira do pavillón.
 
 Agradecemos a todo o alumnado a súa participación e  solidariedade e invitamos a todos os pais e nais a que veñan a apoiar aos nosos corredores solidarios.

 

Agradecemos a colaboración de Supermercados Claudio e GADIS, Floristería Real, Frutas Mari, Protección Civil e Policía local de Ares.
 

FESTIVAL DE NADAL

 

O mércores, día 21, imos celebrar o festival de Nadal no casino de Ares ao que están invitadas as familias do alumnado. Van ser dúas funcións: unha para infantil e outra para primaria.

 

  • Educación Infantil.

    • Empezará o festival ás 10:15h. Os pais entrarán unha vez o alumnado estea acomodado no seu sitio. Ó remate da función desaloxarase o recinto.

 

  • Educación Primaria.

    • Empezará o festival ás 11:15h. Como na anterior, os pais entrarán unha vez que o alumnado estea acomodado.

 

Xa no colexio, os Reis Magos entregarán aos alumnos unha golosina (coa colaboración da ANPA).

Avisos:

 

  • No caso de que chova a función de infantil farase na sala de usos múltiples do colexio.

  • Aqueles que publiquen en calqueira medio fotos o vídeos do festival serán os responsables do feito. Por parte do centro,un representante gravará as actuacións e, unha vez revisadas, colgaranse na paxina web do colexio.

  • A saída ese día será ás 13:30h, unha vez que se entreguen as notas.

  • Non haberá comedor.

En Secundaria haberá unha actividade musical realizada polo alumnado da ESO nos corredores do edificio administrativo.

 

A súa colaboración axudará a que todo se desenvolva dun xeito satisfactorio polo que lles damos as grazas anticipadamente.

Aproveitamos tamén para desexarlles Felices Festas!

 

 

 

ELECCIÓNS PARA A RENOVACIÓN PARCIAL DOS MEMBROS DO CONSELLO ESCOLAR

O día 29 de novembro ás 13:05h. a xunta electoral tralo análise das diferentes actas das mesas electorais dos diferentes sectores educativos, levanta acta coa proclamación dos novos membros do Consello Escolar:

 

 

 

 

 

 

O día 17 de novembro reuniuse de novo a Xunta electoral para levar a cabo:

  • a aprobación das candidaturas dos diferentes sectores da comunidade educativa,
  • o sorteo das persoas que formarán parte das mesas electorais no proceso da elección que terá lugar o 28 de novembro.
  • Censos electores.

ÁBRESE UN PERIODO DO 18 AO 27 DE NOVEMBRO PARA QUE OS CANDIDATOS PRESENTEN OS SEUS PROGRAMAS E ANIMEN AO ELECTORADO A VOTAR. O QUE PRECISEN DEBEN SOLICITALO Á DIRECCIÓN.

Nos seguintes enlaces podedes consultar a información:

 

 

 

 

 

 

 

O día, 7 de novembro,  quedou constituída a xunta electoral que vai regular todo o proceso de eleccións para a renovaciónparcial do Consello Escolar. 

Nesta sesión de constitución aprobáronse tamén os listados dos diferentes sectores da comunidade educativa e o Calendario electoral:

 

ACONTECEMENTO

DATA e HORA

LUGAR

PRESENTACIÓN DE CANDIDATURAS

Do 8 ao 17 de novembro ata ás 11:00h, ambos os dous inclusives

Oficinas administrativas

ADMISIÓN DE CANDIDATURAS POLA XUNTA ELECTORAL E SORTEO DE MESAS ELECTORAIS

O 17 de novembro ás 13:00 h.

 

Dirección do centro

VOTACIÓN ALUMNADO

O 28 de novembro no primeiro recreo

Na entrada do edificio administrativo

VOTACIÓN PROFESORADO

O 28 de novembro

Claustro extraordinario

VOTACIÓN DO PERSOAL NON DOCENTE

O 28 de novembro ás 13:00h.

Na entrada do edificio administrativo

VOTACIÓN DAS FAMILIAS

O 28 de novembro de 16:30 ás 18:30h.

Na entrada do edificio administrativo

PROCLAMACIÓN DE MEMBROS ELECTOS POLA XUNTA ELECTORAL

O 29 de novembro ás 13:00h.

Na dirección do centro

   

 

 

 

Animamos a toda a comunidade educativa a participar neste proceso!

ELECCIÓNS PARA A RENOVACIÓN PARCIAL DOS MEMBROS DO CONSELLO ESCOLAR

No día de hoxe, 7 de novembro,  quedou constituída a xunta electoral que vai regular todo o proceso de eleccións para a renovaciónparcial do Consello Escolar. 

Nesta sesión de constitución aprobáronse tamén os listados dos diferentes sectores da comunidade educativa e o Calendario electoral:

 

 

Animamos a toda a comunidade educativa a participar neste proceso

LIBROS DE TEXTO CURSO 2016-2017

Publícase o listado de libros de texto para o curso 2016-2017 aprobado no Claustro e C.E. do pasado día 30 de xuño.

 

Aviso:

O alumnado solicitante das Seccións Bilingües en 1º a 4º  de ESO esperade a setembro para mercar ou encargar o libro de texto en Ciencias Naturais, Fca e Qca  e Bª e Xª, xa que dependerá do profesorado que nos conceda a Consellería.

Distribuir contido