Dirección

RENOVACIÓN PARCIAL DOS MEMBROS DO CONSELLO ESCOLAR

 

Segundo establece o artigo 30 dp Decreto 92/1988 do 28 de abril, redactado conforme ao establecido na disposición adicional primera do Decreto 324/1996 do 26 de xullo (DOG 9 de agosto), o Mércores 28 de outubro ás 12:30h., celebrarase neste centro o  sorteo público para a designación dos membros da Xunta Electoral, no marco deo proceso de celebración das eleccións ao Consello Escolar

 Máis información nos seguintes enlaces:

  • Procedemento de eleccións CE – XUNTA ELECTORAL

    Artigo 29.- (Artigo redactado conforme ao Decreto 279/1990, do 27 de abril; DOG do 17 de maio). O procedemento de elección dos membros do Consello Escolar dos centros públicos desenvolverase no primeiro trimestre do curso académico que corresponda, e dentro do período lectivo. A data de celebración das eleccións será fixada, con un mes de antelación, pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. O proceso de elección do director e a designación do equipo directivo deberá quedar cerrado na última semana de xuño do curso académico que corresponda.

     

    Artigo 30.- (Redactado conforme ao establecido nas Disposicións adicionais do Decreto 324/1996, do 26 de xullo, polo que se aproba o Regulamento orgánico dos institutos de educación secundaria; DOG do 9 de agosto).

    "A organización e supervisión do procedemento de elección dos membros do Consello Escolar estará a cargo da Xunta Electoral, que se constituirá en cada centro, nas datas que fixe a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, e que esteará integrada polo director ou directora do centro, un profesor ou profesora, un pai ou nai ou titor legal, un representante do persoal de administración e servizos, e, de ser o caso, un alumno ou alumna de educación secundaria; designados os catro últimos por sorteo público no que se preverá a designación de membros suplentes."

     

    Artigo 31.- Serán competencias da citada xunta:

     

    a) Aprobar e publica-los censos electorais, que deberán refrexar, en todo caso, nome apelidos dos electores.

    b) Concreta-lo calendario electoral, de acordo co establecido no artigo 29° do presente Regulamento.

    c) Ordena-lo proceso electoral.

    d) Admitir e proclamar candidaturas.

    e) Promove-la constitución das distintas mesas electorais.

    f) Resolve-las reclamacións presentadas contra as resolucións das mesas electorais.

    g) Proclama-los candidatos elixidos e remiti-las correspondentes actas á Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

     

    Artigo 32.- (Redactado conforme ao establecido nas Disposicións adicionais do Decreto 324/1996, do 26 de xullo, polo que se aproba o Regulamento orgánico dos institutos de educación secundaria; DOG do 9 de agosto).

    "1. Son electores e elixibles tódolos membros da comunidade escolar, pero cada membro soamente poderá ser candidato por un dos sectores da comunidade escolar.

    2. 0 prazo de admisión de candidatos non será inferior a sete días.

    3.Pechado o prazo de admisión de candidatos, a xunta electoral fará publica a proclamación de candidatos.

    4. Contra o acordo de proclamación poderase reclamar no prazo dos dous días seguintes. A xunta electoral resolverá no seguinte día hábil e contra a súa decisión poderá interpoñerse recurso, que non terá efectos suspensivos, perante o delegado provincial da Consellería de Educación e O. Universitaria."

     

    Artigo 33.- (Redactado conforme ao establecido nas Disposicións adicionais do Decreto 324/1996, do 26 de xullo, polo que se aproba o Regulamento orgánico dos institutos de educación secundaria; DOG do 9 de agosto). "Na primeira constitución, e sempre que se produza unha renovación parcial, a xunta electoral solicitará do concello no que estea situado o centro, a designación dun representante para formar parte do Consello Escolar."

     A organización e supervisión do procedemento de elección de novos membros do CE estará a cargo da Xunta Electoral

que se constituirá ao efecto e integrada por:

• A Directora

• Un profesor ou profesora

• Un pai/nai ou titor lega

   Un alumno/a da ESO

• Un representante do persoal de administración e servizos.

 

 

DESEXO DE BOAS VACACIÓNS E AGRADECEMENTO DA SAVE THE CHILDREN

A Dirección do CPI As Mirandas desexa unhas moi felices e boas vacacións!

Achegamos o agrdecemento da Organización Save The Cildren



Apreciados amigos.

El 30-06-2021 hemos recibido un ingreso por la cantidad de 1583,17€ de vuestro centro.

En nombre de los niños y niñas de nuestros programas muchas gracias.

Recibiréis por correo postal un diploma para el centro y un recibí para compartir con toda la comunidad educativa.

Queremos compartir con vosotros un ¡GRACIAS ENORME! 

 

PARABÉNS A TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA POLA SOLIDARIDADE E COLABORACIÓN!

MATRÍCULA - CURSO 2021-22

MATRÍCULA PARA O CURSO 2021-22

 

AVISO IMPORTANTE:

O horario da oficina administrativa para atención ao público no mes de xullo será de 10:00 ás 13:30h.

A PARTIR DO LUNS, 12 de xullo, PUBLICARANSE AS LISTAXES DO FONDO DE LIBROS E ESTARÁN A VOSA DISPOSICIÓN OS VALES DO MATERIAL.

 

INFANTIL E PRIMARIA:

    • PRAZO: Do 20 ao 30 de xuño, só para o alumnado de nova incorporación ao centro (o resto matricularase automaticamente).

 

    • DOCUMENTACIÓN: Sobre de matrícula a recoller no centro, a partir do día 22. 

 

SECUNDARIA:

    • PRAZO: Do 25 de xuño ao 10 de xullo (os/as que superen todas as materias ou promocionen ou titulen en xuño) e do 1 ao 10 de setembro (os/as que realicen a avaliación extraordinaria de setembro).
    • DOCUMENTACIÓN:
    1. Sobre de matrícula con todo cuberto e asinado (entregarase ao alumnado o día 25 de xuño).
    2. Unha fotografía tamaño carné co nome e apelidos do alumno/a escritos por detrás.
    3. Para 3º e 4º da E.S.O. copia do ingreso na conta 2080-0211-61-3040003372de Abanca do importe do Seguro escolar (1,12 euros)
    4. Fotocopia do DNI.

SECCIÓNS BILINGÜES:  As seccións bilingüespara o vindeiro curso académico son as que  temos aprobadas: Plástica en 5º EP e Música en 1º e 3º de ESO

SERVIZOS COMPLEMENTARIOS (TRANSPORTE E COMEDOR):

A utilización dos servizos complementarios de transporte e/ou comedor requirirá dunha solicitude específica (a disposición no centro ou na web do mesmo), que se entregará cuberta entre o 01 e o de 10 de xullo, para todos/as independentemente de cando se faga a matrícula.

IMPRESO PARA A SOLICITUDE DE SERVICIOS COMPLEMENTARIOS (pendente das instrucións da Consellería)

 

VARIACIÓN DE DATOS:

            Se algunha persoa quere cambiar de Relixión a Valores Cívicos e Sociais, ou viceversa, ten que cubrir o impreso que a tal efecto se proporcionará nas oficinas do centro.

            Tamén se houbo variación nos datos persoais (dirección, teléfono situación familiar, enfermidades, etc.), teñen a obriga de comunicalo, cubrindo o impreso correspondente.

 

LIBROS DE TEXTO E MATERIAL para o curso 2021-2022

 Nos seguintes enlaces podedes descaragar o listado de libros de texto e o material para o vindeiro curso académico :

Feliz Día das Letras Galegas 2021- Xela Arias

8 MARZO- CELEBRACIÓN DO DÍA DA MULLER E AGRADECEMENTO AO CONCELLO E A FANPA

A Dirección do CPI As Mirandas informa á Comunidade Educativa que o Día Internacional da Muller, 8 de marzo, celebrouse no centro, como ven sendo habitual, o Día Internacional da Muller. Este curso non puido levarse a cabo as actuacións conxuntas co Cim do Concello e as institucións e Asociacións de Ares; nembargantes leváronse a cabo moitos traballos como podedes ver nos seguintes enlaces:

  • MULLERES DA NOSA VILA . Entrevistas a mulleres que traballan en diferentes campos e quixeron compartir as súas experiencias co noso alumnado; polo que lles agradecemos esa colaboración.

 

  • Agradecemento á concellería de Cultura de Ares polo agasallo realizado ao alumnado de 4º de ESO e á Biblioteca do centro de exemplares do libro "Libres e Vivas" da Editorial Galaxia:

 

 

  • Agradecemento á FANPA de Ferrolterra polo recoñecemento e entrega do seguinte póster para o noso centro:

FESTA DO ENTROIDO 2021

FESTA DO ENTROIDO 2021

Esta semana celebramos a festa do Entroido no noso centro.

Este ano a celebración será distinta da dos anos anteriores polas circunstancias que todos sabemos, e que nos fai suprimir o desfile polas rúas do Concello.

A pesares de todo, mantendo  a nosa tradición, o celebramos como heroes e heroínas que somos e así amosámolo:          

 

 

Tamén amosamos as Danzas pola PAZ do noso alumnado:

  • DANZA POLA PAZ en INFANTIL:

 

  

  • DANZA POLA PAZ EN PRIMARIA

 

 

Máis información, FOTOS, ACTIVIDADES... nos seguintes blogs:

BOAS E MERECIDAS VACACIÓNS!

MOITA SAÚDE E RESPONSABILIDADE. VERÉMONOS DE NOVO O VINDEIRO XOVES 18 DE FEBREIRO

3 DE DECEMBRO: DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

O día 3 de decembro celébrase o Día Internacional das persoas con discapacidade co obxectivo de promover os dereitos e facilitar a vida a esas persoas concienciado á sociedade da importancia de manter as normas establecidas ao respecto.

A Convención sobre os dereitos das persoas con discapacidade foi aprobada no ano 2006 e asinada por 180 países e dí:

"La accesibilidad y la inclusión de las personas con discapacidad son derechos fundamentales"

O noso centro que fomenta a inclusión de todo o alumnado independentemente da súa condición física, psíquica e social, non quere deixar de amosar a toda a Comunidade a importancia de cumprir as normas establecidas e fomentar a implicación de todos na mellora da vida destas persoas.

É por iso que amosamos o seguinte vídeo e Texto da Asociación Aprende a voar, no que ademáis participa un alumno do noso centro:

DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS AO ALUMNADO

Este proceso estará regulado pola Orde do 6 de novembro de 2020 (DOG. 11/11/20).

 

 A partir desta data, 9 de decembro,  a relación provisional de alumnado beneficiario das máscaras que se entregarán pasa a ser definitiva, sen variacións con respecto á provisional.

 As máscaras comezarána distribuírse a partir do 11 de xaneiro ao alumnado, a razón de 4 máscaras reutilizables  a cada alumno/a beneficiario/a.

 

Ares, 9 de decembro de 2020

A Dirección

 

25 N. Día internacional da elimininación da violencia de xénero

Hoxe, 25 de Novembro, no noso centro celebramos o Día internacional da eliminación  da violencia de xénero. 

A dinamizadora, Yolanda Castro, realizou un vídeo que recolle a implicación de toda a nosa Comunidade Educativa, porque NON é NON. Non podemos mirar para outro lado,  isto é un problema social que debemos erradicar coa implicación de todos.

A reivindicación  da nosa Comunidade Educativa podedes vela no seguinte enlace:

 

 

 

 

INFORMACIÓN ÁS FAMILIAS - EDIXGAL E AULA VIRTUAL

Prezadas familias:

Informamos que o Plan de continxencia do noso centro contempla a educación telemática en caso de haber confinamento nunha aula ou en todo o centro, levamos días traballando co alumnado na aula virtual e vos informamos do procedemento en cada nivel/etapa educativa.

No seguinte enlace podedes atopar un videotitorial para o acceso á aula virtual para o alumnado de 3º e 4º de Primaria e a ESO. Pregamos as familias realicen probas de acceso co alumnado e se hai dúbidas podedes achegalas polo correo electrónico:

 


"Este ano continuamos no noso centro co Proxecto Abalar, enmarcado na Estratexia de Educación Dixital 2020, para proporcionarlle ao alumnado e aos docentes as ferramentas tecnolóxicas para que o ensino se axuste á realidade social na que viven as actuais xeracións.

Tedes o folleto informativo no enlace EDIXGAL, asemade no portátil do alumno vai un adhesivo que, a través do escaneo do código QR que contén, dirixe á páxina informativa do proxecto onde tedes videostitoriais contándolles todo o que deben saber sobre o Proxecto Edixgal e o tratamento ao portátil que acaban de recibir.  
Aínda así para calquera dúbida que precisedes estamos no centro a vosa disposición e no seguinte enlace:


Este ano os acordos de cesión soamente deberán ser asinados polas familias que teñan os portátiles de nova adxudicación. Enviaremos a través dos voso fillxs estes acordos de cesión que deberán ser remitidos ao centro.

Bo día e moita saúde!!!"

Distribuir contido