Dirección

Parabéns ao alumnado de 1° ESO clasificado para a final galega do Rallye Matemático

A Dirección do CPI  As Mirandas quere comunicar unha gran nova que vai alegrar nestes momentos difíciles a toda a comunidade educativa .

Un grupo de 1º de ESO dirixido pola nosa compañeira Cristina  Sande clasificouse entre os tres mellores de Galicia para a final galega do Rally Matemático ogranizado por Igaciencia. Este grupo está composto por : Luis Terradillos,  Aroa Vidal, Álvaro Castro, Antía Marcos, Daniel Varela, Daniel Rodríguez, Ismael Souto e Yaiza Lestón .

Toda a comunidade educativa do CPI As Mirandas queremos transmitir os nosos parabéns a ese grupo, a súa profesora de Matemáticas, Cristina Sande e a todos os que sempre están apoiando e axudando.

A fase final está pendente de como transcurran as circunstancias actuais (alerta polo COVID-19)

Queremos transmitirvos unha mensaxe de ánimo e esperanza e desexamos que pronto poidamos celebrar este triunfo, e moitos máis, que  ben seguro vendrán desta gran comunidade educativa de Ares.

 

PARABÉNS!!!

CHARLA POLA IGUALDADE, DA VOZ DE AMELIA TIGANUS- ( Dpto de Orientación e CIM de Ares)

Actividade  do Plan de Igualdade

 

Este luns 13 de  xaneiro de 2020 en horario de 16:00  h. a 17:40 h., na aula de UUMM, o alumnado de 4º curso de ESO dos grupos A e B, asistiu  a unha charla na que se incidiu na importancia da educación para a prevención da violencia sexual e de  xénero. A charla foi impartida por Amelia Tiganus baixo o título de “Prostitución y pornografía: violencia sexual comercial”.

Amelia   Tiganus, nacida en Rumanía, actualmente reside en Euskadi. Despois de superar, hai doce anos unha vivencia persoal relacionada  coa prostitución e a rede de trata, converteuse en activista feminista e realiza charlas e talleres en defensa dos dereitos humanos das mulleres. Escribiu  numerosos artigos e un libro. O seu labor é recoñecido e no pasado mes de novembro de 2019, recibiu un premio por parte do Ministerio de Igualdade. 

 Esta actividade, que contribúe ao desenvolvemento do plan de igualdade deste curso escolar, está organizada  polo departamento de orientación, en colaboración co CIM de Ares. 



1º PREMIO NO CONCURSO COMUNICATEDU

 A Dirección do CPI As Mirandas quere dar a coñecer e enviar os seus parabéns ao equipo de alumnado de 3º de  ESO, formado por: Uxía Mesías Hevia, Sofía Cao Gorgullo e Sergio Pena León coordinados polas profesoras Mª Jesús Mourazos González e Mª Luísa Corredoira Gómez,  gañador do 1º premio do ComunicaTedu, Concurso convocado pola Consellería de Cultura e Educación que ten como obxectivo o afondamento na adquisición da competencia en comunicación lingüística do alumnado da ESO. Nesta primeira edición o alumnado debería argumentar sobre a alimentación como hábito de vida saudable, así   os estudantes poderán mellorar as súas competencias orais no discurso público, ao tempo que se favorece a adquisición de competencias clave como a lingüística, a dixital ou espírito emprendedor; se fomenta o uso do rexistro formal na linguaxe, se afonda no razoamento ético e crítico na defensa das propias ideas e na construción da mensaxe, e se desenvolven destrezas para a investigación e a xestión da información. Así mesmo, este certame fomenta o traballo interdisciplinario e colaborativo e a abordaxe das metodoloxías activas na adquisición do coñecemento.

O que fixeron todos os rapaces de 3º e os de 4º de Bioloxía e Xeoloxía foi elaborar un ensaio expositivo argumentativo, memorizalo e posteriormente gravalo en toma única. A nosa compañeira Yoli prestou os seus medios e presencia para a gravación.   Todos os rapaces foron avaliados de dous xeitos: os textos avaliaronse coa rúbrica conxunta dos departamentos de Lingua Galega e de Bioloxía-Xeoloxía, presentada ao concurso, mentres que a exposición oral avaliouse coa rúbrica cedida pola consellería.
proxecto desenvolveuse en catro semanas durante 19 sesións nas materias de Lingua Galega, Bioloxía e Xeoloxía, e coa cesión de catro sesións de Titoría nos niveis de 3º e 4º da ESO coa participación de todo o alumnado matriculado nestes dous niveis.  Os profesores participantes foron: Mª Jesús Mourazos, coordinadora, profesora de Bioloxía-Xeoloxía e Luísa Corredoira, profesora de Lingua Galega de 3º ESO. Tamén tivo uha pequena parte de colaboración Anxo X. Rajó, profesor de Lingua Galega de 4º da ESO . As titoras Mª do Rocío Pena, Mª Jesús Mourazos, Vicenta de la Fuente e Eva Chans, e o resto dos compañeiros participaron á hora de ceder as súas horas lectivas.
Preséntáronse tres grupos: Un de 3º de ESO, coa participación de 2 rapazas e un rapaz, e dous de 4º de ESO, coa participación en cada grupo de 2 rapazas e un rapaz. A continuación móstranse os rapaces participantes, os títulos dos seus traballos e a ligazón aos seus vídeos.
Grupo 1 - Uxía Mesías, Sergio Pena e Sofía Cao (3º E.S.O.)
 
Grupo 2 - Icía Bermúdez, Verónica Rodríguez e Álvaro Freire (4º E.S.O.) ;
 
Grupo 3 - Yasmina Martínez, Vera Candal e Borja Díaz (4º E.S.O.);

ENVÍO O ENLACE DA CONVOCATORIA

DA RESOLUCIÓN DEFINITIVA DOS CENTROS ELIXIDOS

O dia 25 de maio na Cidade da Cultura, o
 Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, achegouse esta mañá ata o evento onde compartiu uns intres cos protagonistas desta primeira xornada: os estudantes finalistas dos premios ComunicaTedu, unha iniciativa do seu departamento dirixida a impulsar as competencias orais activas do alumnado. O titular de Educación felicitou aos rapaces e rapazas polo seu traballo e agradeceu aos docentes a súa aposta por “fomentar unha aprendizaxe lúdica, rachando con tópicos como que a biblioteca ou a escola son lugares aburridos”. Rodríguez reiteraba así a súa aposta por un modelo educativo innovador e inclusivo “no que aprendizaxe sexa lúdica, e o lúdico sirva para a aprender”.

 

 

 Presentaron no Gaiás os seus proxectos discursivos 10 equipos de estudantes de ensino secundario procedentes de seis centros de ensino –CPI As Mirandas de Ares, CPI Cruz do Sar de Bergondo, IES Plurilingüe Pedra da Aguia de Camariñas, IES Chamoso Lamas do Carballiño, IES Frei Martín Sarmiento de Pontevedra e IES Carlos Casares de Vigo–, así como os profesores encargados de coordinar os seus proxectos. De entre todos foron premiados os tres mellores discursos, galardóns que recaeron no IES Plurilingüe Pedra da Aguia de Camariñas (3º), o IES Carlos Casares de Vigo (2º) e no CPI  As Mirandas de Ares (1º premio). O director xeral técnico da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Jesús Oitavén; o subdirector xeral de Ordenación e Innovación Educativa e Formación do Profesorado, Manuel Vila; e a responsable do Centro de Emprendemento do Gaiás, Berta Álvarez-Buylla, entregaron os galardóns.

Parabéns polo excelente traballo!

 

 

ENLACE Á RESOLUCIÓN DO CONCURSO

PARABÉNS A TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA DESPOIS DA 2ª FEIRA DENDE ARES CARA AO MAR

Excelente traballo do profesorado, alumnado e persoal non docente do centro! Parabéns a todos os que de algún xeeito participaron, colaboraron e fixeron que este día 21 de maio resultara unha xornada moi emotiva, festiva, de convivencia e espectacular tanto polos participantes como polos visitantes.

A dirección quere dar as grazas a tod

 

 

PARABÉNS A TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA DESPOIS DA 2ª FEIRA DENDE ARES CARA AO MAR

Excelente traballo do profesorado, alumnado e persoal non docente do centro!

Parabéns a todos os que de algún xeito participaron, colaboraron e fixeron que este día 21 de maio resultara unha xornada moi emotiva, festiva, de convivencia e espectacular tanto polos participantes como polos visitantes.

 Na feira observouse a gran labor en cada un dos stands representados. como por exemplo.
  • o alumnado da materia de economía  realizou un excelente prooxecto elaborando un mapa guía  interpretativo de recursos etnográficos, históricos e naturais do Concello de Ares e organizando os roteiros pola vila, moi ben guiados e explicados a todo o alumnado e profesorado de ESO;
  • escoitamos a un grupiño de músicos (alumnado de ESO)  que nos amenizaron toda a xornada, 
  • os proxectos, Amares e AMAR A MARES, do alumado de primaria onde se destacaba a importancia da conservación dos recursos mariños e as lendas sobre sereas, diferentes xogos, obradoiros....
  • Habitantes do mar, Acuario e Cicloda auga, do alumnado de infantil.
  • Tino Fernández e os seus alumnos do CIFP Ferrolterra realizaron eses obradoiros de robótica- unha delicia para o alumnado e visitantes,  e que ben o pasaron-
  • a exposición de fotografías donadas por Suso Fariña e photocall
  • os stands das asociacións deportivas de Ares (clube de remo, a Asociación cultural e deportiva SKUBA, a Windsuf zona norte), coordinados pola concellería de turismo,
  • Manolo Cainzos nos ensinou a facer nós mariñeiors e coser rede, 
  • a Rizona, ese barquiño tan chulo que centralizou a nosa peculiar muiñeira global foi cedido por uns amigos de  Ares
  • Dani Magariños por esa mostra de aparellos mariñeiros,
  • o stand de Unha cura para Adri no que todos os comercios locais colaboraron desinteresadamente aportando o seu gran de area para o sorteo dos premios.
Moitas grazas a todos eles e,  por suposto, ás autoridades que nos acompañaron na inauguración da feira e ao longo da xornada: ao Secretario Xeral de Cultura Anxo Lorenzo, ao inspector de educación Manuel Trigás,  a José Antonio Sordo do CFR de Ferrol, ao  alcalde Julio Iglesias,  ao resto de concelleiros da nosa vila,  aos representantes da asociacións ANPA e Amigos do Mosteiro de Santa Catalina e por suposto á dirección e profesorado e persoal do CPI As Mirandas
 

Nos seguintes enlaces podedes ver unha pequena mostra:

 

 

 

 

 

ORIENTACIÓN ACADÉMICO-PROFESIONAL PARA ALUMNADO DE 4º DE ESO - DEPARTAMENTO ORIENTACIÓN

 

No seguinte enlace podedes ler o documento elaborado polo Departamento de Orientación do CPI As Mirandas sobre a Orientación Académico-Profesional dirixido ao alumnado de 4º de ESO:

 

CUESTIONARIO SOBRE A CONVIVENCIA ESCOLAR NO CPI AS MIRANDAS- FAMILIAS

O CPI As Mirandas está participando nos Contrato-Programa en colaboración coa Consellería e un deles é: a Mellora da convivencia e promoción da igualdade nos centros educativos. Para coñecer a vosa percepción e partir de datos reais pregamos  nos cubran os cuestionarios que presentamos, serán totalmente anónimos e nos servirán como indicadores á hora de modificar e adaptar o Plan de Convivencia do noso centro á realidade. Agradecemos a vosa colaboración!

 

Cuestionario Clima Escolar- Familias

 

ACTIVIDADES DO NOSO CENTRO RELACIONADAS CO DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

 

Na semana do 5 ao 9 de marzo o CPI As Mirandas participou en  varios actos, traballos, exposicións e unha marcha en colaboración coa Concellería de Igualdade de Ares para conmemorar o Día Internacional da Muller (8 marzo).

Nos seguintes enlaces podedes observar as diferentes accións levadas a cabo:

 

 

  • MULLERES QUE FIXERON HISTORIA  (Actividades realizadas polo alumnado do centro para honrar a  diferentes mulleres que fixeron historia nos diferentes ámbitos da vida).

 

  • HOMENAXE ÁS MULLERES DE ARES  (Acto realizado na biblioteca de Ares polo alumnado de 4º de ESO acompañados co  profesorado (agradecemos a Yoli e a Anxo a súa gran  implicación no evento e no documental) e que se levou a cabo contando coa colaboración do Concello. Presentación do documental Marea de mulleres gravado polo alumnado de 4º de ESO grazas a un proxecto do Golfo Ártabaro sobre Vidas Mariñeiras e grazas, sobre todo, a esas mulleres que narraron esa etapa da súa vida (salgadura, redeiras, pescantinas...)).

     

 

Dende a Dirección se  agradece o excelente traballo do alumnado de 4º de ESO, do profesorado e das mulleres homenaxeadas.

CELEBRACIÓN DO DÍA DA PAZ - 30 DE XANEIRO

0 30 de xaneiro, celebramos unha xornada educativa para a tolerancia, a solidaridade, a concordia, o respecto aos

Dereitos Humanos, a non-violencia e a paz, non gobernamental fundada en España en 1964 polo poeta e pacifista mallorquino

Llorenç Vidal como punto de partida e de apoio para unha educación non-violenta e pacificadora de carácter permanente,

Debemos converternos en instrumentos de paz e entendemento entre persoas de distinta formación, raza, cultura e relixión.

 

Esta celebración lévase a cabo o 30 de xaneiro de cada ano; no aniversario da morte de Gandhi (1948), líder nacional e espiritual

da India, asasinado a tiros por un integrista hindú.

O acto realizarase na Pista Polideportiva, ao que asistirá todo o alumnado e persoal docente e non docente do centro educativo de

12:10 a 13:00h.

 

                                                                             PROGRAMA DO ACTO

 

  •  INTRODUCIÓN. Presentación do acto por parte do alumnado de Primaria
  • Compromiso a favor da Paz a cargo do alumnado das diferentes etapas educativas (Infantil, Primari e Secundaria) coa lectura dos Poemas pola Paz
  • LECTURA DO MANIFESTO  do centro polo Día da Paz . Alumnado da ESO
  • Todos xuntos, ao final,  cantaremos a canción Color Esperanza

 

 

A continuación podedes visualizar como vivimos este acto:

 

 

 

 

IV CERTAME ARTE POSTAL. MAILÓVART

INAUGURACIÓN DA EXPOSICIÓN DE ARTE POSTAL: MAILOVART 2017

A Dirección do CPI As Mirandas, contando coa colaboración do Concello de Ares e coa Asociación Amigos de Sta Catalina aos que dámoslle as grazas, convídavos á  á visita da IV Exposición de Arte Postal, MAILÓVART , no Mosteiro de Sta Catalina - Ares.

Será unha exposición dunha morea de artes postais recibidas tanto da nosa comunidade educativa coma de diferentes países e lugares.

A exposición estará aberta ao público no Mosteiro no seguinte horario:   

  • De luns a venres de 16 a 18h. mentras dura a exposición, ata o 20 de decembro .
  • Sábados de 16 a 18h. (sempre)
  • Domingos e festivos: de 12 a 14h e de 16 a 18h. 

AVISO: Se algún centro educativo quere visitar pola mañá a exposición e o mosteiro, haberá que chamar por teléfono a Moncho (667 784804).

ANIMAMOS A PARTICIPAR NESTA EXTRAORDINARIA VISITA!!!

Onte tivemos no Mosteiro de santa Catalina de Montefaro a inauguración da exposición do certame MaiLOVart do CPI As Mirandas coa colaboración do Concello de Ares e da Asociación de Amigos de Santa Catalina. Un fermoso acto realizado polos nenos e nenas de 2º de primaria e as súas profes Meli e Lara. Á presentación da exposición asistiron ademais da concelleira de educación Alma Barrón, Celsa e Rogelio da Asociación de Amigos de Santa Catalina, a nosa directora Blanca Cortizas así como pais,nais e profesores do noso centro.

Deixamos os vídeos elaborados por Yoli sobre o acto de inauguración e unha visita á exposición.

 

 

 

Distribuir contido