Dirección

AGRADECEMENTO DE "SAVE THE CHILDREN"

O CPI Conde de Fenosa recibiu o Diploma e a carta de agradecemento da asociación de axuda humanitaria  "Save the Children", información que compartimos con toda a Comunidades Educativa, especialmente alumnado, profesorado, familias, Paula Mayobre, establecementos colaboradores, Protección Civil e Concello de Ares.

 

FELICES FESTAS E PRÓSPERO 2016

ACTIVIDADES NADAL. 17 DE DECEMBRO e 18 de DECEMBRO

ORGANIZACIÓN DAS ACTIVIDADES DO NADAL

 

XOVES 17 DE DECEMBRO: Todo o centro participará na Carreira Solidaria que ven sendo habitual no noso centro, colaborando coa organización Save The Childrens.

  • Educación Infantil.
    • As carreiras terán lugar no pavillón do colexio cando o alumnado de primaria estea de volta, aproximadamente ás 13:00 h.
    • NOTA: Permítese a entrada no recinto aos pais do alumnado de infantil para ver as carreiras. Entrarán no recinto unha vez que o alumnado de primaria estea acomodado nas bancadas.

 

  •  Educación Primaria.
    • As carreiras terán lugar no paseo marítimo a partir das 11:45h aproximadamente.
    • NOTA:  Haberá unha persoa con botiquín e algo de comida e auga para quen o necesite, así como avituallamento para todos de regreso ao colexio.
  • Educación Secundaria.
    • Ás 10:30h. : Saída da carreira do CPI , rúas de Ares ata o Porto, Paseo Marítimo, Parque Rosalía, Avenida de Mugardos e volta ao CPI.
    • Ás 11:30h. : Final da carreira.
    • De 11:30 a 12:00h : O alumnado pasará pola zona de avitualamento (auga e froita) e momento de descanso.
    • Ás 12:15 h.: Entrega de medallas e diplomas na pista polideportiva. Estará con nós PAULA MAYOBRE.
    • Ás 13:00h.: Comezarán as coreografías na pista polideportiva.

Agradecemos a colaboración de toda a comunidade educativa, ao persoal do Concello, á Froitería Mari, á Floristería Real, e a Paula Mayobre.

 

VENRES, 18 DE DECEMBRO. FESTIVAL DE NADAL no Casino de Ares.

  • Educación Infantil. O festival comezará ás 10:15h.
    • Poderán entrar as familias do alumnado unha vez que estea acomodado no seu sitio todo o alumnado.
    • As familias desaloxarán o recinto ao remate da función.
    • NOTA: No caso de que chova  esta función realizarase na sala de Usos Múltiples do centro.
  • Educación Primaria. O festival comezará ás 11:15h.
    • Poderán entrar as familias do alumnado unha vez que estea acomodado no seu sitio todo o alumnado.

Ao regreso no Centro os Reis Magos entregarán ao alumnado unha golosina (colaboración da ANPA).

NOTAS:

  • Aqueles que publiquen a calquera medio fotos ou vídeso do festival e/ou da carreira serán os responsables do feito. Por parte do centro, un representante gravará as actuacións, e unha vez revisadas colgaranse na páxina web do centro.
  • A saída nese día será ás 13:30h unha vez que se entreguen as notas e non haberá comedor.

 

Desexamos a todos unhas Felices Festas coa esperanza de Paz e próspero ano 2016!

ACTIVIDADES SOLIDARIAS NO CPI CONDE DE FENOSA

 

 

OPERACIÓN QUILO DE NADAL

Estimadas familias:

Como xa é toda unha tradición no noso centro, un ano máis solicitamos a vosa colaboración para levar a termo  a  OPERACIÓN QUILO DE NADAL. Esta actividade centrada na educación en valores e educación para o desenvolvemento, ten como obxectivo fundamental sensibilizar ao alumnado e en xeral a toda a comunidade educativa.

Estamos ante unha época na que  diversas institucións como A Cociña Económica ou Cáritas seguen demandando a colaboración de toda a sociedade, e estamos ante unha ocasión marabillosa para aportar o noso gran de area.

Así pois, alumnado, profesorado e familias poderán  contribuír de maneira voluntaria aportando calquera alimento non perecedeiro, dende o 25 de novembro ata o 11 de decembro. A partir desta data os alimentos serán levados á Cáritas de Ares e á Cociña Económica de Ferrol.

Agradecemos unha vez máis o voso compromiso e participación.

                                                  GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN

 

   

 

 

  MARATÓN SOLIDARIO: V CARREIRA QUILÓMETROS DE SOLIDARIEDADE

 

Polos dereitos da infancia

 

Un ano máis o noso centro organiza a V Carreira Quilómetros de Solidariedade. Esta carreira, enmarcada dentro das actividades solidarias do noso colexio, é unha actividade con dobre finalidade: por unha banda, espertar nos nosos alumnos e alumnas un espírito crítico e solidario cara as inxustizas que afectan a millóns de nenos e nenas de todo o mundo e, por outra banda, recadar fondos en colaboración coa ONG “Save the Children” para axudar á infancia mais desfavorecida e facer que se respecten os seus dereitos.

Nesta actividade solidaria,  o alumnado aboará 1 € por inscribirse na carreira e recibirá un dorsal, un carné de corredor e un diploma acreditativo de participación. Pola súa banda, o que voluntariamentequeira buscar patrocinadores entre os seus familiares ou achegados, poderá facelo recollendo as súas aportacións a través do carné de corredor. Este ano a recadación irá a parar a través de Save the Children aos programas de desenvolvemento e emerxencia que esta ONG  leva a termo para combater a desnutrición infantil nos países máis empobrecidos.

Un ano mais, a atleta aresán Paula Mayobre  estará connosco  e   apoiará esta causa coa súa presenza  correndo cos rapaces e rapazas do noso centro.

ORGANIZACIÓN:

ESO: Saída as 10:30 horas. Ruta: Colexio, Igrexa, Porto deportivo, Paseo maritimo, Parque infantil Rosalía de Castro, volta ao colexio polo muelle.

Primaria: Saída do colexio as 11:30 horas. As carreiras faranse por categorías no paseo marítimo dirección nautico a partir das 11:45 horas.

Infantil: A carreira terá lugar as 13:00 horas no pavillón do colexio.

 

Agradecemos a todo o alumnado a súa participación e  solidariedade e invitamos a todos os pais e nais a que o xoves 17 de decembro, saian a rúa a apoiar aos nosos corredores solidarios.


 

CPI Conde de Fenosa:  construíndo un mundo mellor

 

 

 

 

 

 

PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL

A Dirección do CPI Conde de Fenosa informa á Comunidade Educativa da Programación Xeral Anual deste centro para o curso 2015-2016.

 

 

Distribuir contido