Educación Primaria

MAGAZINE 2016

Do you know her? She´s our language assistant. Her name is Rebecca Jane Allen. She´s 22 years old. She´s got one brother and one sister. She lives in the south-west of England, in The U.K.

 

She lives in a very small town called Sydling St. Nicholas but she is studying languages at the University of Manchester. Her favourite sport is netball and her favourite hobby is playing the violin. She likes travelling.

She travelled around Portugal, France and Germany. Next year she´s going to work in France and then it´s possible that she will go back to University.

She liked being in Spain and she liked staying in Galicia. She liked lots of things and shellfish the most.

We are going to miss you.

 

Good luck!

INFLUENCIA DOS ROMANOS SOBRE AS ILLAS BRITÁNICAS. FACTS ABOUT ROMANS IN BRITAIN

Aquí podedes disfrutar do excelente traballo realizado por alumnado de Primaria sobre a influencia dos romanos nas illas británicas.

 

GAÑADORES DO CONCURSO PROVINCIAL DA ONCE

Parabéns ao alumnado de 5º-B de Primaria e a súa profesora, Marina Sánchez Magariños, que recibiron o Premio Provincial do Concurso da ONCE co traballo realizado sobre unha empresa de economía social.

Este ano o lema do Concurso era "Persoas que pensan en persoas" e o alumnado de 5º de Primaria foi a  visitar unha empresa de  economía social dedicada á “lavandeiria industrial”. Unha empresa que aposta pola integración laboral das persoas con discapacidade a través da creación de emprego estable e de calidade e que impulsa o desenvolvemento de plans de formación dos traballadores/as para aumentar as súas capacidades e competencias. 

Logo realizaron o seguinte traballo:

 

 Deixamos o vídeo relativo á visita guiada da Empresa que fóron a visitar:

 Nos seguintes enlaces podedes visualizar os diferentes traballos enviados tamén ao Concurso polo alumnado da ESO nas sesións de atención educativa e Relixión:

INFORMACIÓN SOBRE OS CONTIDOS MÍNIMOS E CRITERIOS DE CUALIFICACIÓN DE PRIMARIA

Nos seguintes enlaces podedes consultar os mínimos de 2º , 4º e 6º de Primaria e os Estándares de aprendizaxe de 1º, 3º e 5º de Primaria adaptados á LOMCE para o curso 2014-2015:

 

CURSO

CONTIDOS MÍNIMOS OU

ESTÁNDARES DE APRENDIZAXE

CRITERIOS DE CUALIFICACIÓN

Concerto Didáctico

O alumnado de Primaria do CPI Conde de Fenosa acudiu o pasado día 15 de Novembro a un Concerto Didáctico na Coruña. Foi un concerto moi entretido e dinámico onde tivemos que participar, disfrutando da experiencia tanto que gustaríanos repetila.

Presentamos a continuación toda a actividade:

Concerto Didáctico

 

MAGOSTO 2013

O pasado día 8 de novembro celebrouse no centro o Magosto, no que participou o alumnado de Infantile Primaria. Deixamos unha mostra de cómo asáronse e repartíronse as castañas no recinto escolar.   

INFORMACIÓN DAS PROGRAMACIÓNS DOS DIFERENTES CICLOS DE PRIMARIA 2013-2014

Na seguinte táboa pódese consultar o relativo ás programacións do curso 2013-2014:

 

  1º CICLO DE  PRIMARIA  
  2º CICLO DE PRIMARIA
  3º CICLO DE PRIMARIA

EXCURSIÓN FIN DE CURSO DE 5º E 6º DE PRIMARIA Á GRANXA-ESCOLA "MARCELLE"

O alumnado de 5º e 6º de Primaria participaron nunha excursión fin de curso á granxa-escola "MARCELLE" onde disfrutaron dunha marabillosa visita, como podedes ver na seguinte presentación:

PROGRAMA DE ASPANEPS "PONTE NO MEU LUGAR" PARA O ALUMNADO DE 6º PRIMARIA

    A Concellaría de Educación, que dirixe José Juan Vilar, e a entidade Aspaneps levaron ao CPI Conde de Fenosa o programa “Ponte no meu lugar”, unha recoñecida actividade promovida e desenvolvida por esta asociación que ten como principal obxectivo o de achegar a discapacidade en primeira persoa a través de dinámicas e accións participativas que procuran a reflexión entre o alumnado de 6º de Primaria e o profesorado.
    Tanto na mañá do pasado xoves como na do venres, os responsables deste programa levaron a cabo diversas actividades cos nenos e nenas, que poideron constatar as dificultades coas que persoas invidentes, xordas ou con problemas de movilidade pódense atopar nas súas rutinas diarias nun centro escolar, neste caso o de Ares.
   O programa “Ponte no meu lugar” desenvólvese en dúas fases:


  • A primeira, a do traballo cos Mestres e alumnado de 6º co apoio de carteis temáticos e unha película para comentar cómo se vive o feito de ser tratado de maneira diferente.

  •  A segunda fase é de vivir en primeira persoa esas dificultades, realizando un circuito cos rapaces e rapazas. Este circuito tiveron que facelo en cadeira de rodas, cunhas vendas nos ollos ou cuns cascos nos oídos. 

 

Estivo tamén presente nunha das xornadas a concelleira de Servizos Sociais, Victoria Montenegro. Nesta xornada, Aspaneps entregou á nosa directora, Blanca Cortizas, o diploma acreditativo da realización do programa levado a cabo.
Máis información no noso blog:http://tesmoitalingua.blogspot.com.es/2013/05/programa-de-aspaneps-ponte-no-meu-lugar.html
 
 
 
 

Distribuir contido