Educación Primaria

OBRADOIRO DE CANTO E BAILE A CARGO DE EMILIO MESÍAS FARÍAS

O EDL organizou un "Obradoiro de iniciación ao canto e o baile” impartido por Emilio Mesías.  Mediante o baile os alumnos tomaron consciencia do espazo e das partes do seu corpo ademais de traballar e aprender cancións infantís con rítmicas sinxelas acompañadas de bailes, movementos e xogos.
Damos as grazas a Emilio pola desinteresada na  realización deste obradoiro.

Aquí tedes un pequeno vídeo do que foi a actividade:  

Traballo realizado sobre o obradoiro pola nosa Dinamizadora: Yolanda Castro López:

MUSEO do HUMOR

O pasado 29 de febreiro o alumnado de 1º e 2º de Primaria (68) do noso centro asistiu a unha visita do Museo do Humor e ao Parque de Educación viaria en Fene.

 

No Museo do Humor, realizaron unha visita guiada, asistiron á presentación dunha proxección sobre a exposición “O humor e os dereitos da infancia” e, ao remate, participaron nun taller de pintado de debuxos e realización de ilustracións humorísticas. O percorrido dos alumnos do colexio Conde de Fenosa coincidiu cunha visita dun equipo do programa A Revista da TVG que realizou un directo dende o Museo do Humor (Pódese visionar dende a web da CRTVG (http://www.crtvg.es/tvg/programas/a-revista).

 

O mesmo alumnado participou tamén nos obradoiros de educación viaria que se imparten no antigo apeadoiro de Barallobre e nos que se lles ofrece a posibilidade de conducir karts, bicicletas e triciclos por un circuito sinalizado.

Exemplos das actividades realizadas polo noso alumnado son:

Primeiro Ciclo de Primaria

Actualmente temos activo o noso blog :

http://parairempezando.blogspot.com/

 

Blog do Primeiro Ciclo de Educación Primaria

O primeiro ciclo de Educación Primaria presentan as súas actividades a través do seguinte blog:

http://parairempezando.blogspot.com/

Distribuir contido