PROXECTO METEOESCOLAS

CONCURSO "ENTENDO AS NUBES" DO PLAN PROXECTA METEOESCOLAS

Xa temos os 3 gañadores, dende a Dirección e a Coordinadora do Plan Proxecta Meteoescolas, Natalia Dopazo, queremos agradecer e felicitar aos gañadores e a todo o alumnado participante animándoos a seguir observando e entendendo as nubes.

  • Unha mar de nubes de  Antón Ares Iglesias de 1º EP-A

 

  • Nubes Ares de Sara Sotelo Barrón de 3º EP-B

 

  • Mirando o ceo  de Daniela Fuentes Rodríguez de 1º EP A

PARABÉNS!!

 

Estas serán as tres fotografías que enviaremos ao Concurso.

 

 

 

 

 

O alumnado do CPI As Mirandas vai participar no Concurso "Entendo as nubes " do Plan Proxecta Meteoescolas. Soamente podemos enviar 3 fotografías, polo que pregamos á comunidade educativa nos axuden a elixilas picando no seguinte enlace:

 

Grazas de antemán pola vosa colaboración.

RECOÑECEMENTO AO PROXECTO DE CENTRO DO PLAN PROXECTA METEOESCOLAS: "A TEMPO" CURSO 2015-2016

 A Dirección presenta á Comunidade Educativa do CPI o Diploma pola participación do PLan Proxecta, RECOÑECEMENTO DO PROXECTO DE EXCELENCIA no curso 2015-2016.

Agradecemos ao noso compañeiro Jorge Gutierrez (ao que añoramos porque xa non está no centro) a dinamización deste proxecto que forma  parte xa das nosas rutinas e dunha forma nova de entender o tempo traballando dende os diferentes ámbitos educativos. Agradecemos a todo o profesorado, alumnado o seu traballo. Parabéns!


PRIMEIRO PREMIO DO PROGRAMA: METEOESCOLAS

Acaban de informarnos de que o noso centro acadou o Primeiro Premio do Programa METEOESCOLAS.

Parabéns a todo o profesorado e alumnado  que grazas ao esforzo do seu coordinador Jorge Gutierrez unha vez máis veu recoñecido o  traballo realizado ao longo deste curso escolar 2013-2014.

Hai que recordar que o pasado curso escolar xa gañara co mesmo proxecto o 2º Premio.

Dende a Dirección agradecemos o Premio e seguimos animando a este bo equipo de persoal que dinamizan e contribúen á mellora do ensino público.

É un pracer traballar con eles.

 

 

 

Actividades Proxecto Meteoescolas

Nesta sección iremos expresando todo o que se está facer no noso centro relacionado co Proxecto METEOESCOLAS.

 

 

 

O Proxecto Meteoescolas no presente curso académico levou a cabo a participación de case todo o alumnado e profesorado, como se pode ver na seguinte lista de reproducción dos diferentes traballos realizados:

 

 

EXPOSICIÓN METEROLOXÍA

Debido á celebración do día mundial da Metereoloxía (21 de marzo) no centro realizáronse 2 exposicións de material bibliográfico cedido pola Biblioteca e diversos departamentos como o de Francés, así como a  Coordinación do Plan Proxecta: Meteoescolas.

No seguinte enlace podedes visualizar estas exposcións que rematan no día de hoxe 28 de abril.

EXPOSICIÓN METEROLOXÍA

2º PREMIO PLAN PROXECTA: METEOESCOLAS

ENTREGA DO II PREMIO METEOESCOLAS AO NOSO CENTRO ESCOLAR

O alumnado do noso centro recibiu, o pasado día 1 de outubro, o II Premio do Programa Meteoscolas, un programa educativo promovido pola Xunta de Galicia co obxectivo de mellorar o coñecemento do clima galego na escola.

Os alumnos e alumnas do centro, coa supervisión do profesorado, encargáronse de recoller a diario durante o pasado curso os datos meteorolóxicos relativos a precipitacións ou temperaturas para despois proceder á súa análise, coa axuda de Meteogalicia, e obter unha serie de datos estatísticos coa posterior creación dos seus climogramas correspondentes.
Ademais, o resultado das medicións foi publicado cada día na páxina web do Concello, que colaborou co colexio nesta iniciativa, así como en distintos edificios públicos,(centro de saúde, biblioteca, casa da xuventude..) para proporcionar aos veciños e veciñas a información diaria relativa ao clima.
No acto celebrado esa mañá no 
Casino Aresano que contou, entre outros, coa presenza do director de Meteogalicia, Vicente Pérez Muñuzuri, o asesor de innovación educativa da Xunta de Galicia Alberto Sacido, a directora do centro educativo, Blanca Cortizas, o alcalde Julio Iglesias e o concelleiro de educación, os 109 alumnos de educación infantil, 217 de Primaria e 70 alumnos da ESO que participaron no proxecto, recibiron o segundo premio que constata o recoñecemento ao esforzo polo traballo desempeñado durante os meses que durou o programa.

Dende aquí queremos dar os nosos parabéns ao profesor de física Jorge Gutiérrez por coordinar todo o proxecto no centro, así como a todos os profesores/as e alumnos/as que traballaron arreo durante todo o curso no proxecto meteoescolas.

Agradecemento a todos os que participaron neste proxecto e que van seguir formando parte do proxecto do noso centro no presente curso escolar.

Podedes ver máis información nos diferentes blogs do noso centro e no seguinte enlace:

Distribuir contido