VIDEOCONFERENCIA COA ANTÁRTIDA

O pasado día 18 de xaneiro tivo lugar no noso centro unha videoconferencia coa Antártida co alumnado de 6ª E.P. e 1º e 2º ESO. Esta videoconferencia é a segunda que ten lugar no noso centro (a primeira  o pasado curso ) cuxo obxectivo e dar a coñecer ao noso alumnado o Proxecto Actiquim sobre investigacións científicas dos ecosistemas mariños do continente antártico, exactamente na base española da Illa Decepción onde atópase un investigador de Ares, Francisco Javier Cristobo Rodríguez (Director do Centro Oceanográfico de Gijón) ao que queremos transmitirlle o noso agradecemento pola súa consideración e mostra de amabilidade así como a súa información do proxecto. Tamén queremos agradecer ao persoal do Exército de Terra da Base Antártica Española "Gabriel del Castillo"que colaborou de forma desinteresada para que esta videoconferencia tivera lugar.

O noso alumnado recibiu previamente esa información, preparada pola nosa profesora Yolanda Castro, o profesorado de ciencias naturais, titores de grupo e, prácticamente toda a hora, estiveron facendo preguntas aos científicos e así desde a  base só adicáronse a contestalas, por certo, moi ben e con moita empatía cara aos rapaces.

 

PODEDES VISUALIZAR TODA A VIDEOCONFERENCIA NA PÁXINA DE DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA:

http://tesmoitalingua.blogspot.com.es/