ACTIVIDADES NO CENTRO

O CPI Conde de Fenosa estivo levando a cabo, grazas a colaboración coa ANPA do noso centro  e coa Policial Local de Ares, unhas charlas de educación vial, acompañadas con saídas ao Museo do Humor  e o Parque de Educación Vial en Barallobre-Fene, así como as visitas aos vehículos policiais que permaneceron no día de hoxe (27 de Abril) na Pista polideportiva do centro. As actividades está dirixidas ao alumnado tanto de Primaria como de Secundaria aínda que nas visitas aos vehículos tamén participaron o alumnado de Infantil.