Complementarias

NOVAS GAÑADORAS


  • GAÑADORA DO "I CONCURSO DE RELATO CURTO".

A Comunidade educativa do CPI Conde de Fenosa , quere felicitar a nosa alumna Ana Martinez, de 1º ESO, gañadora do 1º Concurso de Relato Curto organizado polo Concello de Ares cun relato titulado " A pedra de Luar" co gallo do Día das Letras Galegas.


Os nosos parabéns.


 



  • GAÑADORA DO RELATO CURTO DE NOVOS TALENTOS CONCURSO DE COCA-COLA.

Raquel PÉREZ RIVERA, DE 2º de ESO quedou gañadora da Fase Provincial do "Concurso COCA-COLA de novos talentos Premio Relato Curto", e acudirá á Entrega de Premios que terá lugar o vindeiro venres, 24 de maio ás 19:45h. no Salón Rexio da Sociedade Círculo de la Artes de Lugo. A Comunidade Educativa quere dende aquí darlle os nosos parabéns.



¡¡¡ GAÑADORAS DA FASE AUTONÓMICA DO CONCURSO DA ONCE!!!!

 REITERAMOS OS NOSOS PARABÉNS AO GRUPO DE RAPAZAS DE 3º ESO, "LAS CAMBIACONCIENCIAS" FORMADO POR Laura Pita, Sara Martínez e Judith Rouco de 3º ESO, dirixidas pola profesora Yolanda Castro López, GAÑADORAS NA FASE AUTONÓMICA DO CONCURSO DA ONCE QUE PASAN DIRECTAMENTE Á FASE NACIONAL NA CATEGORÍA D. Ánimo e seguir coa concienciación. Grazas polo voso traballo.Aquí podedes velo vídeo gañador: 


 


VISITA DO ALUMNADO DE INFANTIL AO MUSEO DE BELAS ARTES DE A CORUÑA

O pasado día 30 de Abril o alumnado de Infantil (4º A, 5ºA e 6º A) asistiron ao Museo de Belas Artes de A Coruña e disfrutaron dunha visita guiada das que deixamos a seguinte presentación:



Presentación de diapositivas: Museo - Diapositivas

VISITA A CORUÑA ORGANIZADA POLOS DEPARTAMENTOS DE PLÁSTICA E DE FÍSICA E QUÍMICA DO ALUMNADO DE 4º ESO

O pasado día 10 de abril tocou saída chea de experiencias.

  • Os alumnos de Jorge(Fca-Qca) foron ao Instituto Galego de Consumo e ao Hospital Materno-Infantil.
  • O grupo de Marisa (EPV) foi ao Museo da Ciencia e Tecnoloxía MUNCYT e á exposición de Daniel Canogar no Museo de Arte Contemporánea. 

O día foi moi intenso. Explicacións, obradoiros .... Nin o corte de electricidade xusto na hora de comer, nin a choiva da tarde puideron con nós.

Non paramos. Podedes ver o que disfrutaron da viaxe na seguinte presentación:

Visita a A Coruña on PhotoPeach

GAÑADORAS DO CONCURSO PROVINCIAL DA ONCE

REITERAMOS OS NOSOS PARABÉNS AO GRUPO DE RAPAZAS DE 3º ESO, "LAS CAMBIACONCIENCIAS" FORMADO POR Laura Pita, Sara Martínez e Judith Rouco de 3º ESO, GAÑADORAS NA FASE AUTONÓMICA DO CONCURSO DA ONCE QUE PASAN DIRECTAMENTE Á FASE NACIONAL NA CATEGORÍA D.


 


 


Damos os nosos parabéns ao grupo "LAS CAMBIACONCIENCIAS" (Laura Pita, Sara Martínez e Judith Rouco de 3º ESO) que resultou gañador da fase provincial do Concurso Escolar da ONCE na categoría D, baixo o lema "A cápsula do tempo: a aventura de construir o futuro"os nosos alumno/as imaxinaron como sería a sociedade do mañá en relación á dispacidade e a igualdade de oportunidades..Pasan directamente á fase autonómica e lles desexamos o mellor. Xa por este premio recibirán unha webcam.Adxunto reseña da noticia nos xornais:  Aquí podedes velo vídeo gañador: 


 


OBRADOIRO DE CANTO E BAILE A CARGO DE EMILIO MESÍAS FARÍAS

O EDL organizou un "Obradoiro de iniciación ao canto e o baile” impartido por Emilio Mesías.  Mediante o baile os alumnos tomaron consciencia do espazo e das partes do seu corpo ademais de traballar e aprender cancións infantís con rítmicas sinxelas acompañadas de bailes, movementos e xogos.
Damos as grazas a Emilio pola desinteresada na  realización deste obradoiro.

Aquí tedes un pequeno vídeo do que foi a actividade:  

Traballo realizado sobre o obradoiro pola nosa Dinamizadora: Yolanda Castro López:

XX CONCURSO "CANGURO MATEMÁTICO 2013"

O xoves, 21 de marzo, realizáronse no noso centro as probas do "XX Concurso Canguro Matemático 2013".

Na presente edición participaron 25 alumnos/as de tódos os niveis de secundaria.

As probas realizáronse dende as 16:15h ata as 17:30h. Durante este tempo o alumnado tivo que facer fronte a 30 preguntas en grao crecente de dificultade.

As probas foron diferentes segundo o nivel ao que pertenza o alumnado.

¡¡¡¡¡MOITA SORTE A TOD@S OS PARTICIPANTES E MOITAS GRAZAS POLO VOSO INTERESE!!!!

EXCURSIÓN ALUMNADO DE 6º PRIMARIA

O alumnado de 6º de E.P. foi de excursión o pasado día 20 de marzo na que poideron visitar:

1. A Aula da Natureza de Brañas de Valga en Mesía, onde realizaron unha visita guiada cunha monitora moi agradable, Bea. (pola mañá)

2. Visita da Catedral e do Museo do Pobo Galego en Santiago (pola tarde).

Pasaron un día moi divertido.

Podedes visualizar a viaxe na seguinte presentación:

 

EXCURSIÓN DO ALUMNADO DE 5º DE PRIMARIA Á CORUÑA

O alumnado de 5º de E.P. foi o pasado día 13 de marzo á Coruña e pasouno moi ben.

Xa de camiño na autoestrada vimos un pouco de neve, pero logo tivemos un día moi bo.

 

No centro cultural ÁGORA escoitamos un concerto didáctico:AS FORMAS DO NOSO FOLCLORE a cargo da Banda Municipal de Coruña.

 

Logo xantamos e visitamos a Domus.

 

Pola tarde fomos a Casa das Ciencias ,onde estivemos nunha sesión no PLANETARIO e aprendemos o nome dalgunhas estrelas e constelacións. Gustounos moito.

Déixovos una presentación da viaxe:

 

 

DEBATE DO PARLAMENTO XOVE- EDICIÓN 2013

 

Hoxe 15 de febreiro, dan inicio, no Pazo de Mariñán en Bergondo, os debates do Parlamento Xove 2013 que continuarán ata mañá, 16 de febreiro, logo dunha extensa etapa de formación iniciada o pasado outubro.

Trátase dunha competición de debate organizada pola Dirección Xeral da Xuventude e do Voluntariado, na que os equipos representantes de centros educativos de toda Galicia empregan a oratoria para defender un determinado posicionamento acerca dun tema proposto pola organización.

Este ano, a temática elixida é “o consumo responsable” na xuventude e os debates preliminares xirarán en torno á seguinte pregunta: “ESTÁ A SERVIR A CRISE ECONÓMICA GLOBAL PARA QUE A XUVENTUDE TOME CONCIENCIA DUN CONSUMO RESPONSABLE?”.

A dificultade da actividade está en que tan só cinco minutos antes de cada encontro dialéctico se dá a coñecer se lles corresponde responder “a favor” ou “en contra” á cuestión formulada pola organización.

Tódolos equipos (formados por un máximo de catro alumnos e un profesor) investigaron durante os pasados meses e agora contrapoñen as súas ideas e datos; dende un punto de vista educativo, traballan tódalas competencias lingüisticas (comprensión e expresión escrita e oral) ao incluirse un premio especial de artigos e outro de dossieres de investigación.

Noso centro estará representado por un grupo de 4 alumnos: Roberto Rivas Couce, Marina García Canedo e Laura Ordóñez López de 4º ESO con Clara Morado Morgado de 3º ESO coordinados polo profesor Xoan Barrio Saa de L. Galega.

Desexámoslles un grande éxito e nosos parabéns polo traballo xa realizado. Adxuntamos fotografía de 3 dos 5 participantes.

 

Distribuir contido