Complementarias

AGRADECEMENTO AO CPI E ÁS FAMILIAS E CONCELLO DE ARES

Aprezado alumnado, profesorado do CPI,  familias e Concello de Ares:

Dende a Dirección queremos agradecervos a vosa entrega e demostración de solidariedade que cada curso escolar demostrades coa participación cada vez maior nas campañas propostas, especialmente na Carreira Km. de Solidariedade, programa de educación en valores colaborando coa ONG "SAVE THE CHILDREN".N o presente curso académico participou por primeira vez todo o alumnado e profesorado do centro.

Grazas tamén á atleta Paula Mayobre que, outro ano mais, acompañou durante toda a xornada ao alumnado nesta actividade.
Mención tamén aos establecementos colaboradores (Floristería Real e a Frutería de Mari), ao Concello de Ares, Policía Local e Protección Civil.
Fruto da vosa solidariedade os 1.130,43 euros recadados axudarán a que os nenos e nenas de Malí teñan a oportunidade de ir á escola e gozar do DEREITO Á EDUCACIÓN.

 

Tamén vos deixo a carta de agradecemento enviada pola Organización, no seguinte enlace:

CARTA DE AGRADECEMENTO

 

Podedes ver  os vídeos demostrativos da xornada celebrada o pasado 18 de decembro de 2014 no seguinte enlace:

http://tesmoitalingua.blogspot.com.es/2014/12/exito-da-iv-carreira-quilometros-de.html

Parabéns a tod@s e grazas de novo pola vosa implicación e colaboración.

RESUMO DE ALGUNHAS ACTIVIDADES DO CURSO 2013-2014

A Dirección do CPI Conde de Fenosa desexa a toda a comunidade educativa do centro (Alumnado, familias e profesorado) unhas felices e gratificantes vacacións. O descanso é ben merecido polo traballo ben feito durante o curso, mostra diso son os seguintes vídeos que amosan diferentes actividades levadas a cabo ao remate de curso

 Excursión de alumnado de 6º E,P, á granxa -escola en Castropol (Asturias). (cunha carta emotiva de despedida do alumnado ao profesorado, pódese visualizar no blog da Biblioteca: Carabela de Ares)

 

 E outras realizadas no centro como:

Obra de Teatro : O Incrible neno devorador de libros (representada polo alumnado da ESO para o alumnado de Infantil)

 

Roteiro Ares-Chanteiro : (Todo o alumnado e profesorado da ESO)

GAÑADORES DO CONCURSO PROVINCIAL DA ONCE

O alumnado de 3º ESO do noso centro escolar resultaron gañadores no Concurso Provincial da ONCE. Dende a Direcciáon do CPI agradecemos o traballo realizado tanto polo profesorado como polo alumnado (grandes artistas) e seguimos mantendo a ilusión no traballo ben feito defendendo o ensino público.

  Este ano co  lema de "O Día da ilusión”, invítasenos a reflexionar sobre ela como motor da sociedade que nos empurra a superarnos, a perseguir as nosas metas, proxectos e soños.  Para elo se nos pedíu que desenvolvéramos un spot publicitario que mostre por que é tan importante protexela e difundila. E os alumnos e alumnas da ESO puxeronse mans a obra.

A visualización dos diferentes traballos quedan reflexados no seguinte enlace:

http://tesmoitalingua.blogspot.com.es/2014/03/o-dia-da-ilusion-30-concurso-escolar.html

Aquí tedes o precioso  vídeo gañador:

 

EXPOSICIÓN METEROLOXÍA

Debido á celebración do día mundial da Metereoloxía (21 de marzo) no centro realizáronse 2 exposicións de material bibliográfico cedido pola Biblioteca e diversos departamentos como o de Francés, así como a  Coordinación do Plan Proxecta: Meteoescolas.

No seguinte enlace podedes visualizar estas exposcións que rematan no día de hoxe 28 de abril.

EXPOSICIÓN METEROLOXÍA

V EDICIÓN do "PREGUNTÓN"

O día 24 de Marzo comeza a V edición do "PREGUNTÓN" organizado polo Equipo de Dinamización Lingüística do noso centro.

Podedes consultar as bases no blog e no  seguinte enlace: 

PREGUNTÓN

Animamos a todos a participar neste concurso que cada vez ten máis adeptos.

V EDICIÓN do "PREGUNTÓN"

O día 24 de Marzo comeza a V edición do "PREGUNTÓN" organizado polo Equipo de Dinamización Lingüística do noso centro.

Podedes consultar as bases no blog e no  seguinte enlace: 

PREGUNTÓN

Animamos a todos a participar neste concurso que cada vez ten máis adeptos.

Música no corredor. Nadal 2013.

Ainda que con retraso vos deixo os videos das cancións que cantamos e tocamos para felicitarnos o nadal e despedir o ano 2013.  http://www.youtube.com/playlist?list=PLOzYJLJ_mCGVfCb4be4nkq-IQPORNjG53&feature=mh_lolz

ENTROIDO 2014

ENTROIDO  2014

Un ano mais está aquí o Entroido e coma sempre chega cos seus mandados:

  • Mañá Martes,  que pintáramos todos a cara, cada un como queira.

 

  • O Mércores 26, olvidámonos da pintura da cara e colocamos adornos na nosa vestimenta.

 

  • O Xoves 27, imos poñer algo amarelo para pedir ao sol-solete que o venres non se olvide  que imos desfilar polas rúas e queremos un bo día.

 

O Venres 28 celebraremos a  gran FESTA:

  • En  INFANTIL e PRIMARIA. 

A festa comezará cun pasarrúas pola vila.

 Saída do colexio aproximadamente ás 10:30h. continuando por:

 ·         Avenida de Mugardos

·        

Real

·        

Plaza da igrexa

·        

Saavedra Meneses. 

A continuación os nenos/as de Infantil regresarán ao colexio e os de Primaria continuarán polas rúas.

As 12:15h, xa no colexio, os nenos/as degustarán doces típicos do Entroido. Solicitamos a colaboración das familias para que cada alumno traia un doce típico desta época do ano nun envase que se poida tirar (papel, bolsa…) O colexio correrá cos gastos das bebidas. Todos os alumnos recibirán un paquete de caramelos doados polo Concello.

No caso de que chovera  suspenderíase o pasarrúas pola vila e o desfile faríase na pista do colexio (11:00h) ao que poderían asistir as familias

  • En SECUNDARIA

A partir das 11:20h. comezará no Pabillón Polideportivo a exhibición de diferentes  coreografías e bailes de disfraces.

Aproveitarase o evento para entregar os premios da III Semana Problemática, organizada polo Departamento de Matemáticas, aos gañadores de cada día.        

 A saída  será á 13:30h (ás 13:25h en infantil). Non haberá comedor.                                   

  Grazas a todos pola súa colaboración. 

PLAN CONSUMO DE FROITAS FRESCAS

No  presente curso escolar,   foi aprobada a nosa solicitude do Plan de Consumo de froitas frescas, subvencionada polo FOGGA (Fondo Galego de Garantía Agraria), Consellerías de Sanidade e a de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria (Resolución do 23 de setembro de 2013 (DOG 185 venres 27 de setembro). nas seguintes semanas:

  • Semana do 3 ao 7 de febreiro.

  • Semana do 10 ao 14 de marzo.

  • Semana do 5 ao 9 de maio.

Polo tanto, repartiremos nos recreos de cada día unha froita segundo á época : plátanos, melocotóns, mazás, peras, ....

  • O reparto será para todo o alumnado agás os que teñan intolerancia á frutosa ou outro problema médico que lle impida ese consumo(diabetes…).

 

( Teñan en conta este dato á hora de enviarlles a merenda)

Na semana do 3 ao 7 de febreiro foron repartidas as seguintes froitas: Mazá, plátano, mandarina, pera e mazá; cunha grande acollida por parte do alumnado. 

SEMANA PROBLEMÁTICA

 

 

 

CONCURSO:

 III SEMANA PROBLEMÁTICA

CPI CONDE DE FENOSA

del 17 al 21 de Febrero

Normas del concurso:

  • El concurso consiste en resolver un problema matemático cada día. Los enunciados de los problemas aparecerán a primera hora en el tablón de entrada (del alumnado) y en cada una de las aulas. Los podréis resolver a lo largo de la mañana y depositar la respuesta, junto con el procedimiento seguido, en la urna que habrá en el hall del centro.

  • En cada hoja que depositéis en la urna debe aparecer obligatoriamente: título del problema, nombre, apellidos, curso y grupo del alumno/a.

  • En la urna sólo podrán depositarse la resolución del problema de ese día, nunca de otro día anterior.

  • Las soluciones a los problemas se publicarán al día siguiente de su planteamiento.

  • Premios: Cada día habrá un premio para el ganador/a y su nombre será publicado la semana siguiente a la finalización del concurso. En el caso de haber más de un ganador/a un mismo día, se sorteará el premio entre ellos/as (limitado a un premio por persona, excepto que sea el único ganador/a del día).

 

¡ANÍMATE Y PARTICIPA!

Distribuir contido