Complementarias

TEATRO NO NOSO CENTRO

O alumnado de 3º de ESO- PDC, participou na representación dunha obra de Teatro (versión da "CINCENTA" ) para os compañeiros máis pequenos do centro. A obra foi preparada pola profesora de Lingua Castelá: Aida Rodríguez e o coro no que participou alumnado de 3º e 4º ESO preparado e musicado pola profesora de Música: Teresa Frieiro.


O noso alumnado participou nunha sesión de teatro moi divertida, e foi un punto de encontro máis entre os maiores e os pequenos do noso centro, resultando unha xornada moi agradable.


Podedes ver a representación no seguinte enlace ou ben no blog de Dinamización lingüística "Tesmoitalingua":


http://tesmoitalingua.blogspot.com.es/


http://youtu.be/oF2RQsw11H8


Parabéns para todos e a seguir traballando así  de ben.

MUSEO do HUMOR

O pasado 29 de febreiro o alumnado de 1º e 2º de Primaria (68) do noso centro asistiu a unha visita do Museo do Humor e ao Parque de Educación viaria en Fene.

 

No Museo do Humor, realizaron unha visita guiada, asistiron á presentación dunha proxección sobre a exposición “O humor e os dereitos da infancia” e, ao remate, participaron nun taller de pintado de debuxos e realización de ilustracións humorísticas. O percorrido dos alumnos do colexio Conde de Fenosa coincidiu cunha visita dun equipo do programa A Revista da TVG que realizou un directo dende o Museo do Humor (Pódese visionar dende a web da CRTVG (http://www.crtvg.es/tvg/programas/a-revista).

 

O mesmo alumnado participou tamén nos obradoiros de educación viaria que se imparten no antigo apeadoiro de Barallobre e nos que se lles ofrece a posibilidade de conducir karts, bicicletas e triciclos por un circuito sinalizado.

Exemplos das actividades realizadas polo noso alumnado son:

1º CERTAME de FOTOGRAFÍA.. ANPA do CPI "Conde de Fenosa"

O pasado
día 27 de Maio, reuniuse o xurado do 1º Certame de Fotografía
sobre a riqueza medioambiental de Ares, para o alumnado da ESO,
organizado polo ANPA do C.P.I. “Conde de Fenosa” de Ares, en
colaboración co profesorado do centro, especialmente a profesora
Marisa Areal.

O Xurado
estaba composto por :

Ana
Martínez, Concelleira de Cultura do Concello de Ares

Álvaro
Franco, representante das familias do noso alumnado

Mayolla
Dragó, Vicepresidenta do ANPA

Adrián
Pérez, antigo alumno do centro

Mariam
Belrhlid, antiga alumna do centro

Marisa
Areal, profesora de Educación Plástica e Visual

Blanca
Cortizas, profesora de Tecnoloxía.

Despois
da visualización das fotografías, e trala 1ª votación, foron máis
votadas 3 fotografías cun empate técnico de 2 .

Polo
tanto, realízase unha 2ª votación e resulta
gañadora
a fotografía titulada “
estacas

que
corresponde a alumna de 4º ESO,
Anais
Prieto,
a
quen desde aquí queremos dar a
noraboa.

Os
outros 2 finalistas corresponden as fotografías :

ceo
rosa”,
de
Aldara Vilar,
alumna de 4º ESO e

“xunqueira”
de
Javier Cendán,
alumno de 3º ESO.

De
todos os xeitos queremos felicitar a tod@s
@s participantes porque saben valorar a riqueza Mediomabiental de
Ares, e esperamos que o vindeiro Certame teña, se cabe, máis
participación. Ánimo.

Invitarvos a consultar no blog do Equipo de Dinamización lingüística do Colexio: "Tesmoitalingua"

Distribuir contido