Complementarias

DÍA DA PAZ E A NON VIOLENCIA

A derradeira semana de xaneiro, celebrouse no noso centro o Día da Paz e da non violencia, realizándose varias actividades entre as que queremos destacar:

  • A lectura dun conto por parte de todos os alumnos de 6º de E.P." A pomba dona Paz" .Información que pode visualizarse no blog da nosa Biblioteca: http://carabeladeares.blogspot.com.es/
  • Un conto que os rapaces e rapazas de 2º ESO B xunto cos de 4º ESO de plástica e música, lles contaron aos pequerrechos de infantil. O nacemento do dragón”. Información que pode visualizarse no blog de Dinamización Lingüística: http://tesmoitalingua.blogspot.com.es/

    Agradecer o traballo do profesorado e do alumnado que sempre está disposto a colaborar activamente na realiización das actividades propostas.

CELEBRACIÓN DO ENTROIDO

 

O vindeiro venres, 8 de febreiro, celebraremos no CPI a festa do Entroido .

 

  • En INFANTIL E PRIMARIA

A festa comezará cun pasarrúas pola vila.

Saíremos do colexio aproximadamente ás 10:30h. continuando por:

  • Avenida de Mugardos

  • Real

  • Praza da igrexa

  • Saavedra Meneses.

    A continuación os nenos/as de Infantil regresarán ao colexio e os de Primaria continuarán polas rúas.

    No caso de que chovera suspenderíase o pasarrúas pola vila e o desfile faríase na pista do colexio (11:00h) ao que poderían asistir as familias.

    As 12:15h., xa no colexio, os nenos/as degustarán doces típicos do Entroido grazas a ANPA e ao colexio. Todos os alumnos/as recibirán un paquete de caramelos doados polo Concello.

 

  • En SECUNDARIA

    Haberá clase ata as 11:00h. e a continuación disfrazaranse.

    Ás 11:15h. irán cara o pavillón para realizar as Coreografías.

 

  • SAÍDA

A saída será á 13:30h. (ás 13:25h en infantil). Non haberá comedor.

GAÑADOR DO PROXECTO DE CENTRO ORGANIZADO POR EDUCABARRIÉ

A Dirección do CPI Conde de Fenosa, felicita ao profesorado implicado na presentación do  proxecto :  " Elaboración na ESO dunha guía visual bilingüe do medio intermareal e fluvial con aplicación para dispositivos móbiles: tablets e smartphones" (Jorge Gutierrez Maroto, Luisa Corredoira Gómez e Pilar Molina); que resultou seleccionado por EducaBarrié na convocatoria de proxectos educativos 2012-2013 . 

O obxectivo deste proxecto é promover a investigación directa da natureza que nos rodea e o emprego de novas tecnoloxías no alumnado da ESO dende as áreas de física e química, ciencias da natureza, lingua galega e lingua inglesa, para así elaborar unha guía visual, impresa en papel  que recollerá a información do medio ambiente da contorna do noso centro, e poderase trasladar toda a información a través de dispositivos móbiles (smartphones, tablets e portátiles..) grazas ás aplicacións de lectores QR.

Educabarrié é o espazo de encontro e intercambio de coñecemento dirixido á Comunidade Educativa da Fundación Barrié.

Este proxecto de centro  levarase a cabo durante este curso escolar  grazas a subvención de Educabarrié .

Máis información na web: www.educabarrie.org

ÁNIMO e grazas polo voso traballo e esforzo.

CONCURSO "II SEMANA PROBLEMÁTICA"

O Departamento de Matemáticas organiza o Concurso "II SEMANA PROBLEMÁTICA" para todo o alumnado de ESO, dende o 28 de xaneiro ata o 1 de febreiro.

Como no pasado curso escolar o concurso consiste:

  • Resolver un problema matemático cada día, que aparecerán no taboeiro das aulas do alumnado a 1ª hora da mañá e deberán resolvelo na mesma mañá depositando o resultado na urna que estará na Entrada do centro.
  • Depositareis co resultado o Título do problema, o nome e apelidosm curso e grupo do alumno.
  • Só a resposta do problema dese día.
  • As solucións aos problemas publicaranse ao día seguinte.
  • Os premios : Cada día haberá un premio para o gañador/a e o seu nome será publicado á semana seguinte dsa finalización do concurso. Se hai más dun gañador sortearase o premio entre eles.

 

ANÍMATE E PARTICIPA

FELICES FESTAS

Pro fin a 3ª parte do festival do Nadal , protagonizada polo alumnado de 5º e 6º de Primaria

 

2ª parte do Festival de Nadal en Primaria (3º e 4º E.P.).

 

1ª parte do Festival de Nadal en Primaria (1º e 2º E.P.).

 

A Comunidade educativa do CPI Conde de Fenosa, deséxavos: FELICES FESTAS e FELIZ ANO 2013

 

VENRES DE LOITA POLA DEFENSA DO ENSINO PÚBLICO

Un grupo de profesores tomaron a iniciativa de manifestarse de loito todos os venres para reivindicar a súa DEFENSA DO ENSINO PÚBLICO

 

 

VENRES DE LOITA POLA DEFENSA DO ENSINO PÚBLICO

TUNEANDO a ENTRADA DE PRIMARIA

O alumnado do 1º Ciclo de Primaria xunto coas súas profesoras, propuxéronse tunear adecentando así a entrada de Primaria.


Podedes ver unha pequena mostra coas fotos do alumnado de 1º EP A, dirixidos pola profesora Amelia, en pleno traballo .



ENCONTRO de alumnos de MÚSICA de ESO en NARÓN

O 24 de maio, os alumnos de 3º ESO A e algúns de 4º, participaron no  1º Encontro de Alumnos de Música de Secundaria que se celebrou durante a mañá no auditorio de Narón.


Tedes máis información no blog de normalización lingüística: http://tesmoitalingua.blogspot.com.es/


CONCERTO DIDÁCTICO

O pasado día 25 de maio os alumnos de 3º de ESO acodiron ao Concerto Didáctico "Romeo e Xulieta" no Palacio da ópera da Coruña.


A obra foi unha adaptación para marionetas do conocido ballet de Prokofiev.



O concerto correu a cargo da orquestra sinfónica de Galicia e a montaxe das marionetas foi levada a cabo pola compañía Per Poc.

O CPI "CONDE DE FENOSA" GAÑADOR PROVINCIAL DO 28 CONCURSO ESCOLAR DA ONCE

O grupo de 2º da ESO composto pol@s alumn@s: Judith Rouco Filgueiras, Antonio Lemos Margaretto, Laura Pita Sánchez, Lucía Rodríguez Buyo, Felipe Oltra Crespo, Daniel Domínguez Leira y Ainhoa Somorrostro Fernández gañaron cun videoreportaxe o 28 Concurso Escolar organizado pola ONCE a nivel provincial co lema de "Fai o teu barrio accesible". Posteriormente,  pasarán a unha fase autonómica e logo á fase nacional.


Parabéns a todos e a seguir cosechando os froitos do voso traballo .


Podedes ver toda a información no blog de Dinamización lingüística:


http://tesmoitalingua.blogspot.com.es/


 

Distribuir contido