Matemáticas

IV Semana Problemática

O Departamento de matemáticas organiza como ben sendo habitual o CONCURSO:

IV SEMANA PROBLEMÁTICA no CPI CONDE DE FENOSA

DATAS do 2 ao 6 de Febreiro

Normas do concurso:

– O concurso consiste en resolver un problema matemático cada día. Os

enunciados dos problemas aparecerán a primeira hora no taboeiro de entrada (do

alumnado) e en cada unha das aulas. Os podedes resolver ao longo da mañá e

depositar a resposta, xunto co procedemento seguido, na urna que haberá no

hall do centro.

– En cada folla que depositedes na urna debe aparecer obrigatoriamente: título do

problema, nome, apelidos, curso e grupo do alumno/a.

– Na urna só poderá depositarse a resolución do problema dese día, nunca doutro día anterior.

– As solucións aos problemas publicaranse ao día seguinte do seu plantexamento.

– Agasallos : Cada día haberá un agasallo para o/a gañador/a e o seu nome será publicado á

semana seguinte á finalización do concurso. No caso de haber mais dun

gañador/a nun mesmo día,  sortearase o premio entre eles/as (limitado a un premio

por persoa, agás que sexa o único gañador/a do día).

¡ANÍMATE Y PARTICIPA!

EXPLICACIÓNS DE MATEMÁTICAS

O departamento de Matemáticas pon en marcha unha aplicación onde podedes visulizar as explicacións que realizan dos diferentes temas as profesoras da materia:

 

 

SEMANA PROBLEMÁTICA

 

 

 

CONCURSO:

 III SEMANA PROBLEMÁTICA

CPI CONDE DE FENOSA

del 17 al 21 de Febrero

Normas del concurso:

  • El concurso consiste en resolver un problema matemático cada día. Los enunciados de los problemas aparecerán a primera hora en el tablón de entrada (del alumnado) y en cada una de las aulas. Los podréis resolver a lo largo de la mañana y depositar la respuesta, junto con el procedimiento seguido, en la urna que habrá en el hall del centro.

  • En cada hoja que depositéis en la urna debe aparecer obligatoriamente: título del problema, nombre, apellidos, curso y grupo del alumno/a.

  • En la urna sólo podrán depositarse la resolución del problema de ese día, nunca de otro día anterior.

  • Las soluciones a los problemas se publicarán al día siguiente de su planteamiento.

  • Premios: Cada día habrá un premio para el ganador/a y su nombre será publicado la semana siguiente a la finalización del concurso. En el caso de haber más de un ganador/a un mismo día, se sorteará el premio entre ellos/as (limitado a un premio por persona, excepto que sea el único ganador/a del día).

 

¡ANÍMATE Y PARTICIPA!

XX CONCURSO MATEMÁTICO EUROPEO 2013

O alumno, José Manuel Montero Martínez foi o gañador do centro no XX CONCUSO MATEMÄTICO EUROPEO 2013 que tivo lugar o pasado día 21 de marzo de2013.

No Concurso participaron 25 alumnos e alumnas do noso centro e de diferentes niveis, repostando a preguntas e problemas en orden crecente de dificultade.

Noraboa a José Manuel e a todas e todos os que participaron.

¡Ánimo e esperámosvos o vindeiro curso escolar!.

 

 

XX CONCURSO "CANGURO MATEMÁTICO 2013"

O xoves, 21 de marzo, realizáronse no noso centro as probas do "XX Concurso Canguro Matemático 2013".

Na presente edición participaron 25 alumnos/as de tódos os niveis de secundaria.

As probas realizáronse dende as 16:15h ata as 17:30h. Durante este tempo o alumnado tivo que facer fronte a 30 preguntas en grao crecente de dificultade.

As probas foron diferentes segundo o nivel ao que pertenza o alumnado.

¡¡¡¡¡MOITA SORTE A TOD@S OS PARTICIPANTES E MOITAS GRAZAS POLO VOSO INTERESE!!!!

ENTREGA DE PREMIOS "II SEMANA PROBLEMÁTICA"

O Departamento de Matemáticas realiza a entrega dos premios do concurso " II Semana Problemática" hoxe 15 de febreiro no 2º recreo da ESO.

Agradecer a participación do alumnado que traballou e esforzouse na resolución de cada problema exposto cada día nos seus taboleiros.

Ánimo e a seguir participando.

CONCURSO "II SEMANA PROBLEMÁTICA"

O Departamento de Matemáticas organiza o Concurso "II SEMANA PROBLEMÁTICA" para todo o alumnado de ESO, dende o 28 de xaneiro ata o 1 de febreiro.

Como no pasado curso escolar o concurso consiste:

  • Resolver un problema matemático cada día, que aparecerán no taboeiro das aulas do alumnado a 1ª hora da mañá e deberán resolvelo na mesma mañá depositando o resultado na urna que estará na Entrada do centro.
  • Depositareis co resultado o Título do problema, o nome e apelidosm curso e grupo do alumno.
  • Só a resposta do problema dese día.
  • As solucións aos problemas publicaranse ao día seguinte.
  • Os premios : Cada día haberá un premio para o gañador/a e o seu nome será publicado á semana seguinte dsa finalización do concurso. Se hai más dun gañador sortearase o premio entre eles.

 

ANÍMATE E PARTICIPA

PREMIOS "CANGURO MATEMÁTICO"

Os gañadores desta edición do "Canguro Matemático 2012", a nivel do noso centro, CPI Conde de Fenosa" son:



  • Bran Rodríguez Sampedro (3º ESO B)

  • Julián Sixto Sánchez (3º ESO B)

O concurso tivo lugar o día 15 de marzo e consistía na realización dunha proba tipo test de 30 cuestións matemáticas por niveis.


Participaron 46 alumnos/as de todo o centro, dos que obtiveron a máxima puntuación Bran e Julián, que serán obsequiados cun lote de libros cada un.


¡ Noraboa a os gañadores e tamén a todos os participantes, e que sigades tendo tanta interese e curiosidade polas matemáticas!.


 


 

ACTIVIDADES DO DEPARTAMENTO DE MATEMÁTICAS DA ESO

PREMIO NO "XX RALLYE MATEMÁTICO SEN FRONTEIRAS"

Os gañadores da vixésima edición do “Rallye Matemático sen Fronteiras”, organizado por AGAPEMA (Asociación Galega de Profesores de Matemáticas), son 13 alumnos de 3° de ESO do Centro Público Integrado “Conde de Fenosa” de Ares.

Os 13 estudantes de 3° ESO-B do CPI Conde de Fenosa foron os gañadores do xa tradicional Rallye Matemático celebrado en Galicia e norte de Portugal. A proba realizouse o pasado 19 de marzo e consistía en resolver de forma grupal durante 1 hora seis problemas matemáticos.

O galardón o compartirán cun grupo de 4º ESO do CPI de Zas. Como recompensa, a organización concederalles unha dotación económica de 3.000 euros doados pola Consellería de Educación e Educa Barrié para sufragar os gastos da viaxe a Toulouse, en Francia, onde se celebrará,o próximo 1 de xuño, á gran final, na que competirán contra estudantes doutros países.

Con esta actividade Agapema pretende favorecer o traballo en equipo entre os estudantes de Secundaria, revalorizar a imaxinación e a creatividade destes xóvenes e facer vivir as matemáticas a través de situacións orixinais.

Os alumnos gañadores coa profesora: María Segura Torres

 

 

 

ACTIVIDADES DE MATEMÁTICAS

 Durante estos días o alumnado do CPI Conde de Fenosa participa en 2 competicións matemáticas:

  • O día 15 de Marzo, 46 alumnos realizaron as probas do XIX CONCURSO CANGURO MATEMÁTICO EUROPEO 2012 que consta de 30 preguntas tipo test realizadas individualmente.

  • O día 19 do mesmo mes, tres gruposde 2º ciclo de ESO participan no XX RALLYE MATEMÁTICO SEN FRONTEIRAS , que organiza a sociedade matemática AGAPEMA. No Rallye todo o equipo resolverá nunha hora 6 problemas.

     

    Os conscursos e competicións matemáticas teñen unha grande acollida entre o alumnado deste centro educativo, como poido comprobarse có éxito na I SEMANA PROBLEMÄTICA organizada polo Departamento de Matemáticas celebrada ba última semana de febreiro. Por iso a todo o alumnado dámoslle os nosos parabéns.

     

Distribuir contido