Skip to Content

Grupos, Horarios - Grupos, Matrícula, Bolsas - Axudas , Lexislación, Libros de Texto, Documentación xeral e impresos, Faltas de asistencia. Procedemento, Validacións- Titulacións, FSE Contratos Programa, ARCO, Avisos

Comunicación conxunta das Consellerías de Sanidade e Educación sobre a recomendación do uso de máscaras nos patios dos centros educativos - 18/03/2022

   
Para ver o comunicado, prema aquí

Nube de sentimentos. Emociona-T. CPInclúe.

O alumnado, profesorado e persoal de administración e servizos do I.E.S. de Cotobade participou na iniciativa do departamento de Lingua e Literatura galega para dedicarlle catro versos a aquela persoa, lugar, animal ou cousa que lle rouba os sentidos.

A profesora de EPVA, Beatriz Pérez Espiña, encargouse de darlle forma a tanto corazón recreando esta nube dos sentimentos. 

Parabéns polo resultado final a todas e todos os participantes e pola creatividade e implicación de Bea. 



Actividade enmarcada e financiada pola actuación Emociona-T de CPInclúe.

Prazas vacantes para o curso 2022-2023

  
Para ver a listaxe de vacantes, prema no arquivo PDF adxunto.

Tanto a listaxe de vacantes como a listaxe de reservas asignadas ao alumnado de centros adscritos pódense consultar no tablón de anuncios da Secretaría do centro.

 

2º reparto de máscaras cirúrxicas ao alumnado beneficiario

Segundo a ORDE do 28 de outubro de 2021 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes públicos dependentes desta consellería, así como en centros privados concertados, no curso 2021/22 (código de procedemento ED330E), o vindeiro martes 22 de febreiro, procederase ao segundo reparto de máscaras cirúrxicas ao alumnado beneficiario.

  • 1 caixa de 50 máscaras cirúrxicas por alumno/a dando cobertura ata o vindeiro 9 de maio de 2022.

Contabilízanse unha máscara diaria e dúas para os martes para o seu uso en período lectivo, de acordo cos criterios recollidos na Orde do 28 de outubro de 2021.

Inicio do procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso 2022/2023

Fase de reserva de prazas en centros de adscrición

De conformidade coa disposición adicional primeira da Orde do 12 de marzo de 2013 que regula o procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos, o 11 de xaneiro de 2022 inícianse os trámites do procedemento (código ED550A), coa reserva de praza nun centro de adscrición para alumnado que cambia de etapa.

3 de Decembro. Día das Persoas con discapacidade.

O pasado venres 3 de decembro, a nosa comunidade educativa uniuse para celebrar o día internacional das Persoas con Discapacidade.

Uno ano máis, seguindo o lema "Baixo o mesmo paraugas", alumnado, profesorado e persoal de administración e servizos do IES de Cotobade uniuse para celebrar a diversidade.

Posando con distintos paraugas de cores, realizouse unha reportaxe fotográfica que recolle a nosa diversidade. Coa financiación da Unión Europea, a través da acción INCLÚE-T, do programa REFÓRZA-T dos contratos programa, este ano colocouse no portal de entrada do Centro unha lona para dar visibilidade á sociedade diversa e plural á que pertencemos, cos desexos e ilusións comúns. Vivir iguais e diferentes.

Iniciativa e Coordinación da actividade:

MªJosé Seco López.
Xefa do departamento de Orientación. 

Para visualizar o vídeo da celebración, prema aquí.

Criterios e procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en Educación Secundaria para o curso 2021-22

Achégase en documento adxunto a  Orde do 28 de outubro de 2021 pola que se regulan os criterios e procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en Educación Secundaria para o curso 2021-2022.

Para visualizar a Orde ou descargala, prema aquí.

 

Segundo a Orde:

O alumnado que resultou beneficiario da axuda de material escolar e recibiu o respectivo cheque de 50 €, para o curso 21-22 NON TEN que presentar a solicitude

 

Resulta beneficiario da axuda de máscaras de forma automática.

 

QUEN PODE PRESENTAR A SOLICITUDE?

Aquel alumnado que NON FOI beneficiario da axuda de material escolar no curso 21-22, sempre que cumpra algunha das seguintes condicións:

1) Que pertenza a unha familia cunha renda per cápita igual ou inferior a 6000€.

2) Alumnado cun grao de discapacidade igual ou superior ao 65%.

A solicitude será única para todos os fillos/as.

 

QUE DEBO PRESENTAR PARA FACER A SOLICITUDE?

1) Os Anexos I e II cumprimentados (achegamos enlaces para ser descargados e cubertos)

Se non tiveran forma de descargarlos, pode solicitar copia dos anexos na administración do Centro.

 

2) Ademais deberase achegar a seguinte documentación:

1.Copia do libro de familia

2. Certificado do grao de discapacidade, se fora o caso.

3. En caso de separación ou divorcio, ademais, deberán achegar a sentencia xudicial e/ou convenio regulador, onde conste a atribución da custodia do/da menor.

Excepcionalmente, poderase acreditar o número de membros computables presentando un certificado ou volante de convivencia ou un informe dos Servizos Sociais.

 

ONDE PODO PRESENTAR A SOLICITUDE?

1) De forma presencial, no centro educativo  no seguinte horario: de luns a venres de 9:00h ata as 14:00h.

2) Recomendada:

Vía correo electrónico (achegando os anexos I, II cumprimentados e documentación requirida escaneada) ao seguinte correo electrónico  :    secretaria@iescotobade.org

 

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES:

 

Do 15 ao 26 de novembro de 2021.

 

Publicarase unha listaxe provisional de solicitudes admitidas e excluídas no taboleiro de anuncios de secretaría do IES de Cotobade e notificaráselle o aviso ás familias.

Segundo o resultado das novas solicitudes e unha vez actualizadas as listaxes, procederase ao reparto das máscaras para o curso 2021-22 ao alumnado que resulte beneficiario.

Participación na modalidade XOGADE dentro do Proxecto de Vida Activa e Deportiva - PVAD (curso 2021/22)

Novamente, o noso Centro participará na modalidade XOGADE dentro do Proxecto de Vida Activa e Deportiva - PVAD (curso 2021/22).A Xunta de Galicia a través da Secretaría Xeral para o Deporte puxo en marcha no curso 2009-2010 os Xogos Galegos Deportivos en Idade Escolar, co programa XOGADE. Apostando por un modelo deportivo competitivo aberto á participación, tal e como queda reflectido na Carta Europea do deporte, promovendo a saúde, a condición física e o benestar, buscando que todos os escolares teñan acceso a práctica de actividades lúdicas e deportivas, sen existir ningún tipo de discriminación.

Está organizada pola Secretaría Xeral para o Deporte, a través dos servizos de deporte de cada provincia e das agrupacións deportivas de zona, coa colaboración das federacións galegas implicadas.

Resultado do sorteo para a designación dos membros da Xunta electoral do Consello Escolar.

No día de hoxe, na sala de música de IES de Cotobade, ás 11:00 horas, procedeuse ao sorteo para a designación dos membros da Xunta electoral do Consello Escolar.
Asistiron as seguintes testemuñas:                            

  • un representante de profesorado
  • unha representante de pais/nai
  • unha representante de PAS
  • un representante de alumnado.

O sorteo foi presidido polo Director do Centro e secundado pola Secretaria. A respectiva acta cos representantes titulares e suplentes elixidos farase pública no taboleiro de anuncios da Secretaria e da Sala do Profesorado do IES de Cotobade.

RESOLUCIÓN do 20 de setembro de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se establece o calendario para a celebración de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos.

De acordo coa RESOLUCIÓN do 20 de setembro de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, DOG Núm. 188 do mércores, 29 de setembro de 2021,pola que se establece o calendario para a celebración de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos:

Establécese o novo calendario para a elección dos representantes dos distintos sectores da comunidade educativa no consello escolar dos centros educativos, que correspondía celebrar no curso 2020/21 por Resolución do 30 de setembro de 2020, adiado pola Resolución do 22 de outubro de 2020, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional.

Porén, os nomeamentos serán ao sumo por tres anos.

Día: Venres, 29 de outubro 2021.

Hora: 11:00

Lugar: Aula de música do IES de Cotobade


Asemade, enviarase no marco establecido, a respectiva circular informando sobre o sorteo (data e hora arriba sinaladas) de acordo co Art. 30 do Decreto 92/1988 (conforme ao establecido nas Disposicións adicionais do Decreto 324/1996, do 26 de xullo, polo que se aproba o Regulamento orgánicodos institutos) (DOG 9 de agosto).

Distribuir contido


by Dr. Radut