Skip to Content

Grupos, Horarios - Grupos, Matrícula, Bolsas - Axudas , Lexislación, Libros de Texto, Documentación xeral e impresos, Faltas de asistencia. Procedemento, Validacións- Titulacións, FSE Contratos Programa, ARCO, Avisos

Orde pola que se regula a atención á diversidade do alumnado dos centros docentes de Galicia

Publícase a Orde do 8 de setembro de 2021, pola que se desenvolve o Decreto 229/2011, do 7 de decembro, polo que se regula a atención á diversidade do alumnado dos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia nos que se imparten as ensinanzas establecidas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (próxima publicación no DOG).

Para acceder á publicación, prema aquí.

CONTRATOS-PROGRAMA INCLÚE 2021/22 Resolución definitiva de centros seleccionados

Segundo a Resolución definitiva pola que se fai pública a relación de centros e programasseleccionados conforme o disposto no apartado 13 da Resolución do 11 de xuño de2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se regulan os Contratos-Programa Inclúe (CPInclúe) para fomentar a inclusión educativa nos centrosdocentes públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Universidade
para o curso 2021/22.

Para ver a listaxe de centros seleccionados e actuacións concedidas, prema aquí.

O noso centro desenvolverá as tres accións seguintes solicitadas e concedidas no marco dos Contratos- Programa Inclúe 2021-22:

02- IGUÁLA-T          04-INCLÚETE-T         05-EMOCIÓNA-T

PARTICIPACIÓN NO PROGRAMA ARCO PARA O CURSO 2021-2022

 

Novamente o noso Centro foi seleccionado conforme ao disposto no apartado trece da Resolución do 14 de xuño de 2021 pola que se establecen as bases para a convocatoria de Contratos- programa Recupéra-T

Resolución do 14 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se establecen as bases para a convocatoria de Contratos-programa Recupéra-T no marco do Plan Recupera, dirixido a centros docentes públicos de educación primaria e secundaria dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Universidade para o curso 2021/22.

Segundo a publicación da Listaxe definitiva de Centros seleccionados no curso 2021-22 para o programa ARCO, beneficiarémonos da posta en marcha de accións de Apoio, Reforzo de Competencias e Orientación (ARCO) durante o presente curso 2021/22, dirixidas a centros públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Universidade de Galicia, coa cofinanciación do Fondo Social Europeo.

Cesión de portátiles ABALAR para o curso 2021-22

Tras sondar as distintas necesidades tecnolóxicas e dixitais do noso alumnado a través dunha enquisa cuberta por todas as familias do alumnado matriculado no presente curso, repartíronse os seguintes materiais informáticos para o curso 2021-2022:

- 9 portátiles Abalar do Centro, sen tarxeta de datos.

- 8 kits cedidos pola Xunta de Galicia dentro do programa Educa en dixital , enmarcado na iniciativa Posto Educativo no fogar para aquel alumnado que precise de equipos con conectividade a Internet.

O noso Centro recibiu un total de 8 kits, polo que se calquera alumno/a precisara dalgún, ao longo do curso, teríamolo que solicitalo á Xunta de Galicia.

Asemade, se precisásedes dalgún dos nosos portátiles ao longo do curso, polo motivo que fora, poñédevos en contacto coa Dirección do Centro para a súa cesión. 

Impreso de solicitude para a realización de exame fóra de prazo por causa xustificada.

Para ver e/ou imprimir o documento prema aquí.

Impreso de xustificación de ausencia do alumnado.

Para ver e/ou imprimir o documento prema aquí.

Horario dos grupos do curso 2021-2022

Para ver e/ou descargar o horario do grupo de interese, prema no grupo elixido que enlazará co PDF adxunto que corresponda.

1ºESO A

1ºESO B

2ºESO A

2ºESO B

3ºESO A

3ºESO B

4ºESO A

Inicio de curso 2021-2022.

Ordes que regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega (Celga)

 

 

 

 

 

Para acceder á información sobre as validacións e acreditacións dos niveis de coñecemento de lingua galega (CELGA), e consultar a Orde que o regula prema aquí.

Para descargar o PDF da Orde do 19 de febreiro de 2014, prema no documento adxunto.

Distribuir contido


by Dr. Radut