Skip to Content

Curso 2012-2013

ACE curso 2012-2013

Campaña de prevencións de lesións medulares - 4º ESO

O alumnado de 4º da ESO asistiu hoxe na biblioteca a unha charla impartida pola Confederación Galega de Minusválidos de Lugo COGAMI-LUGO con propósito de sensibilizalo xa que son en definitiva as persoas máis vulnerables neste tipo de sucesos e coa fin de evitar estas situacións. Contaron coa testemuña en vivo de Ángel con discapacidade debido a unha lesión medular  quen lles explicou aos alumnos as consecuencias dun accidente así como as medidas de precaución para evitalo.
Reportaxe gráfica no Blogue de Perdourando.

Recital de música clásica por Silvia Rozas

Silvia Rozas Ramallal, alumna de 3º ESO, participou nun recital de música clásica que se celebrou na Igresa da Vila do Medio de Burela o pasado domingo 26 de maio. Esta frautista burelesa de 14 anos leva oito estudando frauta. Estivo acompañada no concerto por Israel Arranz no vibrafóno e Silvia Amigo no piano. Interpretaron pezas como Partita (J.S.Bach), Danza de la cabra (Honneger), Sonata en Mib BWV 1031 (J.S.Bach), Méditation (J. Masennet) e Píese (J. Ibert).
Reportaxe fotográfica cedida por xentileza de Carlos Ancdrade no blogue de Perdourando.

A nosa revista Maruxía nº 19 en plena maquetación

Estes días o equipo de alumnos TIC de 1º de Bac. estivo traballando activamente baixo a coordinación de José Luis e Miruca no deseño da revista nº 19 de Maruxía. Están ultimando a maquetación para poder dala a coñecer dentro de moi pouco. 

Ver máis fotos en Perdourando.

Viaxe a Londres de 4º ESO

Xa podemos ver a reportaxe fotográfica da viaxe a Londres realizada polo alumnado de 4º de ESO. Exhíbese estes días no hall de entrada.

Excelente traballo profe!

Ver a completa reportaxe fotográfica no blogue do ENDL Perdourando

4º ESO - Lei de menores

O pasado día 23 de maio, a Policía Local de Burela deu unha charla informativa  sobre a lei de menores.

Ramón González García e Manuel García Cerezo, axentes da Policía Local de Burela impartiron unha charla sobre Dereitos e deberes dos menores de idade dirixida ao alumnado de 4º de ESO. A partir dunhas declaracións demoledoras do xuíz de menores granadino, Emilio Calatauyd, os axentes informaron dos dereitos e consecuencias tratando de facer sempre fincapé na responsabilidade penal dos menores de idade.

3º ESO - Ensaio dos espectáculos de monicreques

Aquí está Ton Arenas traballando a entoación, a sonoridade da voz e a comunicación xestual co alumnado de 3º PDC co fin de preparalo a representación dos seus mini-espectáculos de monicreques. 

Xa estamos impacientes de poder velos!!!

Ver a reportaxe fotográfica no blogue do ENDL Perdourando

1º ESO - Ruta pola Mariña Occidental

Este mércores 22 de maio,  O alumnado de 1º de ESO realizo un completo itinerario cultural por Viveiro deseñado pola Maribel, a súa profesora de Ciencias Sociais.

Continuando  coas nosas rutas xeográficas e históricas pola Mariña Luguesa en 1º da ESO, o día 22 de maio realizamos un percorrido pola Mariña Occidental. O foco principal foi Viveiro co seu rico patrimonio artístico-cultural, en moitos casos descoñecido ou con escasa información. A actividade rematou con tarefas nas que o alumnado mostrou o seu nivel de implicación e a análise da información recollida.

Ver a completa reportaxe fotográfica no blogue do ENDL Perdourando

4º ESO - charla afectivosexual coa sexóloga Beni Martínez

Esta tarde desenvolveuse un Obradoiro sobre Educación Sexual, destinado o alumnado de 4º ESO.

A experta en sexualidade, Benita Martínez García, e tamén matrona  - que durante moitos anos axudou a traer o mundo a maioría dos nenos da zona - foi a encargada de impartir este obradoiro coa finalidade de promover entre os nosos mozos a asociación entre sexualidade e afectividade (unha visión diferente do sexo no que este non apareza desvinculado dos afectos e dos sentimentos), así como reforzar os coñecementos sobre os Métodos Anticonceptivos.

Foron dúas horas nas que os nosos alumnos/as puideron aclarar conceptos e disipar dúbidas coa sexóloga que se mostrou próxima e comprensiva coas súas preocupacións e demandas.

Seguir vendo en Perdourando

Especial Letras Galegas 2013

Colaboramos neste especial Letras Galegas 2013 do xornal O Progreso publicado o 17 de maio. O alumnado de 3º ESO liderado pola súa profesora de lingua, Miruca, contribuiu como equipo redactor á elaboración deste especial Letras Galegas.

Viaxe a Londres de 4º ESO

E aquí os alumnos de 4º de ESO disfrutando de 4 días en Londres con Toni Galdo, o seu profesor de Inglés.

Durante a súa estancia en Londres, o alumnado de 4º de ESO percorreu os principais monumentos da capital británica guiado por Toni Galdo, o seu profesor de inglés, co propósito de reforzar a súa aprendizaxe da lingua e ampliar a seu coñecemento cultural. Foron cincos días de intensas visitas. O grupo descubriu a Torre de Londres, a ponte máis famosa sobre o Támesis, o Teatro de Shakespeare e tamén o Big Ben, a emblemática torre do parlamento británico. O seu profesor deseñoulles un completo itinerario pola vila chegando ata visitar a Abadía de Westminster, Leicester Square e o Museo Británico. Para terminar, a expedición burelá asistiu ao cambio de garda de Backinghan Palace, atracción turística das máis importantes de Londres que non podía perder. E como guinda, os rapaces desfrutaron dunhas vistas únicas sobre a capital británica subidos a bordo da noria do London Eye.

3º ESO - Correlingua 2013

Os rapaces de 3º de ESO acodiron á convocatoria anual do Correlingua na Mariña. O alumnado participa na camiñata a prol da lingua, que nesta ocasión se celebra en Mondoñedo, e asiste á lectura do manifesto gañador deste ano e a diversas actuacións musicais da mán do actor Pepe Penabade e da cantante Lidia Botana.

Ver a completa reportaxe fotográfica no blogue do ENDL Perdourando



Este curso, xa que o día das Letras está adicado a Roberto Vidal Bolaño, os estudantes do IES Perdouro tiveron a oportunidade de asistir a unha representación teatral, a da obra Fonda Lurditas, interpretada polo grupo de teatro infantil Érase unha vez ..., formandos por rapaces de centros escolares mindonienses. 

O noso fotocol das Letras Galegas 2013

Gústame as Letras Galegas no IES Perdouro.
O alumnado de 2º de ESO participa no desenvolvemento desta campaña de fomento da lingua. Os rapaces crean frases suxestivas sobre o uso do galego que escriben e decoran para logo fotografarse con elas.
Trátase dunha campaña que se leva a cabo por toda Galicia e promove a reflexión sobre a necesidade da normalización do galego en distintos ámbitos e situacións.
Prestámosvos un dos nosos lemas: “Gústame... LER O XORNAL EN GALEGO”.

Ver máis en Perdourando

2º ESO - Gústame o galego ....

Gústame o Galego estivo en Burela o mércores 15 de maio. Con galo das Letras Galegas o IES Perdouro súmase á campaña Gústame o galego promovida por la Coordinadora de Traballadores de Normalización Lingüística que pretende visibilizar o apoio individual de persoas ao proceso de normalización lingüística a través de fotografías con frases sobre o uso do galego en distintos ámbitos e situacións.

Fixádevos no alumnado de 2º de ESO con seus propios lemas.... En breve estarán as fotos que sacaron Sito e Tono cos que nos botamos unhas cantas risas no Facebook de Gústame o Galego!!

Reportaxe fotográfica en Perdourando.

1º Bach. - Ruta poética pola Terra Chá

Para coñecer de preto a realidade literaria máis próxima á nosa comarca, o alumnado de 1º de Bacharelato visitou as localidades de Castro deRei e Muimenta. Na primeira parada realizaron a pé un tramo da ruta a escrita do Azúmara. Ao bordo do camiño foron atopando poemas de Darío Xohán Cabana, Margarita Ledo Andión, etc.
Arredor da antiga escola de Muimenta , tiveron que procurar distintas inscricións con composicións doutros autores chairegos como Aquilino IglesiaAlvariño, Xosé A. Crecente Vega, etc.
Para rematar a xornada, puideron descubrir xogos populares do século pasado.

Se queredes ver a completa reportaxe fotográfica, picade na seguinte ligazón a Perdourando.

Letras Galegas 2013: Roberto Vidal Bolaño

Achégamos unha serie de páxinas na que poderedes atopar moitos recursos para traballar nestes días a figura homenaxeada das Letras Galegas 2013 : Roberto Vidal Bolaño.

Videos:

O telexornal do CPI dos Doces de Rois

A obra de Roberto Vidal polo CPI dos Dices de Rois

Compostela na obra de Vidal

Mais recursos:

da Biblioteca do IES Ribeira do Louro- O Porriño

 

 

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut