Skip to Content

Curso 2012-2013

ACE curso 2012-2013

Árbore singular - obra dos alumnos de PCPI

Co motivo das vindeiras festas navideñas, o alumnado do Programa de cualificación profesional inicial de fabricación mecánica realizaron unha árbore singular de arame metálico para ambientar o centro nestas datas de festividades. Noraboa rapaces!!!!!!!!!!!! e sen esquecer a Gregorio, o seu profe que os guiou. 

#RecitandoCelsoEmilio - 12/12/12 ás 12h00

Milleiros de voces do ensino para celebrar a palabra de Celso Emilio

Máis de 240 voces leron en coro ás 12h00 os versos de Deitado frente ao mar de Celso Emilio Ferreiro . Espectacular recital!!! Grazas a todos/as aqueles/as que fixeron este evento posible.

Continuamos co retuiteo: "no @iesperdouro estou #recitandocelsoemilio #falogalegoporque .... "

Seguir lendo en Perdourando, o blog do ENDL

#RecitandoCelsoEmilio

#RecitandoCelsoEmilio

O día 12 do decembro a Coordinadora de ENDL convócanos a unha homenaxe ao grande poeta Celso Emilio Ferreiro no 100 aniversario do seu nacemento. O acto central desta xornada será o recitado simultáneo ás 12h dun dos seus poemas máis coñecidos Deitado frente ao mar de Longa noite de Pedra.

Dende o ENDL do IES Perdouro unirémonos a esta iniciativa, alumnado e profesorado, entre as 11:30h e as 12:20h na biblioteca lendo poemas de Celso Emilio Ferreiro.

Ademáis a segunda actividade proposta será un envío masivo a través das redes sociais do lema recitandocelsoemilio, acompañado do texto do poema Deitado fronte ao mar.

Estaremos presente nas redes sociais e inundaremos de tuits o Twitter a través da actividade Recituiteando Celso Emilio co hashtag oficial #RecitandoCelsoEmilio.

RT “#RecitandoCelsoemilio”, para que “Deitado frente ao mar” soe en milleiros de voces.

Recital Poético de Ramón Blanco

O luns 26 de novembro Ramón Blanco, poeta e ex-profesor do centro, visitounos no IES Perdouro.

Como poeta, realizou unha performance do seu novo poemario Emily on the road  con acompañamento musical en vivo.

Como ensaísta, presentounos á vida e á obra de Francisco Añón. Ler máis....

Visita á Feira Internacional de Maquinarias-ferramenta e Accesorios no Porto

Do 21 a 24 de Novembro, celébrase o EMAF, a Feira Internacional de Máquinas, Equipamentos e Serviços para a Indústria, no Porto - Portugal.

O noso alumnado do Ciclo Medio de Mecanizado acompañados polos seus profesores Rivas e Sito foron testemuñas das exhibicións do mundo da industria máis punteira e do crecemento da competitividade das empresas. Esta feira engloba eventos altamente especializados onde se presentan as solucións e innovacións para toda a cadea de valor industrial. Nesta exposición Internacional de Máquinarias-ferramenta e Accesorios mostranse os mellores produtos e innovacións en automatización e control industrial.

Obradoiro de achegamento á lingua portuguesa

Durante este luns día 19 e o martes día 20 de novembro tiveron lugar no IES Perdouro seis obradoiros de portugués (“OPS!” O Português Simples) dirixidos ao alumnado de ESO e Bacharelato.

Esta iniciativa puido levarse a cabo grazas á colaboración da Área de Cultura da Deputación de Lugo e da Associaçom Galega da Língua e tiña como obxectivo mostrarlle ao alumnado do noso Centro a vantaxe competitiva que representa a nosa lingua, o galego, no contexto español e europeo, porque nos permite acceder ao ámbito educativo e laboral dos países que se expresan en portugués (Brasil, Portugal, Angola...) e, polo tanto, ás súas sociedades, producións culturais e mercados laborais.

Porque o noso alumnado, ao rematar a secundaria obrigatoria, descoñece que o portugués, a través do galego, pode formar parte do seu currículo e que, ao coñecelo, se abrirán moitas portas  no mercado laboral de países de economía emerxente como é o Brasil. Porque o plurilingüismo vai ter cada vez máis valor como consecuencia da globalización e o portugués, a través do galego, ampliará o seu ámbito formativo e laboral.

Entrega dos premios Concurso das cabazas 2012

O martes 20 de novembro no recreo fíxose entrega dos premios do Concurso de Cabazas co gallo de festexar o Samaín.

Noraboa aos gañadores e grazas aos participantes!

1º Premio
Sara Galdo Villarquide, 1º A & Leticia De PedroMartínez, 1º A
2º Premio
Carlos Santiago Vaz Febrero, 3º B
3º Premio
Silvia Rozas Ramallal, 3º B
Participantes:

Andrea Barro, 1º A
Yago Campoamor, 1º A
Alba Carreiras, 1º A
Alejandro Esquerdeiro, 1º A
Sara Fernández, 1º A
Marta Calvo, 1º B
Aitana Vázquez, 1º B
Andrés Andrade, 2º A
Antía Baño, 2º A
Sara Cordido 2º A
Raquel López, 2º A
Andrea Ramos, 2º B
Tamara Rico, 2º B
Álvaro Ferreira, 3º B
Sergio Rivas, 3º B





Saída micolóxica 2012

Cogomelos 2012Un grupo de alumnos de Bioloxía de 4º ESO e 1º de Bac foron na tarde do martes 12 de novembro ata Penas Agudas recoller cogomelos co propósito de realizar unha exposición dos espécimes locais máis representativos no centro ao longo desta semana.

A recolleta foi moi abundante como demonstran as cestas cheas de boletus edulis, lepiotas, níscalos, amanitas rebescens, entre outras especies.

Logo da camiñata polo monte, o grupo tivo a grato de merendar chocolate con churros.

Mostra de fungos #CogomeloPerdouro

O Departamento de Ciencias Naturais organizou a súa exposición anual de cogomelos da comarca. Logo da recollida dos exemplares polos montes de Penas Agudas, o alumnado de 1º de bacharelato participou na actividade de identificación e etiquetado dos fungos para amosar a diversidade destes seres vivos.

Fixádevos na seguinte reportaxe fotográfica, paga a pena.

Como recoñecer os cogomelos?
De axuda pode servir este vídeo, para empezar.
Aquí tedes unha información recompilada sobre os cogomelos de interese sacada da páxina Bioecología.

Recomendacións sobre Cogomelos de Galicia.

Guías virtuais de setas:

Guías en PDF:

Cociñar:

3º ESO - Obradoiro de creación de espectáculo - sesión 1

Os alumnos de 3º ESO participan nun obradoiro de creación de espacátulos a cargo de Ton Arenas. Este luns 12 de novembro, o titiriteiro explicoulles os detalles do teatro de monicreques e achegounos o mundo das marionetas.

Ler máis...

1º ESO - Ruta histórico-cultural por Burela

O pasado 12 de novembro, os rapaces e rapazas de 1º da ESO realizaron un itinerario xeográfico e histórico pola nosa vila. Con esta actividade coñeceron e aproximáronse máis ao noso contorno , descubrindo aspectos , espazos e trazos históricos novos.
A  actividade rematou coa visita á Igrexa da Vila do Medio coa análise dos elementos artísticos máis sobresaíntes, salientando entre todos eles as súas pinturas góticas sobre a paixón e morte de Xesucristo.
O alumnado sentíuse especialmente atraído polo legado cultural existente en Burela que para algúns resultou ser descoñecido.

1º ESO A 1º ESO B

Samaín - Concurso de cabazas 2012

Samaín , celebramos o ano novo celta cun concurso de cabazas.

 

Un recreo de medo:

O mércores ambientamos a biblioteca á escuras e contamos historias de medo. Axudáronnos os alumnos de Electrónica coa súa mesa de mesclas e uns cantos efectos sonoros terroríficos.

 

IdA Explorer! continúa un ano máis

O pasado luns 29 de outubro, tivemos a visita de Hubertus Freisinger, coordinador do proxecto europeo IdA Explorer! (2009-2012) da Berufsbildungszentrum (BBZ) Augsburg gGmbH, un centro de formación e inserción laboral da localidade alemana de Augsburgo. Neste encontro fíxose balance dos tres anos de proxecto que se valorou positivamente polas partes implicadas. Aproveitouse a ocasión para asinar unha prórroga por un ano máis, ata outubro de 2013.

Día das Bibliotecas Escolares 2012

Celebramos o día das Bibliotecas Escolares nos recreos ao longo de toda a semana. Tivemos concertos, debuxos colectivos, feira de libros, libros andantes que nos contaron as súas intrigas, e unha exposición de libros da Biblioteca Municipal de Burela.

Todo iso, podédelo ver no seguinte albúm de fotos:

Distribuir contido


by Dr. Radut