Skip to Content

Curso 2020-2021

Celebramos o día de Rosalía de Castro

Celebramos o día de Rosalía de Castro cun recital poético recollido na nosa canle de YouTube: 

 

Podes visualizalos aquí

 

Ilustración do cartel: Lidiana de Pina Sanches, 3º ESO

 

 

 

 

RECITADOS

1º ESO A "Unha vez tiven un cravo"

1º ESO B "Por que, miña almiña"

1º ESO C "A un batido, outro batido"

LECTURAS 2º E 3º ESO : "De balde" & "Quíxente tanto, meniña"

4º ESO

LECTURAS DE 4º ESO E BACHARELATO 

RECITADOS 1º BACHARELATO 

"Tal como as nubes"

"Non coidarei xa os rosales"

"Eu direivos"

Día 1 - 21 días co galego "Acto inaugural"

Hoxe 22 de febreiro de 2021 iniciamos os 21 días co galego e +.

Este é un programa que pretende aumentar e perfeccionar o emprego oral do galego así como a reflexión persoal sobre a relación que cada persoa ten co galego e co resto das linguas que coñece.

Ao longo de 21 días, no blog dos 21 días atoparemos propostas diversas para achegarnos ao galego e á súa cultura.

Somos máis de trinta profesores e profesoras do Perdouro de secundaria e ciclos formativos participando neste programa, un total de 280 alumnos e alumnas aproximadamente e contamos tamén co persoal non docente.

Esta mañá, asistimos ao acto inaugural dende a aula de 3º ESO A emitido por videoconferencia. Aínda que a conexión por momento non foi óptima, puidemos escoitar as palabras de ánimo de Valentín García (Secretario Xeral de Política Lingca.) e de Víctor Freixanes (Presidente da Real Academia Galega). Pilar Ponte (Coordinadora dos 21 Días co galego) retounos a facer a seguinte reflexión:

REFLEXIÓN 1

Hoxe vas ter que realizar a túa primeira gravación de reflexión.

Lembra que, nestes vídeos que deberás gravar en solitario ao final do día, o que realmente importa é a túa sinceridade e capacidade de análise. Non necesitamos que nos contes o marabilloso que é o galego; ben o sabemos!

  •     Que usos fas ti habitualmente do galego?
  •     Que che parece a proposta dos 21 Días co Galego e +?
  •     Pensas que che será moi doado ou moi difícil para ti?
  •     Se non falas galego de forma cotiá. Veste capaz de chegar a falar 24 horas en galego desde o primeiro día?
  •     Cres que o lograrás antes do último día?
  •     Que reaccións percibiches entre o resto da túa clase ou na casa?
  •     Que pasos deches xa hoxe para seguires a proposta?
  •     Pensas ampliar progresivamente os usos ou tentas xa falar galego sempre?
  •     En que ámbitos (escola, amizade, familia, lecer…) ou con que tipo de persoas cres/sabes que che custará máis?
  •     Agora establece 3 retos concretos para o teu avance como galegofalante. Lembra que se ti xa es galegofalante os teus retos serán de que 3 maneiras lle vas axudar ao resto das túas compañeiras e compañeiros.

Máis fotos de entregas de camisetas AQUÍ

Concerto de Silvia Rozas Ramallal e Çigdem Tunçelli

O 29 de xaneiro, a ex-alumna do IES Perdouro, Silvia Rozas Ramallal, ofreceunos aos alumnos de 3º ESO un concerto virtual xunto coa súa compañeira Çigdem Tunçelli.
Desde Berlín - Alemaña, Silvia tocounos algunhas obras (entre elas de Bach, Debussy e Bartók) coa frauta e a súa compañeira, co violín. Deixáronnos sorprendidísimos ... seguir lendo a crónica de Laura González Freire, 3º ESO C no blogue de Perdourando.

Atención: Imos comezar os 21 DÍAS CO GALEGO E MÁIS!

O luns, 22 de febreiro, comezamos os 21 DÍAS CO GALEGO E+.

O acto de inauguración terá lugar ás 10h30 e asistirán Valentín García (Secretario Xeral de Política Lingca.), Víctor Freixanes (Presidente da Real Academia Galega), Pilar Ponte (Coordinadora dos 21 Días co galego) e todos os centros participantes.

A aula de 3º ESO A conectarase en directo en representación do IES Perdouro e acompañaránnos representantes do equipo directivo e do EDLG.

Este ano, os 10 centros en mobilizarmos en prol do galego somos:

    IES Xesús Taboada Chivite de Verín
    IES Ramón Cabanillas de Cambados
    IES Sánchez Cantón de Pontevedra
    IES de Carral
    IES  Lauro Olmo do Barco de Valdeorras
    IES Lamas de Abade de Santiago
    CPR A Inmaculada  de Lugo
    IES Santa Irene de Vigo
    IES As Mariñas de Betanzos

Programa finanzas para mortais

O alumnado de 2º ano do Ciclo Superior de Administración e Finanzas participou no Programa finanzas para mortais. Trátase dun proxecto de educación financeira da Fundación UCEIF, Fundación da Universidade de Cantabría para o Estudo e a Investigación do Sector Financeiro, que se desenvolve a través de Santander Fináncial Institute (SANFI). O seu obxectivo é de acercar o mundo da economía e as finanzas básicas aos rapaces.
Nesta primeira parte programouse unha videoconferencia con unha directora de oficina bancaria do Banco Santander.
Na segunda parte o noso alumnado exercerá de voluntarios e acompañados do persoal do Banco impartirá charlas a alumnos de ESO de outros centros educativos.

Carmen Pena, Xefa do departamento de Administración

Charla Día da muller e da nena na ciencia

O xoves día 11 de febreiro o alumnado de 4º ESO recibiu unha pequena charla virtual sobre o Día das Mulleres e Nenas Galegas na Ciencia. Con esta actividade preténdese facer unha reflexión na poboación para evitar os estereotipos aínda existentes que crean nas nenas unha sensación de inseguridade á hora de poder realizar o traballo que realmente lles gusta por medo ao rexeitamento. 

Comezaron falándonos varias mulleres sobre os traballos que están a realizar e o porqué da súa decisión ... seguir lendo a crónica de María Lestao Fernández, 4º ESO B no blogue de Perdourando.

Entroido 2021 - Desfile virtual

Benvidxs ao noso desfile virtual do Entroido 2021 do IES Perdouro.

O xurado fallo os seguintes premios:



  • 1º ESO : Grupo-Alumnxs "Hinchas do fútbol americano"
  • 2º ESO C: Grupo-clase "O funeral"
  • 3º ESO C: Grupo-clase "As materias escolares"
  • 4º ESO B: Grupo-clase "Aeróbic dos anos 80"
  • 1º Bach A: Grupo-clase "O bautizo da nena"

Accede ao álbum de fotos AQUI

Parabéns a todxs por participar e facer deste día un día de festa a pesar das adversidades.

Entroido 2021

 

 

 



 

Relevo 2020, proxecto formativo orientado ao sector marítimo pesqueiro

No marco da II edición do Relevo2020, proxecto formativo orientado ao sector marítimo pesqueiro, o día 25 de xaneiro de 2021 o alumnado de 4º ESO  desfrutou dunha charla sobre os diferentes e diversos traballos relacionados coa actividade pesqueira.

A charla foi impartida por unha oceanógrafa que nos informou sobre cursos e estudos básicos, medios e avanzados para aqueles interesados en desempeñar esta actividade laboral; tamén nos informou dos requisitos económicos e estudos que farían falta para desempeñar os diferentes cursos.

Outro punto da charla a destacar foi o percorrido laboral da conferenciante: pasou de querer facer criminoloxía a ser oceanógrafa.

A charla tivo unha duración dunha hora e resultou interesante para todos nós, informándonos e entreténdonos sobre a vida laboral no mar.

Raúl Fernández Fernández, 4º ESO B

Obradoiro de Arte e Tecnoloxía

O mércores 13 e o venres 15 de xaneiro o alumnado de 3º e 4º de ESO realizamos un taller onde desenvolvemos a nosa creatividade e adquirimos coñecementos de programación. 

Comezamos o taller atendendo ás explicacións que nos daban sobre a arte, e aprendemos que unha idea creativa pode ser a clave do éxito. O que fixemos foi deseñar unha máscara intelixente, cunha función que non ten ningunha máscara hoxe en día. 

Ensináronnos dous modelos feitos por eles e despois, tocounos a nós. Formamos equipos e tivemos que crear a nosa propia marca, elaborar un prototipo dunha máscara e crear un slogan para ela. Para crear un bo produto tiñamos que seguir estes pasos: ... seguir lendo a crónica de Paula López Martínez – 3º ESO C no blogue de Perdourando.

Concerto didáctico con Silvia Rozas

 A nosa ex-alumna, Silvia Rozas Ramallal, dará un concerto didáctico dende Berlín por videoconferencia.

Charlas Covid para 4ºESO e 1º Bach.

O día 22 de decembro, os alumnos e alumnas de 4º ESO e 1º de BAC tivemos unha charla sobre normas básicas para non contaxiarnos do Covid-19, que foi impartida por Teresa Meitín Canoura, unha enfermeira do Hospital da nosa vila.

Entre estas normas estaba o lavado correcto das mans xa que moitas veces esquecémonos de lavar ben as uñllas e os pulsos; tamén é moi importante lavar as mans con auga e xabón (é preferible ao xel hidroalchólico)... seguir lendo a crónica de Manuel Rey, de 1º de Bach. no blogue de Perdourando.

Charlas Covid

O 14 de outubro tivemos unha charla sobre a COVID-19* impartida por Manuela, profesora do centro que antes traballou como enfermeira. Como é importante ter claro de onde provén este virus que nos comezou a afectar no 2020, ela explicounos que o virus constaba de dúas ou máis cepas que, dependendo de cada persoa e tempo do brote, sería máis agresiva e duraría máis tempo no organismo.
Para protexernos de todo isto, Manuela ensinounos a diferenza entre ... seguir lendo a crónica de Xoel Iglesias Fernández – 1º BAC A no blogue de Perdourando.

*Esta charla foi dada a todos os grupos do centro para concienciar a todo o alumnado de respectar rigurosamante as normas de hixiene e distanciamento.

"O sexismo no día a día. Cousa do pasado?" - Obradoiro de Antía Yáñez

O pasado venres 20 de novembro Antía Yañez veu impartir un obradoiro sobre o sexismo e o machismo. 

Que é o sexismo?

A diferenza entre o sexismo e o machismo é a ideoloxía, comportamento ou actitude que manifesta discriminación das persoas ou do seu sexo. Tamén é a ideoloxía ou estratexia que sustenta o machismo. Este é máis sutil e invisible. .. seguir lendo a crónica de Martín González Cabanas, 1º BAC B no blogue de Perdourando.

Charla "StopAccidentes"

O martes 15 de decembro o alumnado de 4º da ESO asistimos a unha charla organizada pola asociación "StopAccidentes" para concienciarnos do importante que é actuar con responsabilidade na rúa.

Nesta charla, a organizadora fíxonos varias preguntas sobre as nosas experiencias, ou as dos nosos coñecidos, nos accidentes de tráfico ... seguir lendo a crónica de Irene Basanta Díaz , 4º ESO B, no blogue de Perdourando.

Distribuir contido


by Dr. Radut