Skip to Content

Curso 2020-2021

"Tódalas mulleres que coñezo"

CINEFÓRUM FEMINISMO

O mércores 16 de decembro tivemos, o alumnado de 4º de ESO, unha actividade moi interesante sobre o feminismo: o visionado da película Tódalas mulleres que coñezo da directora Xiana do Teixeiro.

Esta película trata sobre vivencias e experiencias contadas por mulleres nas que se sentiron incómodas por culpa do machismo. Contan experiencias ... seguir lendo a crónoica de Antón Expósito Campo - 4º ESO B no blogue de Perdourando.

A nosa árbore de Nadal

Coma todos os anos, coa chegada do Nadal os corredores e instalacións do IES Perdouro énchense de decoración navideña. O alumnado de 4º ESO de Tecnoloxía elaboramos o elemento principal desta decoración: a árbore de nadal que se encontra na entrada do edificio principal.

Este ano a forma de traballo foi diferente aos anteriores xa que, debido á COVID-19, non puidemos  traballar todos xuntos no taller e tivemos que buscar outras alternativas. Decidimos facer unha árbore formada por bólas feitas a base de pequenas figuriñas de papiroflexia que colgaban do teito; todas as bólas estaban colocadas de xeito que simulaban a forma dunha árbore.

Desta forma conseguimos construír a árbore .. seguir lendo a crónica de Lin Vizoso López, 4º ESO B no blogue de Perdourando.

Feliz ano novo!

 Vémonos o luns 11!! Voltamos ás clases a partir do luns. 

V Torneo de xadrez

Vai refrescando as normas!!

O Departamento de Educación Física propón un campionato de xadrez para despois do Nadal. 
 
 
Se estás interesadx (alumnxs e profes) en participar, contacta cos profes de Educación Física, Iván ou Jose…
 
Tes ata o 22 de decembro para inscribirte.
 
Para ir ensaiando contra o ordenador:  

Premio á solidariedade e Dereitos humanos para Na casa de papel do IES Perdouro - ApS Aprendizaxe e servizo Cáceres 2020

Toda a información dos proxectos ApS premiados están recollidos na seguinte páxina: Encontro ApS 2020

Esta mañá tivo lugar o acto do XIII Encontro Estatal Aprendizaxe-Servizo Cáceres 2020.

Estivemos presentes na entrega dos premios a través dun pequeno video presentación do proxecto Na casa de papel feito por Hugo, Claudia,  Nadine e Manuel Lozano  (a partir do min 25')  AQUÍ

O noso alumnado premiado asistíu ao acto de entrega dos premios seguido dunha webinar onde Carla e Cristián foron os nosos portavoces para explicar os beneficios do proxecto: a Aprendizaxe-Servizo para o desenvolvemento sostenible (ODS), porque nos axuda a orientar a excelencia e a creatividade ata a transformación social e para transformar a sensibilización en compromiso.

Accede ao albúm de fotos aquí. 

Obradoiro de cociña molecular - Galiciencia 2020

 
O alumnado de 4º ESO B asistíu ao obradoiro emitido en directo e descubriron a relación entre a química e o traballo de laboratorio. Coa axuda de Alba, a súa profesora de bioloxía, fixeron esferificacións.  
 
Accede ao albúm de fotos aquí.

 

Charla de ciberseguranza

O día 26 de novembro, Óscar e Antonio déronnos unha charla sobre ciberseguranza. Durante a charla explicáronnos as diferenzas entre hacker e cyber delincuente e a importancia de manter segura a nosa identidade dixital.

Explicáronnos que era un ataque de forza bruta e, mediante unha histoira, o importante que é manter a nosa identidade dixital segura. Tamén nos ensinaron como podemos crear contrasinais máis seguras e como mantelas en segredo. Mostráronnos ... seguir lendo a crónicade Iria Jacomé Martínez - 1º ESO C no blogue de Perdourando.

Campaña de recollida

O IES Perdouro asina un convenio de colaboración co Banco de Alimentos da provincia de Lugo, e con Cáritas para poñer en marcha neste Nadal (do 1 ao 22 de decembro) unha campaña de recollida de alimentos non perecedoiros e roupa, que se repartirán ao finalizar nas sedes destas entidades en Burela. 

Os paquetes tanto de alimentos como de roupa deberán depositarse na conserxería do centro en bolsas cerradas. Admítense produtos de hixiene.

Contos de medo

O alumnado de 1º de ESO cóntanos historias de medo e espanto. Un traballo feito en lingua castelá e recollido no seguinte muro:

Hecho con Padlet

 

Cartas ao futuro - Especial 25N

Para traballar a igualdade e concienciar sobre o problema social da violencia de xénero, desde a titoría de 1º A da ESO os alumnos e alumnas desenvolveron un bonito traballo chamado "Cartas ao fututo", que podedes ver no seguinte vídeo:

Por 365 días de respecto e igualdade no IES Perdouro

A discriminación das mulleres e a violencia de xénero, lonxe de seren un fenómeno novo, son un problema arraigado nas distintas sociedades desde hai moito tempo. Porén, o recoñecemento da discriminación sexista e da violencia de xénero como problema social así como a súa visibilización si que son recentes. Ata non hai moito, considerábanse unha cuestión circunscrita ao ámbito privado, sendo un tema silenciado e normalizado pola sociedade como parte das relacións entre homes e mulleres. 

Desde o IES Perdouro cremos que resulta necesario impulsar accións dentro do ámbito educativo que permitan facer visible a violencia machista, de forma que os alumnos e alumnas se volvan conscientes da súa extrema gravidade e aprendan a construír formas de relación positivas, a través das cales mulleres e homes participen de igualdade de condicións en todos os ámbitos da vida. É por esta razón que no presente curso académico 2020/2021 decidimos participar no programa “Por 365 días de respecto e igualdade” do Plan Proxecta cun proxecto titulado “Contra a violencia de xénero, igualdade”. Para difundir as nosas accións, abrimos o Blog https://perdourorespectoeigualdade.blogspot.com/, onde poderedes ver todos os traballos feitos polos alumnos e alumnas. Esperamos que vos guste!

Obradoiro de igualdade

 

 

 

Videoconferencia de Sonia Villapol Salgado - Mes da ciencia en galego

 
Videoconferencia "Só a ciencia nos rescatará da pandemia" por Sonia Villapol Salgado.
 
16/11/2020 ás 12h45 para o alumnado de 4º ESO e 1º Bach.
 

Programa videoconferencia.

12.45-13.00: Inauguración coa intervención de:
. Valentín García Gómez, secretario xeral de Política Lingüística,
. Manuel Díaz Regueiro, presidente de Igaciencia, 
. Inés Ben González, secretaria de Igaciencia
 
13.00 - 13.45: Conferencia de Sonia Villapol Salgado, neurocientífica e profesora no departamento de Neurocirurxía do Centro de Neurorexeneración do Instituto de Investigación Metodista en Houston, TX.
 
13.45-14.00 aprox. contestación de preguntas recibidas a través do chat.
 
Breve biografía conferenciante:
 
Sonia Villapol Salgado, científica no Centro Médico de Texas (Houston, EE.UU.), forma parte do Equipo de Investigación Internacional da COVID-19 (COV-irt.org)
 
Naceu en Bretoña (Lugo). Estudou BUP no instituto de Meira.
Licenciada en Bioloxía Molecular pola Universidade de Santiago de Compostela (2003), é Doutora en Neurociencias pola Universidade Autónoma de Barcelona (2007). 
Traballou coma investigadora postdoutoral en laboratorios do Centro Nacional de investigación científica (CNRS) da Universidade Pierre e Marie Curie VI e no Instituto Nacional de sanidade e investigación médica (INSERM) do Hospital Robert Debré, en París (Francia). No ano 2010 trasladouse un EEUU, traballou nos Institutos Nacionais de Saúde (NIH) e no Centro de Neurociencias e Medicina Rexenerativa, en Maryland (EEUU). Foi profesora de Neurociencias na Universidade de Georgetown en Washington DC (EEUU).
 
A súa investigación científica céntrase no estudo de danos cerebrais, tanto infartos cerebrais, coma traumatismos craneoencefálicos, experimentando distintos tratamentos e explorando os mecanismos de resposta a múltiples procesos relacionados coa morte das neuronas.
 
Destacamos especialmente, a súa capacidade para compartir o seu saber, pois participa en numerosas actividades de divulgación científica no ámbito educativo e cultural. https://www.villapol-lab.com/
 
Distribuir contido


by Dr. Radut