Matrícula e reserva de praza

Matrícula ordinaria de ESO e bacharelato para o curso 2014-2015

O prazo de matrícula ordinaria de ESO e bacharelato é do 25 de xuño ao 10 de xullo, con horario de 10 a 14 h.

 

Actualizado: 30 de xuño de 2014

Reserva de praza e solicitude de admisión de ESO ou bacharelato no curso 2016-2017

* Para o alumnado do centro ou dos centros adscritos:O prazo de solicitude de reserva de praza para cursar estudos de ESO ou bacharelato é do 1 ao 15 de febreiro. O impreso corespondente pode descargarse (en formato pdf editable) premendo nesta ligazón. * Para alumnado de novo ingreso no centro (que non proceda dun centro adscrito):A solicitude de admisión é do 1 de marzo ao 20 de marzo. O impreso correspondente (en formato pdf editable) pode descargarse premendo nestoutra ligazón. Cómpre sinalar que deberán presentarse dúas copias asinadas (polos dous pais) pois unha delas será selada e serverá de resgardo. Ademais desa solicitude asinada polos dous pais, deberase achegar a seguinte documentación:

  • Libro de familia
  • DNI do alumno/a, se o ten

A documentación relativa á baremación non é necesario aportala neste prazo. No caso de ser necesaria, solicitaríaselles con posterioridade.Os interesados poden desacargar o calendario do proceso completo de adminsión e matrícula premendo nesta ligazón. Lémbrase que só se pode presentar unha única solicitude, no centro para o que se solicita praza en primeiro lugar. O incumprimento deste apartado implica a perda de todos os dereitos de prioridade que lle poideran corresponder ao alumno (artigo 7.3 do Decreto 254/2012).Lémbrase aos alumnos deste centro que soliciten praza noutro, que deben comunicar ao mesmo tempo a dita solicitude na secretaría do IES Pontepedriña, segundo o artigo 9.3 da Orde do 12 de marzo de 2013 

Calendario de matrícula dos Ciclos Formativos para o curso 2012-2013


Antes da matrícula debe consultar a oferta educativa onde atopará os requisitos tanto de idade como académicos que debe reunir. Os seguintes enlaces poden axudar:

Este é o calendario de admisión do alumnado aos ciclos formativos de grao medio e superior en réxime ordinario e para as persoas adultas (pódese descargar -pdf- premendo nesta ligazón):

  Período ordinario de admisión* Período extraordinario de admisión
Presentación de solicitudes Do 18 de xuño ao 2 de xullo
Do 3 ao 12 de setembro
Matrícula de FCT e Comercio Internacional (só alumnado deste centro) Do 26 de xuño ao 10 de xullo  
Publicación da relación provisional de solicitantes de novo ingreso 4 de xullo
14 de setembro
Reclamacións á relación provisional de solicitantes
Do 4 ao 10 de xullo
Do 14 ao 17 de setembro
Publicación da listaxe definitiva de solicitudes 16 de xullo
18 de setembro
Publicación da 1ª relación ordinaria de admitidos 17 de xullo
19 de setembro
Período de matrículación da 1ª adxudicación** Do 17 ao 19 de xullo Do 19 ao 21 de setembro
Publicación da 2ª relación ordinaria de admitidos 24 de xullo
25 de setembro
Período de matriculación da 2ª adxudicación** Do 24 ao 27 de xullo Do 25 ao 27 de setembro
Matrícula de ciclos liberados*** Ata as 13 h do 31 de xullo
Ata as 13 h do 5 de outubro

*Para alumnado de novo ingreso (admisión), reserva de praza para repetidores e reserva de praza para o 2º curso.

**As persoas solicitantes admitidas que desexen renunciar deberán facelo no prazo indicado (anexo VIII da Orde de convocatoria). En caso de non facelo perderán o dereito á súa praza.

***Se, unha vez rematado o prazo de presentación de solicitudes ou despois de cada unha das adxudicacións, existisen prazas vacantes e non houbese lista de espera, liberaranse as prazas do ciclo formativo, para o alumnado que acredite o cumprimento dos requisitos de acceso. Os centros efectuarán a matrícula por estrita orde de chegada das solicitudes.

A relación dos ciclos formativos coa condición de liberados e o número de prazas dispoñibles en cada un deles poderase consultar en todo momento na páxina web http://www.edu.xunta.es/fp/ven-fp.

Documentación requerida (premer para descargar a información, en pdf):

 

Actualizado: 21 de xuño de 2012.

Solicitude de cambio de modalidade no bacharelato

A Orde do 24 de xuño de 2008 (DOG do 27) pola que se desenvolve a organización e o currículo das ensinanzas de bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia, establece no seu artigo 5º que o alumnado, unha vez cursado o primeiro curso de bacharelato e antes do comezo das actividades lectivas do segundo, poderá solicitar á dirección do centro o cambio de modalidade en función das súas expectativas futuras ou aptitudes persoais.
O alumnado, unha vez autorizado para o cambio de modalidade, terá que matricularse de polo menos dúas materias da nova modalidade correspondentes ao primeiro curso e de todas as de segundo curso, de acordo co establecido no artigo 3º.4 da citada orde, computándose como optativa de segundo curso unha das materias de modalidade cursada e superada en primeiro.
Para cursar o segundo curso da nova modalidade, teranse en conta os requisitos establecidos nos artigos 3º.6 e 3º.7 da orde mencionada, referentes ás materias de contidos progresivos e aquelas que precisan de coñecementos previos.

Pódese descargar un modelo de solicitude, en formato pdf, premendo nesta ligazón.

Solicitude de anulación de matrícula de bacharelato

A Orde do 24 de xuño de 2008 (DOG do 27), pola que se desenvolve a organización e o currículo das ensinanzas de bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia, determina no seu artigo 11º, que o alumnado poderá solicitar a anulación de matrícula á dirección do centro educativo, antes do 30 de abril, cando circunstancias de enfermidade prolongada, incorporación a un posto de traballo ou obrigas de tipo familiar ou persoal impidan seguir, en situación normal, os estudos.
A solicitude, que estará acompañada das xustificacións pertinentes, será resolta nun prazo de 10 días pola dirección do centro.
Pódese descargar un modelo de solicitude premendo nunha das seguintes ligazóns:

Matrícula de ESO e bacharelato para o curso 2013-14

05/09/2013 00:00
05/09/2013 14:00
Etc/GMT+2

O 5 de setembro formalizarase na secretaría do centro de 9:00 a 14:00 h a matrícula de ESO ou bacharelato para o curso 2013-2014.

 

No sobre matrícula atópase a información correspondente, da que podemos destacar o seguinte:

Documentación: A que non presentaran o ano anterior ou se renovara neste curso, ademais de dúas fotos (tres no caso de transporte escolar) e o seguro escolar se corresponde

Alumnado novo (se presentou solicitude neste centro, o que non presentara do seguinte): FOTOCOPIAS dos dnis de pai, nai e o propio alumno, da tarxeta da seguridade social do alumno/a (só 1º, 2º de ESO), 2 fotos (tres no caso de usar o transporte escolar), libro de familia completo (só as páxinas escritas), certificación académica.


Desde 3º ESO ata CICLOS (ambos inclusive) seguro escolar: 1,12€. Banco Pastor conta: 0072 0198 61 0000100603



AXUDAS LIBROS:  Fotocopia libro familia completo, certificado minusvalía
se corresponde, acreditación familia monoparental se corresponde.

Distribuir contido