Orientación

Convócanse as bolsas de carácter xeral para o curso 22/23

Próximamente  abrirase  a convocatoria das bolsas de carácter xeral para o curso académico 2022/2023 destinadas a  estudantes que cursen estudos postobrigatorios.

Beneficiarios:
Estudantes que non superen unha determinada renta e/ou patrimonio familiar, que cumpran uns determinados requisitos de aproveitamento académico e se atopen cursando (no 2022-2023) algunhas das seguintes ensinanzas:
   1. Ensinanzas postobrigatorias e superiores non universitarias, entre as que se atopan:

  • Bacharelato.
  • Formación Profesional de grao medio e grao superior (incluídos estudos de formación profesional nos centros docentes militares).
  • Ensinanzas deportivas.
  • Ciclos Formativos de Grao Básico.
  • Outras (ver convocatoria).

   2. Ensinanzas universitarias do sistema universitario español.

Solicitudes:
Mediante o formulario accesible por vía telemática a través da sede electrónica: https://sede.educacion.gob.es ou en www.educacionyfp.gob.es

Prazo:
Dende o 30 de marzo de 2022 ata o 12 de maio de 2022 (ambos inclusive).

Podes acceder a toda a información premendo no seguinte enlace.

8M -Día da Muller

O pasado venres, e dentro do programa de actividades de conmemoración do 8M,  os dous grupos de 3°ESO participaron no obradoiro "Para que non doa" a cargo da psicóloga Paula Sánchez, onde abordaron as relacións emocionais dende unha perspectiva non sexista e a dependencia emocional. Os alumnos e alumnas debatiron entre eles/as co obxectivo de desmontar mitos e estereotipos arredor do namoramento e o amor, diferenciar entre relacións igualitarias, violentas e de dependencia e reflexionar sobre os modelos de parella impostos pola sociedade patriarcal.

Podedes ver máis fotos na galería

Charlas Programa "A Ponte entre o Ensino Medio e a Universidade"

PROBAS ABAU

Dentro do programa “A Ponte entre o ensino medio e a universidade” que leva a cabo a USC, (Universidade de Santiago de Compostela), as  pasadas semanas tiveron lugar, no salón de actos do Río Cabe,  dúas charlas dirixidas ao alumnado de 2º de Bacharelato .

A primeira delas, o 4 de febreiro,  correu a cargo de Celso Rodríguez, Delegado do Rector para Asuntos do Ensino Medio, quen falou sobre as Probas ABAU,normas, novidades , desenrolo das mesmas, e respondeu a todas as dúbidas que os alumnos lle presentaron.

ALGORITMOS: QUE SON E PARA QUE SIRVEN

A segunda das charlas do programa A Ponte foi desenvolvida, o 11 de febreiro,  por tres alumnas de doctorado da Facultade de Matemáticas, Laura, Bea e Érika quenes, de xeito moi claro e conciso, nos explicaron o que son e as posibles  utilidades dos algoritmos na vida cotiá.

 

Charla "Tratamento da Violencia de Xénero nos Medios Audiovisuais e de Comunicación"

A biblioteca do Río Cabe foi  escenario o pasado venres 24 de xaneiro dunha charla incluída no programa do Plan Proxecta sobre  “Tratamento da violencia de xénero nos medios audiovisuais e de comunicación”. A especialista Ánxela Mercado foi a encargada de facer reflexionar ao alumnado de 2º de ESO sobre un tema, por desgraza, cada vez máis de actualidade que nos incumbe e preocupa a todos, e sobre o que non debemos deixar de  educar e concienciar.

Charla de Paula Sánchez

O pasado martes 17 de decembro o alumnado de 1º de Bac asistiu na biblioteca do instituto á charla coa psicóloga experta en  Igualdade,   Paula Sánchez. A charla levaba o título ”Para que non doa”, e deso se falou, de emocións, de relacións sanas, en igualdade, en liberdade, relacións  libres de violencia.

Dende hai varios anos, Paula acude ao noso centro a talleres como o desta ocasión e ben seguro seguirao facendo xa que conecta perfectamente co alumnado nun tema tan delicado como o tratado.

 

Charla sobre Violencia sexual

O alumnado de 4º de ESO asistiu hoxe, acompañados pola orientadora e unha profesora do centro,  a unha Conferencia sobre Agresións sexuais e violencia sexual impartida por Angélica Mercado na Casa de Cultura do Concello.

Esta charla está enmarcada dentro das actividades programadas pola Concellería de Igualdade a través do centro de Información á Muller co gallo de conmemorar o Día Internacional para a eliminación  da violencia de xénero.

A charla resultou de moito interese para o alumnado, moi concienciado con esta problemática.

GenTECH: O alumnado de Bacharelato potencia o seu xene

O alumnado de 1º e 2º de BAC participou nunha sesión do Plan de Promoción do Talento Dixital en Galicia organizado por Amtega.

A través do programa GenTECH pretende fomentar o atractivo vocacional cara ás carreiras profesionais STEM (Ciencias, Enxeñería, Tecnoloxía e Matemáticas) e orientar á mocidade cara a un posible futuro profesional e romper as barreiras entre mozos e mozas neste tipo de carreiras.
 
A actividade consistiu nunha Sesión Dixital que achegou ao alumnado de 1º e 2º de bacharelato ás profesións TIC dando a coñecer as oportunidades de empleabilidade dunhas profesións con gran demanda no mercado laboral actual e futuro.
 
Crearon un espazo para a conversación que contou coa participación de dous profesionais do sector TIC que expoñeron en primeira persoa a súa experiencia dende unha perspectiva real, práctica e inspiradora…co obxectivo de espertar o xene.

 

O alumnado de 1º de ESO apúntase a non beber.

O mércores, 20 de febreiro, visitounos Esperanza Otero, Técnico da Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade en Lugo, para falar co noso alumnado de 1º de ESO dos perigos que entraña o consumo de alcol na adolescencia. Esta actividade enmárcase no Plan Proxecta Apuntámonos a non beber que están desenvolvendo os titores de dito curso coa colaboración do Departamento de Orientación.

Boletín familiar: Que transmites aos teus fillos?

No documento adxunto, ou facendo click na imaxe, podedes descargar o Boletín de información para pais/nais/titores legais do mes de Decembro de 2018 elaborado pola Unidade Asistencial de Drogodependencias de Monforte de Lemos e o Equipo de Prevención:

 

Se tedes interés en consultar algún boletín anterior podedes descargar os mesmos a través da páxina do Concello de Monforte. (Área de sanidade, apartado Boletín Familiar), solicitalo na UAD, consultar o seu facebook ou persoalmente a través do Telf. 982 400 495.

Alumnado de 2º de bacharelato na I Feira de Innovación USC-ABANCA

O alumnado de 2º de bacharelato tivo a ocasión de asistir o día 27 de novembro á I Feira de Innovación, organizada en Santiago de Compostela pola Universidade USC e a entidade financeira ABANCA; tras as xestións realizadas pola Orientadora do centro, Consuelo Rodríguez Prieto, para poder acudir á mesma e realizar diferentes actividades.

Na Feira participaron máis de 2.000 estudantes, que tiveron a oportunidade de asistir a exhibicións das máis innovadoras tecnoloxías, presentación de spin-offs e patentes xurdidas na Universidade compostelá, obradoiros de emprendemento, charlas e conferencias, entre outras moitas actividades.

A nosa chegada tivemos ocasión de asistir a unha videoconferencia coa actual Conselleira de Educación, Carmen Pomares Tojo. A continuación podedes ver o vídeo da mesma co alumnado do IES Río Cabe expectante:

De seguido percorrimos a feira, degustamos algún tentempie e asistimos a unha conferencia de Jorge Mira sobre o cambio do uso horario e o ilóxico que sería modificalo.

Pola tarde tivemos ocasión de participar nun "taller Lego", para reflexionar sobre as profesións do futuro dun xeito lúdico e divertido. Facendo click na seguinte imaxe podedes ver algunhas das fotografías do día:

Álbum: Extraescolares -> I Feira de Innovación USC-ABANCA
Distribuir contido