Skip to Content

Falagueira

LECTURA E FAMILIAS CON MIGALLAS

Este xoves, 15 de febreiro, dentro do programa Lectura e Familias un obradoiro de animación a lectura en familia con 

Un obradoiro con contos que invitan a pensar (con miga)

Fomento da lectura a través de:

- teatralización de contos

- adiviñas cantadas "que cousa cousiña é..."

- dun libro imaxinario 

"colle un libro meu amigo ... imaxinate " co que nadamos, voamos, saltamos a corda ...

Biblioforte e Aventurín encantados de acoller estes obradoiros de fomento da lectura en familia. 

Agradecemos a implicación de Carlos e a participación de todas as familias que poideron asistir.

Boa lectura en familia!!!!

 

Día Internacional de la Mujer y la Niña en la Ciencia: Mujeres Entemólogas

El Día Internacional de la Mujer y la Niña en la Ciencia fue proclamado en el 2015 por la Asamblea General de las Naciones Unidas con el fin de lograr el acceso y la participación plena y equitativa en la ciencia para las mujeres y las niñas.

Con motivo de esta celebración y en consonancia con el Proyecto de Centro sobre los insectos se elevora esta infografía en la que se destaca el importante papel de la mujer en la Entemología.

 

 

 

 

COREOGRAFÍA: EL BALLENERO

 

Un grupo de música e danza integrado por alumnado autodidacta de 4º e 6ºB presenta na biblioteca El Ballenero en dúas sesións:

- durante o recreo actúan para o alumnado de primaria.

 

- durante a hora de ler actúan para o alumnado de infantil.

 

 

 

Dúas actuacións brillantes que recibiron unha gran ovación do público asistente e numerosos comentarios positivos posteriormente nas aulas

 

                                     

                               

                  

Parabéns a este  ilusiónante grupo. Agardamos vervos de novo.

 

Grazas tamén aos nosos bibliocolaboradores, sempre dispostos.

 

Sen eles moitas cousas non serían posibles. Grazas!

 

 

O BIBLIOFORMIGUEIRO

Ao regreso das vacacións de Nadal recibimos un paquete cunha etiqueta que dicía FRÁXIL

Era o formigueiro que estabamos agardando! Sorriso

Despois de comprobar que todo estaba correcto, a profesora Ana Jato levouno á súa aula. Ela e o seu alumnado  encargaranse de ofrecerlles o descanso necesario,  realizar a montaxe do formigueiro  e os coidados precisos.

 

 

Despois dunha semana de adaptación e da pertinente preparación informativa realizada na aula, Ana Jato e tres alumnos presénta na biblioteca, dentro dos martes científicos, o formigueiro:

1) video informativo sobre a montaxe do formigueiro e a incormporación das formigas

2) Presentación do formigueiro e as súas partes

3) Formigas, tipos e funcións

4) Coidado e alimentación

5) Observación individualizada e ordenada

Grazas a todo o alumnado asistente polo interese amosado e o seu respetuoso comportamento, sabedores de que ás formigas non lles gusta o ruído.

Ao regreso do entroido, o Biblioformigueiro viaxeiro, visitará durante un tempo todas as aulas que o queiran acoller para observar e coñecer de primeira man ás formigas e concienciarse da dedicación que implica acoller un ser vivo, unha mascota.

Continuará...

 

OBRADOIRO DE CÓMIC CON CRISTIAN CARUMCHO

27/02/2024 06:49
27/02/2024 06:49
Europe/Madrid

AS NOSAS CONTADAS

Comezamos o ano cun amplo programa de Animación á Lectura, As Nosas Contadas.

Un programa de animación lectora semanal compartida: A Hora do Conto, en directo,Contiños Pequenos, na radio.

Un programa no que se fomenta a expresión oral, a escoita, o voluntariado, a solidariedade, o respecto, a lectura pracenteira... e a colaboración e convivencia interniveis.

Con todos vos As Nosas Contadas da 3º semana de 2024:

  • Contiños Pequenos:

 

 

  • A Hora do Conto:

 

    • Contadas en infantil (voluntariado de 5º):
      • Naiara e Sofía, Paco Papán e

 

 

    • Contadas no 1º ciclo (voluntariado de 6º). Breve mostra fotográfica:

 

      • 1ºA: Xiana e Clarisa

 

 

      • 2º A: Ánxel e Lucas.

 

 

 

A vindeira semana, máis contadas.

 

Exposición de Cogomelos e Plantas - 5º de Primaria

 O pasado 21 de novembro o alumnado de 5º primaria participou nunha xornada micolóxica formativa, organizada polas súas titoras, Aurelia e Silvia, coa presenza de Carlos, de Os Lactauros, un experto coñecedor de cogomelos.

Despois dunha charla informativa na biblioteca saen a buscar cogomelos nunha zona próxima ao colexio.

Durante a saída guiada, á que tiven a sorte de asistir, recibimos información sobre os cogomelos que fomos atopando, afianzando a información previamente recibida na biblioteca. Información contrastada e arroupada polo espírito protector dun amante da natureza, que transmite in sito, co seu exemplo, como favorecer a reprodución (tipo de contedor para recoller os cogomelos - con furados), como loitar contra a contaminación (contedor no que recoller restos contaminantes -plásticos, botellas...), como coller mostras das árbores (sen grandes estragos)... en definitiva, un comportamento cívico co noso entorno.

Unha saída guíada moi interesante na que ademais de cogomelos coñecemos o nome de moitas plantas e aprendemos a recoñecelas polas súas follas, a cor do tronco, etc.

De regreso ao centro, o alumnado, coa supervisión de Carlos e a colaboración da biblioteca, escribe unha tarxeta identificativa dos cogomelos atopados e tamén dalgunhas das plantas que vimos durante a ruta.

 

A biblioteca acolle con orgullo esta exposición informativa aberta a toda a comunidade educativa.

Grazas!

Parabéns!!!!

 

Xornada de Bibliotecas Escolares 2023-24

 Onte, 18 de novembro, no Palacio de Congresos de Santiago de Compostela, celebrouse a Xornada de Bibliotecas Escolares de Galicia 2023 na que nos xuntamos 800 persoas dos equipos de biblioteca e docentes xunto a  asesores/as dos centros de formación do profesorado e persoas expertas na temática deste curso "Unha biblioteca escolar en viñetas"

 Unha xuntaza inaugurada pola Sra. Directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa, Dona Judith Fernández Novoa, na que se falou do poder da banda deseñada como soporte para diferentes relatos, da ilustración como linguaxe poderosa... e do papel facilitador da biblioteca a través das novas linguaxes e espazos, dos proxectos, do voluntariado, do fomento da lectura, da participación das familias...

 

Nesta ocasión a Asesoría de Bibliotecas Escolares contou por segunda vez co noso centro para compartir a nosa experiencia no eido da "Lectura e Voluntariado", onde participamaos coa presentación "Acompañamento e voluntariado fan todo moi doado"

 Presentación que podedes ver aquí:

 

 

Con esta presentación amosamos un dos piares da nosa biblioteca, o voluntariado, voluntariado do alumnado de 5º e 6º (Bibliocolaboradores) e de toda unha comunidade educativa, que ao longo dos anos, ben aportando o mellor de sí facendo posible que a nosa biblioteca sexa mais acolledora, inclusiva, solidaria e funcional.

     Persoalmente, como responsable do Equipo de Biblioteca do cole, quero dar as grazas a todos os que nos apoiades no traballo diario: ao alumnado, ás familias, ao persoal non docente (conserxe, cociñeiras, limpiadoras, coidadoras ...), o colectivo Lemos Le e por su posto a todo o profesorado e moi especialmente ao que forman ou formou parte do Equipo de Biblioteca. So coa colaboración de todos podemos ser una Biblio Forte. Grazas!

Grazas tamén á Asesoría de Bibliotecas por contar con nós e pola súa colaboración.

Parabéns a todos/as!

 

 

MOCHILAS VIAXEIRAS 23-24

 

 Pechando as actividades de conmemoración do día da Biblioteca, o venres día 27, saíron as Mochilas Viaxeiras.

Como todos os anos o alumnado agarda con ilusión a súa saída. Trátase dun programa impulsado por Bibliotecas Escolares moi afincado e valorado no noso centro, tanto pola súa aportación ao fomento da lectura como pola implicación de toda a comunidade educativa, o fomento da solidariedade e desfrute e coidado dos bens comunitarios.

O equipo de biblioteca agradece a boa acollida deste programa e a implicación de toda a comunidade educativa que dun xeito ou outro participa nas distintas fases do programa:

  • preparación, organización e seguimento do programa (mochilas viaxeiras) -> equipo biblioteca.
  • entrega de mochilas e colaboración -> bibliocolaboradores.
  • organización semanal na aula -> profesorado titorías.
  • utilización do material e participación no caderno de vitácora -> familias.

Sen máis dilación así foi o pistoletazo de saída das mochilas viaxeiras 2023-24 na hora de ler coa colaboración dos nosos Bibliocolaboradores:

- Entrega de mochilas

 

 

- Colaboración e acompañamento na saída:

 

Como todos os anos estamos orgullosos do noso gran equipo de bibliocolaboradores.

Desexamos que o material das mochilas sexa do voso agrado.

Este ano renovamos todo o material das mochilas con libros de recente incorporación ao catálogo da biblioteca. Tívose en conta o alumnado ao que van dirixidas e o tempo de que dispoñen (1 semana).

Co afán de seguir mellorando agradecemos as suxestións que nos queirades achegar.

Moitas grazas a todos!

 

O equipo de biblioteca.



MARATÓN DE LECTURA NO PATIO

 

 

Alumnado, coidadoras e profesorado celebramos o Día Mundial do Medio Ambiente lendo no patio durante a Hora de Ler.

Cada 5 de xuño celébrase mundialmente o día do medio ambiente coa finalidade de concienciarnos sobre a importancia de protexer o noso planeta e promover accións individuais e colectivas a prol da conservación do medio.

Desde a biblioteca, prográmase a hora de ler deste día no patio, cunha triple finalidade: a educación no coidado dos espazos verdes do cole, a lectura e a inauguración do novo equipamento instalado no exterior grazas a dotación económica recibida do programa de Bibliotecas Escolares PLAN LIA. Programa que nos permitiu modernizar a nosa biblioteca a nivel de instalacións, fondos e prestacións (E-ELBE 2, KOHA,). Pero ademais das melloras realizadas no interior do centro hoxe pareceunos un estupendo día para inaugurar o equipamento que a biblioteca ven de instalar no exterior: dúas casiñas minibibliotecas, coa finalidade de fomentar a lectura libre no exterior , e unha pérgola que agarda ser un punto de encontro para ler, investigar e experimentar, un laboratorio de experiencias múltiples instalado nun entorno natural que nos permitirá observar , estudar e coidar a natureza.

 

Con estas novas instalacións a biblioteca abre as portas ao exterior para favorecer a alfabetización múltiple ,aproveitando o entorno natural do noso centro e fomentar unha educación saudable e respectuosa co medio ambiente nun entorno natural e acolledor.

 

Así foi a nosa Hora de Ler este 5 de xuño de 2023:

 

Rematado o recreo, o alumnado xa non sube as aulas; cada quen diríxese a súa zona de lectura, previamente anunciada por megafonía.

 

No patio de infantil: alumnado de 4 e 5 anos cos padriños lectores de 5º de primaria

 

 

Na zona do pavillón: alumnado de 3º, 4º e 5º.

 

 

 

No patio próximo a biblioteca: alumnado de 1º e 2º.

 

 

 

Na pérgola: alumnado de 3 anos e alumnado de 6º.

Optamos por inauguran esta instalación cunha lectura solidaria na que participan o alumnado que se incorporau este curso ao centro e o alumnado que remata primaria. A cada neno/a de 3 anos un ou dous alumnos de 6º lles le un conto, xunto a outros compañeiros de 6º que incentivan á lectura co seu exemplo lector.

 

 

 

 

 

 Unha fermosa experiencia para repetir moitas veces.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut