Skip to Content

Conmemoracións

LETRAS GALEGAS 2022: HOMENAXE COLABORATIVA

 

Un ano máis o Colectivo Lemos Le, agrupación de bibliotecas públicas e escolares da Comarca de Lemos, ao que pertencemos, homenaxea a persoa a que se dedica o Día das Letras Galegas.

Aquí tedes a homenaxe colaborativa a Florencio Delgado Gurriaránun vídeo no que se poden descubrir varios datos  sobre a súa biografía e ver o recitado de varios  videopoemas elaborados por diferentes bibliotecas do colectivo.

A nosa aportación é o videopoema Ao Reiseñor (minuto 2:20) lido por alumnado de 4º de primaria no exterior do centro, xa que a biblioteca segue en obras.

.

Día do Libro 2022

Como cada 23 de abril, para render homenaxe á literatura e fomentar a lectura entre a poboación, celébrase o Día do Libro .

Un ano máis a nosa biblioteca sumase a esta homenaxe. Nesta ocasión intentando achegar e por en valor A PALABRA a través dos libros e amosando como as persoas poden acceder a esa PALABRA: linguaxe escrita, oral e  Sistemas Aumentativos e Alternativos de Comunicación (SAAC).

Aproveitando os libros existentes na biblioteca e a boa disposición, profesionalidade e excelente formación de tres profesoras especialistas do centro (Lety, Sandra e Sonia) a última quincena de abril o alumnado coñecerá a existencia destes libros e terá contacto, a través da poesía, con poemas en Braille, Pictogramas e LSE.

A través da poesía e dos libros, pretendemos sensibilizar e dar a coñecer a existencia de nenos e nenas, como eles, que para gozar da lectura precisan a axuda de diferentes sistemas de comunicación aumentativos e/ou alternativos (SAAC).

Sensibilización que se estende tamén ao coñecemento das necesidades das persoas que precisan estes sistemas de comunicación, como detectar esa necesidade, como brindarlles a nosa axuda...

 

En definitiva, uns obradoiros, baixo o lema “Información, formación, pracer e solidariedade“  para promocionar e fomentar a formación, a  lectura e a inclusión e así saber brindar acompañamento cando sexa necesario e na xusta medida.

Parabéns a estas tres compañeiras polo seu traballo, moi ben valorado polo alumnado e profesorado asistente.

E como non, o noso AGRADECEMENTO pola sua altruista implicación.

GRAZAS!

DÍA DA POESÍA

 

  O 21 de marzo celébrase o Día Mundial da Poesía, data elixida pola UNESCO para recoñecer o valor da arte poética como símbolo da creatividade humana, e honrar a todas as persoas que loitan cada día por crear un mundo mellor utilizando só as palabras como ferramenta.

  Para conmemorar esta festividade  tres ex-profesores do centro (Mari Carmen, Antonieta e Luís), con poético corazón, aceptaron a nosa invitación de participar nun obradoiro de poesía, dirixido ao alumnado de primaria, coordinado polo poeta e profesor do centro, Luis Ahijado Gómez.

 

 

  

 

 Aquí tedes unha pequena reportaxe deste importante obradoiro.

 

 

Dende o equipo de biblioteca e a nivel de centro, valoramos moi positivamente este obradoiro e a colaboración altruísta destes tres ex-proferores, a vez que destacamos a implicación ilusionante do profe-poeta Luis.

 

Agardamos, froito deste obradoiro, poder espertar o espírito poético do alumnado.

 

 

14 Marzo: DÍA INTERNACIONAL DAS MATEMÁTICAS

HOXE 14 DE MARZO CELÉBRASE O DÍA INTERNACIONAL DAS MATEMÁTICAS

 

La 40ª Conferencia General de la UNESCO proclamó el día 14 de marzo de cada año como Día Internacional de las Matemáticas.

Para este año 2022 se ha decidido que el tema sea Las matemáticas que unen / Mathematics Unites. Yulija Nesterova, Canadá, estudiante y proponente del tema señalaba «Las matemáticas unen», para señalar que es un lenguaje común que todos tenemos y un tema con el que encontrarnos». También destacamos lo que la portuguesa Carlos Simoes decía sobre el tema «Las matemáticas nos unen como criaturas sociales (las matemáticas, como herramienta tanto de la tecnología como educación, nos ayuda a crear vínculos entre nosotros, sin importar la geografía, la riqueza, el género, religión, etnia, etc …)» (Fuente: https://idm314.es/  )

 

 

 
   
  Lunnis de Leyenda: Ada Lovelace 

ADA LOVELACE: La 1ª programadora de la Hª.

 

ALGÚNS RECURSOS MATEMÁTICOS 

 

  • UN XOGO PARA INFANTIL

 

  • UN XOGO DE TARXETAS PARA PRIMARIA

 TARXETAS EN PDF

 

 

Semana da Prensa

 

Para celebrar a Semana da Prensa que mellor que facilitar o contacto coa prensa. O equipo de Dinamización Lingüística e de Biblioteca distribuíron polas aulas lotes de exemplares do Papagayo, Reportero Doc e La Voz de Galicia, tres modelos de prensa distintos.

 

 

Día da Muller 2022: Muller e artesanía

Un ano máis celebramos o Día da Muller. Nesta ocasión facendo visible o papel da muller no eido artesanal a través da Oleira Otília Arias e da ilustradora Estefanía Padullés.

Otília Arias, xunto con Tomás López, rexentan o obradoiro Figulus grazas o cal manteñen viva na actualidade a longa tradición oleira de Sober, unha artesanía característica da Ribeira Sacra lucense.

Otília e Tomás impartiron na biblioteca un obradoiro de olería para o alumnado de 4º e 5º. Durante o obradoiro o alumnado puido coñecer, entre outras cousas, a tradición oleira de Gundivós e as peculiaridades do Torno Baixo.

Ademais de traballar co barro e elaborar as súas propias pezas.

No descanso, Otília visitou a nosa radio para realizar unha entrevista.

 

 

Pola súa banda a ilustradora Estefanía Padullés, impartiu un obradoiro de ilustración ao alumnado de 2º e 3º. Obradoiro no que tamén puxo en valor o papel da muller na artesanía tradicional en xeral e na olería do noso entorno próximo, en particular.

 

 

 

 

 

Ademais, grazas á xenerosidade de Estefanía, podemos desfrutar durante un par de semanas da exposición do seu conto “Leopoldo, Pequeno Moustro”

e o alumnado de infantil escoitou a historia do pequeno mostrou Leopoldo na voz da súa autora e ilustradora.

 

Moitas Grazas!!!!

DÍA DA MULLER E DA NENA NA CIENCIA - 11 de Febreiro

 

La Asamblea General de la ONU declaró el 11 de febrero Día Internacional de las Mujeres y las Niñas en la Ciencia con el fin de lograr el acceso y la participación plena y equitativa en la ciencia para las mujeres y las niñas, y, además, en reconocimiento al papel clave que desempeñan las mujeres en la comunidad científica y la tecnología.

El alumnado de 5º A se sumó a esta celebración de reconocimiento del papel de la mujer en la ciencia, investigando sobre algunas de las mujeres científicas más relevantes a lo largo de la historia y gravando un programa de radio informativo que se puede escuchar en Radioforte.

  

Buen trabajo. Gracias.

30 de Xaneiro: DÍA DA ILUSTRACIÓN

 

Unha das datas destacadas do Calendario do Libro e da Lectura de Galicia é o Día da Ilustración, que se estableceu en 2014 cada 30 de xaneiro, coincidindo co aniversario de Alfonso R. Castelao. 

  

O Día da Ilustración é unha iniciativa da Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia en colaboración coa Asociación Galega de Profesionais da Ilustración (AGPI).

 Ademais de lembrar e reivindicar o papel dos profesionais da ilustración na industria cultural, cada ano é homenaxeado un ilustrador histórico galego. O protagonista deste ano é Reimundo Patiño, un dos pais do cómic en galego.

 

O alumnado de 2º de primaria ven de conmemorar o aniversario de Castelao coñecendo e ilustrando algúns dos seus debuxos baixo o lema "A palabra ilustrada de Castelao" combinando  nunha mesma actividade o Día da Ilustración e A Palabra,  tema prioritario de BE de este ano.

 

Para cada un dos debuxos seleccionados e ilustrados debían comentar o que lles suxerían e propor unha Palabra  identificativa.

Este foi o resultado:

 

 

 

 

 

Precioso traballo!

Que grandes artístas!

 

BO NADAL 2021

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut