Skip to Content

Conmemoracións

21 de Marzo, Día Mundial da Poesía

Hoxe celebramos o día mundial da poesía a distancia, na casa.

Invitámosvos  a ler, polo menos, un poema.

Nestes enderezos podedes atopar moitos poemas:

  • en galego: Poemas para peques (CLIC)
  • en castelá: Educapeques (CLIC ), Carmen Gil (CLIC
  • en inglés: TET Education ( CLIC)
  • en francés: Canciones y Rimas ( CLIC )

Pero tamén podedes  ler o voso poema favorito, un poema escrito por vos, poemas en castelá, inglés, francés ou en calquera idioma.

E, si vos animades a gravalos e envialos por Whatsapp, podemos facer un recital radiofónico e compartilo con todos.

Ánimo!

Feliz día da Poesía!

 

8 de marzo: Día Internacional da Muller

Entre as actividades levadas a cabo no centro en relación co 8 de marzo, Día Internacional da Muller;  Biblioforte impulsou e coordinou:

  • a lectura coeducativa

  

(Punto de Lectura)

  •  a educación pola igualdade

  

 

   

(alumnado de 1º e 2º)

  • libro de Inés Fernández, unha muller para o 8 de marzo (xa catalogado e a vosa disposición)

 

O conto está elaborado polo Centro de Información á Muller coa colaboración do Colectivo Lemos Le (integrado por bibliotecas escolares e municipais da Comarca de Lemos e a Asociación de Libreiros de Monforte) e está ilustrado cos traballos dos escolares dos concellos da Comarca de Lemos.

 

  • un rueiro en igualdade

-Novembro: alumnado de 6º elabora un rueiro científico de Monforte / ningunha muller científica.

-Febreiro: alumnado de 6º fai un mural con: "As nosas científicas preferidas".

-Marzo: o alumnado de 6º solicita entrevista co Señor Alcalde para achegar os seus traballos e propostas.

 

 

Entroido 2020

Un ano máis celebramos moi ledos o entroido, pero este ano, se cabe, un chisquiño máis ledos, pois o noso compadre e comadre obtiveron o 1º premio no concurso organizado polo concello.

Biblioforte, celebra este recoñecemento ao bo facer dos nosos artistas. Parabéns!

Que dous seres fantásticos da nosa cultura popular próxima fosen Compadre ("O Trasno dos bosques") e Comadre ("A Xacia dos ríos"), foi para nós moi satisfactorio e permitiunos traballar moi activamente, nuns casos tomando a iniciativa e noutros colaborando, dúas lendas populares.

A través do Trasno dos bosques e as Xacias, a biblioteca quixo ser ese Vieiro de Cidadanía, lema das bibliotecas escolares do presente curso. Dunha cidadanía coñecedora da súa cultura e implicada na súa conservación cultural e patrimonial, material e inmaterial.

Xunto a tan nobres valores, dende Biblioforte, quixemos fomentar:

-A lectura

-A investigación

 

 

-A creación literaria: Concurso de relatos curtos. Concurso que contou cunha ampla participación.

   Na próxima semana coñeceremos os gañadores. Grazas!

e

- A creación artística: ilustración do noso propio conto “A Xacia Noviña”, a nosa xacia do río Cabe, unha xacia protectora do río; parente próxima da Xacia Luviña.

 

... No cole podedes ver a exposición completa.

Sodes estupendos, sentímonos moi orgullosos de vos!

Xoves de Compadres

Con motivo da celebración do Xoves de Compadres presentámosvos, o Trasno dos Bosques, un ser mitolóxico e ecoloxista que vive nos bosques da Ribeira Sacra para coidalos e protexelos.

A este trasno,  acompáñano á praza de España, numerosos trasnos elaborados polo alumnado nas aulas para encontrarse cos compadres doutros coles e barrios de Monforte.

 Ademais, Biblioforte, co propósito de dinamizar a escritura e o coidado e conservación do noso planeta,  invita ao alumnado a participar no I Concurso de Microrrelatos: Compadres e Comadres.

Ánimo!

 

11 de Febreiro, Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia

A Asemblea Xeral das Nacións Unidas, en 2015, proclamou o 11 de febreiro como o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia coa finalidade de lograr o acceso  e a participación plena e equitativa das mulleres na ciencia.

No cole expuxemos o mural " As Nosas Científicas Preferidas", froito dun traballo de investigación bibliográfica previo realizado polo alumnado de 6º, alumnado que no mes de novembro xa investigara a biografía de importantes científicos para a elaboración do Rueiro Científico de Monforte; rueiro no que  non aparece ningunha científica e que nos gustaría que cambiara.

 

 

María de los Angeles Alvariño, Margarita Salas, María Josefa Wonenburger Planells, Jane Goodall, Caroline Herschel e Maríe Curie, son as súas 6 Mulleres Científicas Preferidas.

Outra posible candidata para dar nome a unha rúa de Monforte podería ser Margarita Rodríguez, unha das tres boticarias máis antigas de Galicia (séculos XVI - XVII).


 

Día da Paz

Na última quincena de xaneiro, nas aulas, traballamos   palabras "máxicas" relacionadas coas habilidades sociais básicas que contribúen a aprender e fortalecer a convivencia pacífica entre as persoas.

Con estas palabras, unha por aula, decoramos a árbore da sabedoría situada na entrada da biblioteca. Ao seu carón, estaba a cadeira das apertas, onde podías sentar para recibir unha aperta de Aventurín ou ti mesmo darlle unha aperta a outra persoa.

 

Tamén as titorías e os  diferentes departamentos traballarón habilidades e palabras que fomentan e definen a paz.

Velaquí unha pequena mostra:

 


E xa para rematar,  o día 30, todos xuntos, celebramos unha xornada festiva lucindo os nosos simbolos da paz  durante a lectura e exposicións dos murais  realizados. Tras esta esposición  cantamos "De festa", rematando cunha sesión de apertas de balde.

 

Bo Nadal

3 de decembro Día Internacional das Persoas con Discapacidade

Actividades para a  reflexión:

 

Novembro mes da ciencia en galego (III); "Rueiro científico de Monforte de Lemos"

Hoxe, xoves 28 de novembro, coa exposición do "Rueiro Científico de Monforte de Lemos" rematamos as actividades programadas dende a biblioteca para o mes de novembro, mes da ciencia en galego.

Alumnado de 6º en pequenos grupos de 2 e 3 alumnos fixeron un traballo de investigación sobre os científicos aos que Monforte ten dedicada unha rúa. Un total de 10 científicos, 5 deles da zona (Antonio Casares, Abelardo Baanante, José Goyanes Capdevila, Máximo Teijeiro Fernández e Juan López Suárez, Xan de Forcados), 4 españois (Santiago Ramón y Cajal, Juan Rof Codina, José Echegaray e Severo Ochoa) e un europeo (Alexander Fleming).

Todos eles personalidades de relevancia no eido da ciencia pero támen a nivel persoal, uns benefactores, outros altruístas e todos impulsores de melloras no eido da ciencia que contribuíron a grandes avances científicos que supuxeron  unha mellora na calidade de vida das xentes de onte e hoxe.

 

Grazas a todos pola vosa participación nas diferentes actividades programadas para este mes de novembro.

Rueiro Científico de Monforte de Lemos

Este xoves 28 de novembro, na biblioteca do CEIP Monforte, terá lugar a derradeira actividade da programación do mes da ciencia.

Trala exposición xeral do pasado xoves; este xoves  alumnado de 6º presentará o Rueiro Científico de Monforte, un traballo de investigación sobre os diferentes científicos aos que se lles dedica algunha rúa de Monforte.

Froito desta investigación xurde un Rueiro Científico en Google Maps ao que se pode acceder dende esta imaxe.

https://www.google.com/maps/d/edit?mid=1Xl6s4J0TQxdsjP1U8ZFBH9Avugn6TUzh&ll=42.52709924711114%2C-7.510783045624635&z=16

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut