Skip to Content

Conmemoracións

NOVEMBRO, MES DA CIENCIA NA BIBLIOTECA

Un ano máis invitámosvos espertar o voso espírito científico e  experimentar.

Pretendemos que experimentedes nas vosas casas con materiais presentes nas nosas cociñas (froitas e hortalizas) e que compartades a vosa experiencia online dado que este curso non é posible nin facer experimentos na biblioteca nin expoñelos presencialmente, pero si que podemos experimentar nas nosas casas e compartilos gravando un audio, un vídeo e /ou cubrindo a ficha de experimentación:

A continuación tedes uns vídeos e un pdf con algúns experimentos, a modo de exemplo, para experimentar e logo compartir pero vos podedes experimentar moitos outros e compartilos entregándoos na clase ou enviándoos ao enderezo electrónico ebiblioforte@gmail.com 

Ánimo!

 
<
   

Recursos para Samaín

 UNIDADES DIDÁCTICAS

  Tamén podes consultar as UD de anos anteriores:  

2012 2014
2015 2016

 

 

Outros recursos interesantes:

 CANCIÓNS

Paco Nogueiras - Samaín

 

Uxía Lambona e a banda molona - Samaín

 
Skeleton Dance
 
 

Curtametraxes

 
A aventura de Nera - Unha historia de Samaín

 

A bruxa regañadentes
 
 
Os difuntos falaban Castelao
 
A meiga chuchona
 
Fiz o coleccionista de medos
 
 

 

Pato Donald Truco o trato
 

 

COREOGRAFÍAS

 
This is Halloween
 
 
 
Rave in the grave



 Spooky Scary Skeletons

 
 

 
Just Dance Haloween Compilation


Día Biblioteca 2020

 

Un ano máis celebramos o Día da Biblioteca entre libros e lecturas, si ben, este ano con moitas limitacións pero con tanta ilusión como en anos anteriores.

Este venres o alumnado recibiu o tradicional marcardor do Colectivo Lemosle. A poetisa Olga Novo agasollounos cun fermoso texto sobre a súa relación cos libros e como comezou o seu amor pola lectura e escritura.

Durante a semana escribimos os nosos propios contos e disfrutamos moito coa lectura.

O venres o alumnado de Infantil e 1º ciclo, durante a Hora de Ler, poido disfrutar da lectura realizada polo Voluntariado Lector de 5º, en diferentes modalidades: ben a traves de video conferencia ou de leituras previamente grabadas. 

 

      

A vindeira semana estaran dispoñibles unha selección de contos escritos e lidos polo noso alumnado para todos os que queirades escoitalos.

 

Agardamos que sigades vencellados ao placer de ler.

 

 

 

 

5 DE XUÑO: DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE

 

5 de xuño, lembremos que o  Planeta, como sempre, necesita os nosos coidados.

 

 

  • Que fixeron:

 

Unha Semana moi Ecolóxica

Comezamos o mes de xuño cunha semana moi ecolóxica:

O vindeiro día 3 de xuño celébrase o DÍA MUNDIAL DA BICICLETA, e o 5 de xuño o DÍA DO MEDIO AMBIENTE.

Aínda que popularmente celebrábase o día da bicicleta o 19 de abril, desde o ano 2018 a Asemblea Xeral das Nacións Unidas declarou o 3 de xuño como a data oficial para a súa celebración.

Desde o equipo de biblioteca propoñémosche usar a bicicleta e 5 Eco-Retos que poderás ir anotando no calendario e o final da semana comprobar se fuches unha persoa Eco-Responsable.

Ánimo!!!

 

 

LETRAS GALEGAS 2010-2020 - COMARCAS GALEGAS

Lembra en que comarca naceron os homenaxeados polo Día das Letras Galegas 2010-2020.

Ánimo!

Letras Galegas 2010 -2020

Localiza o lugar de nacemento dos homenaxeados polo día das letras galegas durante os anos 2010 -2020

LETRAS GALEGAS 2020: RICARDO CARBALLO CALERO

Pasa palabra sobre Ricardo Carballo Calero

 

RECOMENDACIÓNS LECTORAS - LECTÓMETRO CASEIRO

Grazas pola vosa participación no Reto dos marcadores. Case duplicamos o reto.

 Sodes os MELLORES

GRAZAS!!!!

E para celebrar o Día do Libro elaboramos, coas vosas recomendacións e preferencias lectoras, un lectometro de aula.

Agardo que vos gusten as recomendacións dos vosos compañeiros.

Que a lectura non pare!

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut