Skip to Content

Conmemoracións

Reto Conseguido!!!!

Parabéns!

Reto Conseguido!!!!!!!!!!!!!!

 

Grazas!!!!!!!!!!

 

SEMANA DO LIBRO. O RETO COMEZA!

COMEZA O RETO!. ÁNIMO!!!!!

DÍA

Xoves

16

Venres

17

Sábado

18

Domingo

19

Luns

20

Martes

21

Mércores

22

Xoves

23

RETO

>100

CONTADOR

7

44

 21

68

 16

 4

4

4

168
  • Xoves 16

 

  •  Venres 17

 

 

  • Sábado 18

 

 

 

  •  Domíngo 19

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 .....

 

 

  • Luns 20

 

  • Martes 21

 

  • Mércores 22

  •  Xoves 23

 

 

 

Semana do Libro 2020

 

Axúdanos a superar o RETO

 

MÁIS DE 100 MARCADORES DE LIBROS NUNHA SEMANA

 

Elabora un marcador con materiais diversos que teñas pola casa, bótalle imaxinación, e envía unha imaxe co teu marcador e o teu libro preferido ou o libro que estés lendo nestes momentos.

Neste vídeo    atoparás algunha idea (https://youtu.be/XY4kv1mAgIU )

Animo! Participa!

8 de abril - Día Internacional do Pobo Xitano

O Día Internacional do Pobo Xitano conmemorase o 8 de abril. Esta data recorda o Primeiro Congreso Mundial romaní/xitano celebrado en Londres o 8 de abril de 1971 no que se instituíu a bandeira e o himno xitano.

  • A bandeira

  • O himno

  • A Canción:La Saeta (por Camarón de la Isla a dúo con Serrat)

  • A Poesía:  García Lorca, Mariposa del aire

  • O Conto: De que están hechas las niñas flamencas

 

 

7 de abril - Día Mundial da Saúde

Desde 1948 cada 7 de abril celébrase o Día Mundial da Saúde; celebración que este ano está marcada pola loita contra a pandemia global do Covi19.

Un día para agradecer aos sanitarios do mundo, e aos sanitarios galegos en especial,  o enorme sacrificio e esforzo que están poñendo para manter sa a poboación, incluso  poñendo en risco a súa propia saúde.

Grazas tamén a todo o persoal non sanitario, igualmente imprescindible e valioso.

GRAZAS!!!

  • Homenaxe aos profesionais da Saúde

  • Mario García, "Tic-Tac" (o líder do grupo Tregua e enfermeiro no Chuac, compuxo esta canción tras un mal turno no hospital)

  • U2, "Let Your Love Be Known"

Día Internacional do Libro Infantil (2 de abril)

Conmemoramos cada 2 de abril, o aniversario do nacemento do escritor danés Hans Christian Andersen e o Día Internacional do Libro Infantil (DILI). 

A sección patrocinadora deste ano é Eslovenia que difunde a mensaxe de Peter Svetinai lustrada por Damijan Stepancic: Fame de palabras.

Trátase dunha celebración moi importante para a nosa biblioteca, por iso en consonancia coa mensaxe patrocinadora “Fame de Palabras” propoñémosvos, escribir, pintar pero sobre todo dicir palabras fermosas.

Pero ademais podedes celebrar este día, desde a casa:

-       Participando no Concurso CALIX, da Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil: “Un Poema na túa Voz” (para maiores de 6 anos; remata o 10 de abril)

-       Enviándonos a imaxe da túa palabra fermosa para  a nosa exposición.

-       Lendo algún libro

o   Aquí tes unha suxestión de lecturas para ler sen salir do fogar: 

Boa lectura!, Feliz Día!

"Ilumínalo AZUL " - Día Mundial do Autismo

Cada 2 de abril celébrase o Día Mundial do Autismo, co obxectivo de concienciar á sociedade e promover a inclusión social das persoas con trastorno do espectro de autismo para contribuír a facer visible unha imaxe real e positiva destas persoas así como a súa realidade, necesidades e capacidades.

Cada ano, por este día, miles de edificios e monumentos emblemáticos de todo o mundo ilumínanse de azul como mostra de apoio e solidariedade con este colectivo de persoas con trastorno do espectro do autismo  (TEA) e as súas familias.

Este ano 2020, como novidade e atendendo ás circunstancias do estado de alarma, invitase a toda a cidadanía a

saír a balcóns e ventás hoxe xoves 2 de abril as 21:00 para que acendamos móbiles ou lanternas como mostra de solidariedade ao colectivo TEA

mediante a versión de Light It Up Blue #LIUB  para sumarse desde a casa, en momentos nos que é tan necesaria a luz e a solidariedade, especialmente coas persoas máis vulnerables .

 

Proposta de traballo manual: lanterna ou móbil con luz azul.

A luz azul podemos conseguila, por exemplo, cubrindo o foco de luz  con:

-papel celofán azul  

-papel de película transparente ou cinta adhesiva transparente coloreada con permanente azul.

 

Algúns recursos para o colectivo TEA:

Pictotraductor  Pictosonidos

Pictocuentos

Pictoagenda Pictojuegos Pictoeduca
Wikipicto Aprendices Visuales

Cuentos y Canciones

con Pictogramas

El concierto

(conto)

CEDD

(contos sobre discapacidade)

Aula Abierta

ARASAAC

 

 

DÍA MUNDIAL DO TEATRO - QUEDA NA CASA

Ola!!!

Xa temos o nosa primeira obra teatral dende a casa. Agardamos que moitos máis nos enviedes os vosas obras teatrais. Ánimo!

  • Los tres cerditos y el lobo feroz

Grazas Antón!  Eres un actor SUPER XENIAL!!!!

 

 

27 de marzo, Día Mundial do Teatro

Día da Poesía 2020: Recital poético

 

A pesares da situación actual non queriamos deixar de celebrar o Día da Poesía; así que, dende a biblioteca, propuxemos un recital poético por WhatsApp.

A iniciativa tivo unha excelente acollida, preto de 20 participantes recitaron unhas 100 poesías. Poesías, recollidas en tres bloques para facer máis fácil a súa audición.

Para poder escoitalas sintoniza RadioForte (Biblioforte Dixital) facendo CLIC Aquí.  ou no seu Logo.

Grazas a todas as persoas (alumnado, nais e mestras)  que fixeron posible este reto: unha tarde inninterrumpida de lectura poética, e nos permitiron desfrutar deste día en comunidade.

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut