Skip to Content

Conmemoracións

Novembro mes da ciencia en galego. Exposición Científica xeral

Onte xoves, día 21, na biblioteca tivemos unha exposición xeral de todos os experimentos e traballos expostos e realizados durante este mes ademais de moitos outros presentados onte por primeira vez.

Unha ampla programación que nos permitiu aprender dun xeito práctico moitos conceptos relacionados coa ciencia, a física  e a química.

 

Si queredes ver vídeos e imaxes deste acto podes facelo no blog do cole

Con este evento damos practicamente por rematada a nosa programación sobre "Novembro mes da ciencia"

Tan só o vindeiro xoves, no recreo, o alumando de 6º presentará o seu traballo de investigación sobre algúns científicos. Estades invitados.

Grazas pola vosa participación.

Estamos orgullosos do voso traballo e colaboración. Grazas!

Novembro mes da ciencia en galego (II)

Como ben sabedes, os xoves é o día adicado a ciencia, "Xoves de Ciencia", pero este luns tamén tivemos un "Luns de Ciencia" por ser o día anterior, 10 de novembro, o Día Mundial da Ciencia para a Paz e o Desenrolo.

Aquí tedes unha mostra do noso Luns de Ciencia:

  • Traballos de experimentación realizados na casa sobre "Os volcáns"

 

 

 

 

Traballo de experimentación: "O reloxio de auga"

 

  • Traballo de experimentación, "Copa de Pitágoras"    e "Fluido no newtoniano"

 

Grazas, grazas!

Estamos moi orgullosos de todos vos!

Ao longo deste mes, os xoves no recreo, seguirán as exposicións dos traballos dos amigos da ciencia.

Acudide!

Novembro mes da ciencia en galego (I)

Experimentos e traballos de investigación son os puntos centrais da nosa particular forma de potenciar a ciencia  ao servizo dun mundo mellor e sotible

Aquí tedes unha mostra do traballo realizado.

Venres, día 8 -11-2019:

  • Traballo de experimentación "Os Volcans"

 

  • Traballo de experimentación: "O ovo saltarín".

 

  • Traballo de investigación: "O espazo"

Grazas a todos!

 

Novembro mes da ciencia en galego

A Organización para Educación, a Ciencia e a Cultura (UNESCO), promove o achegamento da ciencia a sociedade, a través , entre outras cousas, de acordar dedicar o día 10 de novembro a celebrar o Dia Mundial da Ciencia para a Paz e o Desenrolo, coa finalidade de achegar a ciencia a cidadanía e fomentar a atracción dos cidadáns polo apoixanante mundo da investigación, pois a ciencia é unha ferramenta coa que a humanidade intenta comprender o mundo que lle rodea.

Pero a ciencia ademais ten un papel fundamental na construcción da paz e o desenrolo sostible, en tanto que os avances científicos permítennos atopar a solución a moitos dos novos desafíos económicos, sociais e medioambientais actuais.

Con este Dia Mundial promovese o achegamento da ciencia a sociedade, pois canta mais formación teñan os cidadáns maior será a comprensión da fraxilidade do planeta no que vivimos e polo tanto a súa implicación e aportación para crear sociedades mais respectuosas co planeta.

Dende a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria tamén se impulsa o coñecemento científico a través da promoción da celebración anual de novembro como  MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS. Este ano marcada pola elección dunha imaxe e a difusión dun texto, a modo de Manifesto, do científico Ángel Carracedo, profesor de Medicina Legal, Ética Médica e Bioloxía Molecular da Universidade de Santiago de Compostela. Coñecido investigador e divulgador científico, Ángel Carracedo ten colaborado coas bibliotecas, tanto públicas como escolares, na difusión dos valores científicos e do acceso ao coñecemento.

 

En Biblioforte tamén queremos poñer o noso gran de area na contribución a difusión dos valores científicos e no fomento da formación responsable para contribuír a que cada día a nosa sociedade sexa máis sostible, solidaria e máis comprometida coa conservación do noso planeta.

Por todo iso este mes estamos a fomentar o coñecemento científico a través de traballos de investigación e experimentación nas aulas e nas casas que lo se expoñen na biblioteca durante o recreo.

A participación está sendo espectacular tanto a nivel de ponentes como no elevado número de alumnado, que interesado por estes temas acude a biblioteca no seu tempo de lecer.

Semana da Biblioteca, "Os venres un conto"

Como colofón  a nosa semana da biblioteca, a habitual e clásica sesión de “Os venres un conto” durante o recreo.

Para este día dúas alumnas de 6ºA elixiron “El fantasma Fran” pola súa proximidade a celebración do Samaín, conto co que iniciamos a dinamización da próxima semana centrada no Samaín / Hallowee.

Semana da Biblioteca con Cé Orquestra Pantasma

Biblioforte, no seu papel de dinamizadora da lectura, da lingua e da cultura galega, da creatividade, da inclusividade, ... e da imaxinación, abriu as ´suas portas ao espectáculo de contos, música e baile de Cé Orquestra Pantasma, nome baixo o que se agocha o vigués César Freiría, músico autodidacta e apaixonado dos instrumentos musicais.

 César, combinando os seus coñecementos de carpintería e musicais elaborou un vistoso “artefacto” que lle permite facer soar catro ou cinco instrumentos simultaneamente: acordeón ou guitarra nas mans; filharmónica ou trompeta na boca e bombo, pandeireta, caixa e pratos no lombo, accionados cos pes cun complexo mecanismo de cables.

 Un gran músico que aproveitando a súa formación de mestre, deleitounos con dúas brillantes actuacións didáctico – festivas onde o público deixa de ser espectador para converterse en protagonista.

 A primeira sesión, dedicada ao alumnado de infantil e primeiro ciclo, descorre ao fío do libro “A Voar”, un conto para soñar con música para brincar. Libro que conta a historia da pequena Xoana, unha xoaniña que movida pola curiosidade e o desexo de voar, emprenderá unha longa viaxe que a súa vida cambiará.

 

 

A segunda, para alumnado de 3º a 6º de primaria, transcorre ao fío de contos e lendas da cultura galega e do propio autor, quen ao son de diferentes estilos da música popular vai engaiolando ao público e así entre rimos, música e baile achega ao público infantil a cultura galega.

 .............................................................................................................................................

Para ver videos fai clic na imaxe

 

 

Semana da Biblioteca en Biblioforte

Estamos a celebrar a semana da biblioteca.

Aventurín está moi ledo pola implicación de todo o colectivo nesta celebración festiva:

Luns:

Comezo da lectura e posterior ilustración do libro A voar.

  

Martes:

Exposición dos Libros de Outono realizados polo alumnado de infantil e 1º e 2º de primaria.

Preciososssss!, como podedes ver e ler.

 

Mércores:

Concerto de Cé Orquestra pantasma.

 

Xoves:

Voluntariado lector:

                No banco da lectura “Le comigo”

Unha aposta pola solidariedade, a lectura e a reciclaxe, grazas a implicación da nosa directora e a colaboración familiar. Grazas!

Agardamos, en breve, poder incorporar os rótulos que o alumnado está a realizar nas aulas estes días. Grazas!

Boa lectura!!!!!

 

                No patio de infantil “Padriños lectores”

Alumnado de 5º e 6º len aos mais pequenos do cole.

Venres:

Os venres un conto (alumnado voluntario).

 

 

 

Día das Mulleres Escritoras

Desde 2016, o luns máis próximo ao 15 de outubro (festividade de Santa Teresa de Xesús) celébrase o Día das Escritoras, celebración coa que se busca reivindicar a labor e o legado das escritoras ao longo da historia.

Biblioforte sumase a esta celebración cunha exposición de libros das escritoras máis lidas no cole,

    

ademais dunha breve presentación das mesmas na revista da biblioteca, Falagueira.

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut