OLIMPIADA MATEMÁTICA GALEGA 2016

XVIII OLIMPÍADA MATEMÁTICA GALEGA DE 2º DA ESO

A Dirección do CPI Conde de Fenosa felicita á alumna do noso centro, Verónica Rodríguez Martínez de 2º de ESO seleccionada  para a proba zonal da XVIII Olimpiada Matemática Galega organizada por AGAPEMA e  premiada para participar na Proba Autonómica o vindeiro 19 de maio en Lugo.

Parabéns, Verónica!

Parabéns tamén á profesora de matemáticas, Belén Morón.

Desexamoslle que disfrute do día e logre pasar á fase nacional.

 

Co fin de promover a ensinanza e a aprendizaxe das Matemáticas a través da resolución de problemas, AGAPEMA (Asociación Galega do Profesorado de Educación Matemática) organiza unha nova edición da Olimpíada Matemática Galega para o alumnado de 2º da ESO.

Un ano máis o noso centro toma parte nesta actividade coa participación de catro alumnos:

- Icía Bermúdez Fornos, de 2ºA20160421_100116.jpg

- Álvaro Freire Ares, de 2º A

- Mario Martínez Vilariño, de 2ºB

- Verónica Rodríguez Martínez, de 2ºB

A fase local tivo lugar o día 21 de abril no IES Carballo Calero (Ferrol) e desta fase sairán o 40 seleccionados de toda Galicia para participar na Fase Final Galega, que se celebrará o día 19 de maio na cidade de Lugo.

Moitas grazas ós alumnos e as súas familias por animarse a formar parte desta actividade, e tamén grazas ao IES Carballo Calero por tratarnos tan ben e por encargarse da organización da fase local.

 

¡¡¡ Moita sorte rapaces !!!