MATEMÁTICAS NA RAIA

MATEMÁTICAS NA RAIA 2016

 

Un curso máis, AGAPEMA (Asociación Galega de Profesores de Educación Matemática) e a APM (Asociación do Profesorado de Matemáticas de Portugal) convocaron unha nova edición da actividade “Matemáticas na Raia” que se desenvolve en Galicia e no norte de Portugal e que por segundo ano conta coa participación do noso alumnado.

 

IMG-20160425-WA0020 (1).jpg

 

Nesta edición foron os alumnos de 3º ESO de Matemáticas Académicas os que, na tarde do 14 de abril, se enfrontaron aos cinco problemas propostos de forma colaborativa como grupo-clase.

 

Moitas grazas aos alumnos e aos profesores pola ilusión e ganas de formar parte desta experiencia e agora… ¡¡¡¡ Moita sorte rapaces!!!!