FIN DE CURSO E INFORMACIÓN SOBRE O CURSO 2016-2017

FINAL DE CURSO 2015-16

 

DÍA 22 de XUÑO: A saída será ás 13:30 horas e non haberá comedor.

ENTREGA DE CUALIFICACIÓNS DO CURSO 2015-16

 

Día 22 de xuño, en Educación Infantil e Primaria.

Día 23 de xuño, en Educación Secundaria Obrigatoria, ás 10:30 h.

Período de reclamacións:

  • Primaria: Ao final de cada curso, ante a Dirección do centro, no prazo de 5 días.

Orde do 22 de xullo de1997 da Consellería de Educación (D.O.G. 02/09/1997).

  • E.S.O: Ao final de curso, ante a Xefatura de Estudos, 2 días lectivos.

Orde do 28 de agosto de 1995 do Ministerio de Educación (B.O.E. 20/09/1995).

 

MATRÍCULA PARA O CURSO 2016-17

INSTRUCIÓNS DA SECRETARÍA

INFANTIL E PRIMARIA:

  • PRAZO: Do 20 ao 30 de xuño, só para os alumnos/as de nova incorporación ao centro (o resto matricularase automaticamente).

  • DOCUMENTACIÓN: Sobre de matrícula que se recollerá no centro.

SECUNDARIA:

  • PRAZO: Do 25 de xuño ao 11 de xullo (o que supere curso) e do 1 ao 9 de setembro (os/as que realicen a avaliación extraordinaria de setembro).

 

  • DOCUMENTACIÓN:

  1. Sobre de matrícula con todo debidamente cuberto e asinado. (Recoller no centro).

  2. Unha fotografía tamaño carné co nome e apelidos do alumno/a escritos por detrás.

  3. Para 3º e 4º da E.S.O. copia do ingreso na conta 2080-0211-61-3040003372 de Abanca do importe do Seguro escolar (1,12 euros)

  4. Fotocopia do D.N.I.

 

SERVIZOS COMPLEMENTARIOS:

A utilización dos servizos complementarios de transporte e/ou comedor requirirá dunha solicitude específica (a disposición no centro ou nesta web), que se entregará cuberta entre o 20 de xuño e o de 11 de xullo, independentemente de cando se faga a matrícula.

IMPRESO SOLICITUDE

VARIACIÓN DE DATOS:

Se algunha persoa quere cambiar de Relixión a Valores Cívicos e Sociais, ou viveversa, ten que cubrir o impreso que a tal efecto se proporcionará nas oficinas do centro.

Tamén se houbo variación nos datos complementarios (dirección, teléfono´situación familiar, enfermidades, etc.), teñen a obriga de comunicalo, cubrindo o impreso correspondente.

 

Ares, 10 de xuño de 2016.

AdxuntoTamaño
Cuestionario idiomas.pdf32.42 KB
Impreso comedor 2016-17.pdf134.32 KB
Impreso matricula primaria 2016.pdf93.61 KB
Impreso matricula ESO 2016.pdf149.51 KB
Impreso matricula infantil 2016.pdf89.58 KB
Instrucións Secretaría 2016-17.pdf211.8 KB
Seccion Bilingüe 2016-17 ESO.pdf82.5 KB
SECCIÓNS BILINGÜES PRIMARIA.pdf74.43 KB
Solicitude autorizacions 2016.pdf84.58 KB
Solicitude autorizacions dereito a imaxe 2016-17.pdf99.42 KB
Solicitude autorizacions saidas 2016-17.pdf89.74 KB
Datos complementarios 2016.pdf130.52 KB