REUNIÓN COAS FAMILIAS DO ALUMNADO PARTICIPANTES NO PROXECTO ERASMUS+ KA229

REUNIÓN COAS FAMILIAS DO ALUMNADO PARTICIPANTE NO PROXECTO DE INTERCAMBIO ESCOLAR ERASMUS +:

“Manifestaciones artísticas desde las festividades y tradiciones europeas”

 

O 23 de setembro, as 16:30 h no CPI AS MIRANDAS celebramos a nosa primeira reunión informativa coas familias do alumnado de 6º de Educación Primaria e 1º de ESO que será o encargado de participar nas mobilidades contempladas no noso proxecto dentro do apartado de intercambio escolar cos países socios.

 

 

Previamente á reunión publicamos unha presentación informativa na páxina Web da nosa escola onde se explicaban os pormenores do noso proxecto: A duración de dous anos escolares, a asociación e o compromiso de participación de seis países Grecia, Italia, Polonia, Romanía, Turquía e España como coordinadora desta iniciativa.: traballando en conxunto así como a implicación de todo o noso alumnado no desenvolvemento do proxecto

 

 

 

Durante a xornada informativa tivemos a oportunidade de explicar ás familias como naceu esta iniciativa, que é un proxecto Erasmus + de intercambio escolar co-financiado pola Unión Europea no cal se van a desenvolver diferentes actividades recollidas no noso proxecto, Indicamos ás familias que estas actividades serán desenvolvidas en cada unha das escolas participantes por parte do alumnado e outras serán levadas adiante con mobilidades do alumnado a cada un dos países socios..

 

Explicamos ás familias dos participantes en que ían consistir esas mobilidades e o noso compromiso de facer un bo traballo coa Axencia Nacional, cos nosos socios e con toda a comunidade educativa.

A acollida e a asistencia foi totalmente positiva acadando á final da xuntanza un gran número de voluntarios para participar no proxecto co que a xornada rematou cun éxito absoluto. Estamos totalmente entusiasmados con este novo traballo colaborativo.