Novas

AXUDAS INMERSIÓN LINGÜÍSTICA

    A Dirección do CPI Conde de Fenosa comunica ás familias do alumnado da ESO que saiu publicada a  Orde do 2 de marzo de 2015 pola que se convocan axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2015, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, en réxime de concorrencia competitiva (arquivo que se achega).

  • O prazo para a presentación de solicitudes será do 17 de marzo ata o 16 de abril (incluído).
  • Pode solicitalas o alumnado da ESO que teña todo aprobado todas as materias do curso anterior e unha nota de lingua inglesa de Ben(1º ESO) ou 6 para os demáis.

A información sobre este programa, así como a aplicación "en liña" que se refire na convocatoria, atoparase na páxina web

REVISTA ALBARES

Comezamos coa elaboración da 3ª edición da Revista Albares, CONVIDAMOS a toda a Comunidade Educativa a que colabore no seu contido.

As colaboracións entregaranse ao profesorado que forman parte do Equipo de Dinamización Lingüística (Maica, Chicha, Conchi, Yolanda, Ana e Blanca) ou ben, os que tedes conta @cpiares.com, subilas á carpeta compartida no Google Drive.

O prazo de entrega de calquera aportación remata o 15 de maio.

O EDLG agradece as vosas achegas.

                                                        Circular Revista

FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA CURSO 2013-2014

PROCEDEMENTO DE FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA PARA O CURSO 2013 - 2014

A matrícula do alumnado para o curso 2013-2014 no CPI Conde de Fenosa de Ares realizarase segundo as aseguintes indicacións.

  • EDUCACIÓN INFANTIL E PRIMARIA.
    • Só realizarase a matrícula ao alumnado de novo ingreso.
    • O prazo será dende o 20 ao 30 de xuño.
    • A documentación: Sobre de matrícula que deberá recollerse no centro.
  • EDUCACIÓN SECUNDARIA
    • Só se matriculará o alumnado que promocione en xuño.
    • O prazo será dende o 25 de xuño ata o 10 de xullo.
    • A documentación:
      • Sobre de matrícula (recoller no centro).
      • Unha fotografía tamaño carnet co nome e apelidos por detrás.
      • Para o alumado de 3º e 4º de ESO, copia do ingreso na conta de Nova Galicia Banco nº 2080-5609-92-3040000849 de 1,12 euros (seguro escolar).

A hora de atención ao público nas oficinas do centro será de 9:30 a 13:00h.

Haberá que realizar a Solicitude de comedor escolar e autorizacións excepcionais para a utilización do transporte pero está pendente das novas instruccións sobre o comedor escolar.

 En canto as recibamos as publicaremos.

REUNIÓNS INFORMATIVAS ÁS FAMILIAS

INFÓRMASE DAS DATAS E HORAS DAS REUNIÓNS PROGRAMADAS POLO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN

REUNIÓNS DO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN – XEFATURA DE ESTUDOS COAS FAMILIAS

LUGAR: AULA DE USOS MÚLTIPLES

DATA

HORA

NIVEL

3 xuño

16:30h.

4º Ed. Infantil (3 anos)

17:30h.

6º Ed. Infantil que pasan a 1º E.P.

10 xuño

16:00h.

6º Ed. Primaria que pasan a 1º ESO

16:30h.

2º ESO que pasan a 3º ESO

17:00h.

3º ESO que pasan a 4º ESO

PROXECTO SECCIÓNS BILINGÜES

A dirección do CPI  As Mirandas,  informa do proxecto de seccións bilingües que se están impartindo no presente curso académico:

  •      2 en Plástica en 5º EP (Castelá-Inglés)as que acode todo o alumnado co profesorado da materia (Fifí) e a coordinadora (Elisa, profesora de Lingua Inglesa).
  •      2 en Plástica en 6º EP (Castelá-Inglés)as que acode todo o alumnado co profesorado da materia (Fifí) e a coordinadora (Elisa, profesora de Lingua Inglesa).
  •     1 en Ciencias Naturais en 1º ESO (Galego-Inglés) as que acode alumnado co profesorado da materia (Chus Mourazos) e a coordinadora (Pilar Molina, profesora de Lingua Inglesa) .
  •     1 en Bioloxía e Xeoloxía en 3º ESO  (Galego-Inglés) as que acode alumnado co profesorado da materia (Chus Mourazos) e a coordinadora (Vicen de la Cuadra, profesora de Lingua Inglesa).
  •     1 en Bioloxía e Xeoloxía en 4º ESO  (Galego-Inglés) as que acode alumnado co profesorado da materia (Chus Mourazos) e a coordinadora (Vicen de la Cuadra, profesora de Lingua Inglesa).

AVISO ÁS FAMILIAS -NOVAS INSTRUCIÓNS TRANPORTE E COMEDOR ESCOLAR

A Dirección do CPI Conde de Fenosa, informa ás familias do noso centro sobre as novas Instrucións 3/2012 da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria sobre a xestión do servizo de transporte escolar para o vindeiro curso 2012-2013.

Cabe destacar o seguinte:

  • Será usuario lexítimo do transporte escolar o alumnado cuxo domicilio atópase a unha distancia igual ou superior a 2 km do centro escolar. Este alumnado terá dereito ao comedor escolar gratuíto.
  • Poderáse autorizar excepcionalmente pola Xefatura Territorial o uso do servizo de transporte ao alumnado cuxo domicilio estea aunha distancia inferior a 2km e superior a 1km en zona urbana ou 500m en zona non urbanizada e, en ningún caso, comportará preferencia algunha no acceso ao comedor escolar ou a súa gratuidade.

Por iso, dende a Dirección infórmase ao alumnado cuxo domicilio estea a unha distancia inferior a 2km que anteriormente por existir parada de transporte só presentaban o certificado de empadroamento, poden solicitar a autorización excepcional de usuario de transporte e tamén, deben acompañar coa solicitude de comedor os documentos que sexan precisos para optar a ser usuario de comedor: familia numerosa, situación socioeconómica desfavorable, incompatibilidade horaria das familias.... segundo o documento de solicitude de comedor adxunto na formalización de matrícula.

Para ser usuarios de comedor no curso escolar 2012-2013, vanse baremar de novo todas as solicitudes tendo en conta as novas instrucións.

O prazo de presentación das solicitudes de comedor rematará o vindeiro 20 de xullo.

Adxuntamos as instrucións 3/2012 de transporte escolar e 1/2012 de comedor escolar enviadas aos centros escolares para o vindeiro curso escolar 2012-2013.

AVISO ÁS FAMILIAS, NOVAS INSTRUCIÓNS TRANSPORTE E COMEDOR

TUNEANDO a ENTRADA DE PRIMARIA

O alumnado do 1º Ciclo de Primaria xunto coas súas profesoras, propuxéronse tunear adecentando así a entrada de Primaria.

Podedes ver unha pequena mostra coas fotos do alumnado de 1º EP A, dirixidos pola profesora Amelia, en pleno traballo .

CAMPIONAS GALEGAS DE XIMNASIA RÍTMICA

A Comunidade Educativa do CPI Conde de Fenosa quere dar  os PARABÉNS as nosas alumnas : Marta Cepero Mosquera, Icíar Bermúdez Fornos, Andrea Riveiro Romero e Carla López Rodríguez de 4º E.P. polo gran´de éxito acadado no Campionato Galego de Ximansia Rítmica na categoría Alevín celebrado en Ourense .

CALENDARIO FIN DE CURSO 2011-2012

No arquivo adxunto podedes ver a organización fin de curso 2011-2012:

Distribuir contido