Skip to Content

Curso 2016-2017

2º FPB 16/17

Diego Rey González, titor de 2º de FPB, traballou ao largo deste ano cos seus alumnos nos módulos de:
  • Fontanaría e calefacción básica
  • Montaxe de equipamentos de climatización
  • Redes de evacuación

No video tedes unha mostra do traballo realizado por todos eles. Da fe dun bon traballo de equipo.

<

Ciclos Formativos - Portas Abertas 2017 para o IES Monte Castelo

O 24 de maio, as aulas dos Ciclos Formativos do IES Perdouro abriron as súas portas ao alumnado do IES Monte Castelo para dar a coñecer a súa oferta educativa. 
 
Alumnos de 3º de ESO e 1º Bach do IES Monte Castelo acompañados pola súa profesora de Tecnoloxía e pola Orientadora foron recibidos na biblioteca Santiago Pérez, director, e pola nosa orientadora, Loly Chas, que lles programou un percorrido didáctico guiado polas instalacións das catro familias profesionais que ofrece o noso centro. Foron acollidos polos xefes de departamentos e por algún profesor das especialidades. O profesorado de FP explicoulles a carga horaria dos módulos impartidos, as actividades prácticas realizadas, a FCT e as posibles saídas laborais dos ciclos formativos de grao medio e superior. 
 
Accede ao noso álbum fotográfico aquí. 
 

Despedida 2º de Bach. 2017

O luns, día 22 de maio, celebrouse a cea de despedida dos alumnos de 2º de Bacharelato. Sorte para o que segue!
 
 
 
Andrea Alvite López, Andrés Andrade García, Antía Baño Rodríguez, Alicia Basanta Val, Angel Cerdeiro Rodríguez, Iria Cordido Fanego, Sara Cordido Requejo, Lara Escourido Rodríguez, María  Fernández Fernández, Ainoa López Abad, Paula López García, Artur Penabade Cociña, Marta Porto Rodríguez, Andrés Quiroga Rivas, Andrea Ramos Piñeiroa, Tamara Rico Berdeal, Enya Riveira López, Iago Rodríguez Hernández, Andrea Rodríguez Orol, Noa Vizoso López.
 
Pica aquí para visualizar o albúm de fotos. 

Abrazos poéticos

A escritora caboverdiana Amália Faustino estará de visita en Burela entre os próximos días 22 e 25 de maio. Con este motivo -tal vez a primeira ocasión en que un escritor ou escritora caboverdiano residente no arquipélago visite a comunidade de compatriotas aquí asentados desde 1978-, o IES Perdouro organizou unha intervención educativa coa poesía como elemento de relación fraternal entre os pobos.
 

Ás 11:45 da mañá do próximo martes, día 23 de maio, o alumnado reunirase no patio do centro escolar, onde coñecerá a escritora convidada e con ela compartirá un recital de poesía. Ademais das composicións propias de cada unha das persoas que recite, tamén está prevista a declamación conxunta do poema "Irmáns!, co que Celso Emilio Ferreiro defendeu a convivencia entre os diferentes pobos do mundo ("Por encima de muros e valados, como un irmau che falo").

 
Dado que entre o alumnado do IES Perdouro existe unha porcentaxe elevada de mozos e mozas de procedencia inmigrante, nos últimos anos o centro escolar realizou un grande esforzo humano e económico para o fomento dunha educación inclusiva. Por esta iniciativa innovadora, tanto colectivamente o centro como individualmente varios alumnos e alumnas recibiron diversos premios outorgados por entidades públicas e privadas.
 

17 de mai - Día internacional contra a Homofobia e a Transfobia

Nós tamén damos un gústame á diversidade! Rexeitamos o odio. Difundimos polas redes sociais o noso respecto á diversidade sexual e a nosa tolerancia. ... Seguir lendo en Perdourando

Programa KTORCE-18 - Programa de prevención de condutas infractoras, lei do menor

Celebrouse o xoves, día 18 de maio, unha charla divulgativa para alumnos de 4º de ESO e 1º de Formación Profesional Básica. Chelu, Educador Social, impartíu o obradoiro KTORCE-18 (Programa de prevención de condutas infractoras) promovido pola Asociación ARELA e a Fundación Barrié.

O Programa KTORCE-18 pretende informar sobre a Lei 5/2000 de responsabilidade penal dos menores aos seus protagonistas, os adolescentes, mozos e mozas co fin de reducir a comisión de delitos nestas idades,.... seguir lendo no blogue de Perdourando.

Daniel Piqueras Valle, 3º premio Olimpíada Matemática Galega

O noso alumno Daniel Piqueras Valle de 2º de ESO acadou o 3º premio da Olimpíada Matemática Galega convocada pola Asociación Galega do profesorado de Educación Matemática.
 
A fase final da Olimpíada Galega tivo lugar esta mañá no Círculo das Artes de Lugo. Os 40 finalistas tiveron que facer valer as súas maiores destrezas na resolución de problemas.

Ao estar entre os tres primeiros, Daniel clasifícase para a Olimpíada Matemática Española que se xogará en Valladolid a finais de xuño.

O 1º premio foi para Brais Rodríguez Rodríguez do IES Río Cabe de Monforte, e o 2º premio, para Lara López Suárez do IES Xulián Magariños de Negreira.
 
 

Alumnas de 1º de Bach na Cova do Rei Cintolo de Mondoñedo

Un grupo de alumnas de 1º de Bacharelato acompañadas por Lucía Martínez, a súa profesora de Bioloxía, desprázouse ata Mondoñedo o martes 16 de maio co propósito de ampliar o seu coñecemento en materia de Xeoloxía na Cova do Rei Cintolo, o maoir complexo cárstico de Galicia, con máis de 6.500 metros de galerías. Alí realizaron un percorrido en .... seguir lendo no bogue de Perdourando.

O espantallo amigo de Neira Vilas polo alumnado de 2º de ESO de Oratoria

Contribución do alumnado de 2º ESO B de Oratoria para celebrar o día das letras galegas:

 

Roteiro arqueolóxico por Burela

O pasado 30 de marzo, unha parte do alumnado de 3º ESO e todos os de 1º de FP básica participaron nun roteiro arqueolóxico local promovido polo Concello de Burela e guiado por Manuel Miranda, presidente da Asociación Mariña Patrimonio. O percorrido iniciouse no hipocausto, restos dun sistema de calefacción dunha casa romana,.... seguir lendo no blogue de Perdoruando.

Acrosport - 1º Bach.

Aquí a canle onde poder ver as figuras de acrosport do alumnado de 1º de Bach: Acrosport 2017

Finalistas do IIIº Torneo de Xadrez do IES Perdouro

Xa temos os tres finalistas que loitarán na fase final do Torneo de Xadrez. Eles son :Paula, Luís Carlos e Éfren. Sorte!!! 

En breve confirmaremos as datas de celebración da fase final do torneo.
Tamén queremos felicitar aos 42 participantes desta terceira edición asi como aos axudantes que supervisaron en todo momento que todo se desenvolvera con total normalidade e deportividade. Grazas!!!

1º ESO - Acroescalada

Jesús Fernández programou unha clase de Educación Física moi divertida: tacaba facer Acroescalada, mais que ven sendo?  A acroescalada é unha actividad física que consiste en formar nas espaldeiras figuras en grupo. É herdeira do popular acrosport e polo tanto se trata dun traballo cooperativo que desenvolve o equilibrio e a forza resistencia mais con unha sustancial ventaxa respeto ao propio acrosport: ninguén ten que cargar con ninguén. 
Fixádevos no creativos que son os alumnos de 1º de ESO. Uns artistas!!!!
 

Iniciación ao surf na praia de Esteiro de Bares

Jesús Fernández, profesor de Educación Física, organizou coa escola de Surf de Viveiro unha xornada de iniciación ao surf na praia de Esteiro de Bares o pasado mércores 3 de maio. Tiveron unhas condicións moi favorables para prácticar este deporte acuático. Os monitores da escola de surf  partiron o grupo de alumnos de 1º de bach en dous. Mentres uns aprendían a subirse a unha táboa de surf outros foron facer unha ruta de sendeirismo ata os acantilados de Loiba. Logo mudaron as tornas. Un día moi divertido ademáis de físico e cheo de grandes emocións !!!
 
Accede ás fotografías no noso álbum.

‘Descubre o fútbol sala’ co Burela FS

Como cada ano o CD Burela FS Pescados Rubén promove a práctica deportiva en igualdade a través do seu programa "Descubre o Fútbol Sala" nos centros educativos da zona. A actividade foi destinada ao alumnado de 1º ESO e 2º de ESO coa colaboración do seu profesor de Educación Física, Jesus Fernández.
O mércores 10 de maio o alumnado de 1º ESO B e de 2º ESO A compartíu unhas divertidas sesións cos xogadores, Juanma Marrube e Iago Miguez do equipo masculino e coa xogadora, Helena García e coa porteira do equipo feminino, Ana Romero.
O xoves 11 de maio tocoulle o turno ao alumnado de 1º ESO A e 2º ESO B.  Estiveron co técnico, Julio Delgado e co porteiro, Edu do equipo masculino, e con Cilene Pereira e Shiori Nakajima do equipo feminino. Un luxo poder compartir entreno coas nosas estrelas do fútbol sala. Grazas.

Accede ás fotografías no blogue de Perdourando.
Distribuir contido


by Dr. Radut