Skip to Content

Curso 2016-2017

XII Intercambio - Día 8

L’image contient peut-être : une personne ou plus et plein air

Onte pasamos o día en Saint Malo, a cidade dos corsarios.

XII Intercambio - Día 7

L’image contient peut-être : 8 personnes, personnes souriantes, personnes debout, arbre, herbe, mariage, plein air et nature

Hoxe luns, fumos coñecer a lenda da Roche aux Fées no mesmo lugar. Despois estivemos en clase no colexio Jean Monnet. Xa pola tarde aprendimos a bailar uns bailes populares nos Fest-Noz e a xogar aos "palets" para impregnarnos do patrimonio inmaterial bretón.

2° Premio no concurso do Young Business Talents

L’image contient peut-être : 4 personnes, personnes souriantesO equipo do IES Perdouro de Burela alcanzou onte en Madrid na final da competición Young Business Talents o segundo posto e logrou convertirse no segundo equipo coas mellores empresarias virtuais galegas.

O pasado venres, 31 de marzo, un equipo do IES Perdouro de Burela representado por “Patakeiras SL" composto por 3 alumnas de 4º de ESO: Mirella Ramos, Andrea Rivas e Tania Valiña e liderado pola súa profesora Ana Belén Martínez Cerdeiras participaron na final nacional do Young Business Talent acadando o 2° premio.

A competición por Internet está organizada por Praxis MMT, NIVEA E ESIC e El Corte Inglés, na que os estudantes desenrolan diversas habilidades como o tratamento da información, o manexo eficaz da tecnoloxía, o traballo en equipo, a elaboración de xuízos e toma de decisións razoadas, etc.

XII Intercambio - Día 4

L’image contient peut-être : 12 personnes, plein air

O venres fumos visitar a capital de Bretaña, Rennes.

Coloquio con ex-parlamentarios dos tres grupos políticos

O Dpto. de Xeografía e Historia programou o encontro anual entre 3 ex-parlamentarios e os alumnos de 4º de ESO e 2º ESO de Oratoria. A actividade enmarcase dentros das actuacións promovidas polo Parlamento de Galicia e pola Asociación de Exparlamentarios/as. A charla-coloquio tivo lugar o xoves 30 de marzo na biblioteca do IES Perdouro.

Neste acto participaron os exdeputados Sergio López García (PPdeG), Ismael Rego González (PSdeG-PSOE) e Carlos Fernando Branco Parga (BNG). Logo dunha breve presentación, os ex-parlamentarios .... seguir lendo no bogue de Perdourando.

XII Intercambio - Día 3

L’image contient peut-être : 4 personnes, ciel et plein air

Hoxe fumos ao Mont Saint Michel. Visitamos a abadía e paseamos polas rúas da illa baixo un sol de verán.

Xa pola tarde paramos en Dinan. Pasámolo moi ben!

XII Intercambio - Día 1

Día 1- Nantes Castelo dos Duques de Bretaña

26 alumnos de 3º e 4º ESO participan estes días no XIIº intercambio co collège Jean Monnet de Janzé.  
Antes de chegar a Janzé, fixemos unha parada para coñecer o castelo dos duques de Bretaña.
No día de hoxe, fumos recibidos polo director do colexio, fixemos un xogo de pista e gañamos premios. Unha mañá moi divertida. Xa pola tarde os rapaces desfrutaron dunha tarde libre. Uns quedaron para patinar, outros xogaron ao fubol e outros foron para o LaserGame.
Mañá toca visitar o Mont Saint Michel e Dinan.

Arrancou o Torneo de Xadrez do IES Perdouro

O torneo de Xadrez 2017 promovido por Manuel Vilariño, profesor de matemáticas, acaba de arrancar esta semana. Este curso Manuel conta coa axuda do seu alumnado de 2º de ESO da optativa de libre configuración para axudarlle no bo desenvolvemento do campionato. Co obxetivo de estimular o pensamento matématico e desenvolver estratexias mentais, competirán nesta edición un total de 42 alumnos/as repartidos dende 1º de ESO ata 1º de Bacharelato. Todo un récord de participación!! Esperamos que desfruten dun torneo cheo de tensión e moita deportividade.
 

Tres alumnas do IES Perdouro na final do Young Business Talents

Tres alumnas do IES Perdouro na final do Young Business Talents por segundo ano consecutivo
 
Tres alumnas de 4º ESO do IES Perdouro de Burela clasificáronse para a final nacional do Young Business Talents; unha competición por Internet organizada por Praxis MMT, NIVEA E ESIC, na que os estudantes desenvolven diversas estratexias de mercado.
 
Elas son Mirella Ramos, Andrea Rivas e Tania Valiña. Por segundo ano consecutivo o IES Perdouro de Burela estará presente na fase final deste certame nacional. Despois de catro meses competindo con institutos de toda España, as alumnas lograron clasificarse para a fase final xunto con outros 12 equipos galegos.
 
No concurso participaron un total de 2.887 equipos de toda España. Os 100 mellores equipos clasificados xogarán a final en Madrid o próximo 31 de marzo.
 
Para chegar a final as integrantes do equipo PatakeirasSL tiveron que competir por Internet durante catro meses. Un simulador empresarial permitiulles enfrontarse a estudantes doutras rexións españolas, desenvolvendo diversas habilidades como o tratamento da información, o manexo eficaz da tecnoloxía ou o traballo en equipo. Asemade, o máis importante foi a elaboración de xuízos e toma de decisións relativas á empresa que engloban as áreas de produción, finanzas, recursos humanos e marketing, para conseguir que os resultados da mesma prosperaran.

Un mar de Cultura - 1º ESO

O xoves día 9 de febreiro, o alumnado de 1º de ESO do IES Perdouro fixemos unha viaxe de estudos, acompañados dalgúns dos nosos profesores, dentro da campaña de educación ambiental MARES DE CULTURA OS NENOS E O MAR, promovida polo Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) A Mariña-Ortegal.

Visitamos tres lugares que nos causaron grande impresión xa que, vimos de primeira man, como se elaboraban as conservas, como se criaban os corais e como se traballaba nunha cetárea.

Na granxa Reef Water, os nosos ollos contemplaron abraiados os marabillosos  corais ..... seguir a crónica de Paula e Kai no blogue de Perdourando.

1º ESO - Charla sobre novas tecnoloxías e as redes sociais

Dentro do  Plan Director para a convivencia e a mellora da seguridade escolar nos centros educativos e nos seus contornos, Ramón Peña, formador da Garda Civil de Lugo, informou e asesorou o noso alumnado de 1º de ESO no manexo e uso responsable de internet en diferentes dispositivos informáticos como poden ser os ordenadores, teléfonos ou tablets nunha charla impartida o pasado mércores, día 22 de marzo. O axente Peña explicoulles a necesidade de ..... seguir lendo no blogue de Perdourando.

Día da poesía


Feliz día da poesía!


Traballo feito polo alumnado de francés 2º de Bach.

Acto inaugural Exposición "Manuel Rodríguez López, emigrante galego, poeta obreiro"

Esta mañá tivo lugar na biblioteca do IES Perdouro o acto de inauguración da exposición "Manuel Rodríguez López, emigrante galego, poeta obreiro" destinado ao alumnado de 3º e 4º ESO e 1º de Bacharelato. 
 
Aproveitando a próxima celebración do día internacional da poesía, tivo lugar na biblioteca do IES Perdouro de Burela o acto de inauguración da exposición "Manuel Rodríguez López, emigrante galego, poeta obreiro". Dita exposición itinerante lembra a figura de Manuel Rodríguez López, escritor nado en Paradela considerado un importante poeta obreiro de Galicia na segunda metade do século XX, discípulo de Celso Emilio e de Manuel María. 
No acto participaron Mariña Gueimunde, Xefa Territorial de Cultura, Educación e. Ordenación Universitaria e María José Gómez, xefa do Servizo de Coordinación da Área Cultural, José Manuel Mato, Alcalde de Paradela, e Antonio Giz, director de Galicia Digital e promotor do proxecto, Antón Niñe, Presidente da Asociación Cultural Os Matos e o director do centro, Santiago Pérez. 
Ao remate do acto fíxose entrega ... seguir lendo no blogue de Perdourando.

Día do consumidor - Charla sobre consumo responsable

O 15 de marzo é o Día mundial dos dereitos das persoas consumidoras, que se ven celebrando dende 1983 para conmemorar o discurso que o presidente estadounidense John F. Kennedy pronunciou o día 15 de marzo de 1962 ante o Congreso do seu país, declarando que todos eramos consumidores. Para dar a coñecer esta data entre a comunidade educativa, a Escola Galega de Consumo organizou unhas videoconferencias dirixidas ao alumnado de Educación Primaria e Secundaria.
O alumnado de 3º de ESO asistíu á charla "Coñece os teus dereitos como persoa consumidora".... seguir lendo no blogue de Perdourando (ver os videos da conferencia)

Festival Audiovisual da Mariña Imaxiña 2016

Fallo do xurado de Imaxiña 2016 composto polo artista viveirense David Catá e polo fotógrafo burelao Héctor Manasé.


O pasado 14 de marzo fíxose entrega dos premios do concurso de fotografía do Festival Audiovisual da Mariña Imaxiña 2016 na sede de Imdecum en Burela. A nosa alumna de 4º ESO, Andrea Rivas Villarquide, resultou finalista. Pablo Goás Pardiñas de 3º do IES Alfoz obtivo o 1º premio e Lucía Carreiras de 4º tamén do IES Alfoz foi tamén finalista.
 
Noticia na Voz de Galicia
Distribuir contido


by Dr. Radut