Skip to Content

Curso 2016-2017

Adiviñas do outono - 1º ESO

O alumnado de 1º de ESO ten preparadas unha chea de adiviñas do outono que elaboraron coa axuda das súas profesoras de Lingua Galega, Miruca Parga e Mercedes López. Se te atreves a resolvelas, pásate pola entrada principal e bótalle unha ollada ao panel outonal tan ben decorado. Parabéns rapazas e rapaces!!!!
 

Charla sobre violencia de xénero e o novo contexto dixital

Dentro das actividades programadas no marco do mes contra a violencia de xénero, a mancomunidade da Mariña organizou o pasado luns 14 de novembro unha charla sobre “Violencia de Xénero e o novo contexto dixital” destinada ao alumnado de 2º e 4º de ESO e 1º de FPB, actividade financiada pola Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta e impartida por Pantallas Amigas, unha entidade que conta cunha dilatada experiencia na impartición de formación para a promoción do uso seguro e saudable de Internet e as novas tecnoloxías na infancia e adolescencia. Falouse do uso responsable e sen riscos das redes sociais, así como das estratexias para a prevención da violencia de xénero na adolescencia....Seguir lendo no blogue de Perdourando.

Itinerario por Burela

O  mércores 10 de novembro o curso de 1º de ESO realizamos un itinerario  polo noso concello facendo varias paradas. Unha delas foi na Casa do Concello onde nos explicaron os distintos departamentos e áreas e que función tiña cada unha. ... seguir lendo no blogue de Perdourando.

Visita do tecido empresarial de Lugo

O xoves 10 de novembro, o alumnado de 4º ESO viaxou ao polígono do Ceao en Lugo para facer varias visitas interesantes para coñecer de primeira man un completo proceso de produción. Primeiro visitaron Cafés Candelas, unha empresa familiar con máis de 40 anos de experiencia no sector do café. (...) Logo foi a visita a rotativa do xornal El  Progreso. (..) E para rematar coñeceron unha empresa innovadora e moi nova, Quescrem. (...) ... seguir lendo no blogue de Perdourando
 

Ruta xeolóxica por Burela

O alumnado de 1º e 2º de Bach. participou no programa de divulgación xeolóxica "Descubrindo as rochas que pisas". O pasado venres 11 de novembro, o xeólogo, Francisco Canosa, guiou o grupo de estudantes por dúas rutas que permiten coñecer a xeoloxía da costa: a primeira que sae do porto e finaliza no Perdouro, e a outra que vai dende o porto de Burela ata a praia da Marosa. ... Seguir lendo no blogue de Perdourando

Viaxe a Ourense

O martes 25 de outubro un grupo de alumnos de 1º Bac e 2º do CM de Imaxe Persoal visitaron a cidade de Ourense. (...) Os alumnos e profesores de Imaxe Persoal tiñan preparado un intercambio no IES 12 de outubro para visitar as súas instalacións de Estética e o alumnado de Bacharelato fixeron un roteiro literario para coñecer a vida e a obra dalgún dos numerosos literatos ourensáns: Valentín Lamas Carvajal, Ramón Otero Pedrayo, Vicente Risco, Eduardo Blanco Amor, Alexandre Bóveda… entre outros... Seguir lendo no blogue de perdourando...

3º ESO - Viaxe a Samos e o Cebreiro - Crónica de Damaris Popovici

O día de 13 de outubro fomos de viaxe a Samos e ao Cebreiro. A esta viaxe fomos todo o alumnado de 3º da ESO. Fixemos un percorrido dunhas dúas horas en autobús dende Burela a Samos.
 
Cando chegamos a Samos, o primeiro que fixemos foi visitar ... seguir lendo no blogue de Perdourando. 

 

Día das bibliotecas escolares

Lembrando a Agustín Fernández Paz no día das bibliotecas escolares.
 

Campaña escolar "Separemos ben, reciclemos mellor"

Co fin de promover unha conciencia de reciclaxe entre os rapaces, participamos na campaña “Oportunidades Galicia. Separemo ben, reciclaremos mellor” que ten como obxectivo facer partícipes da reciclaxe a alumnos, profesores e pais, e alcanzar así os seus beneficios ambientais, económicos e sociais.
 
A iniciativa, promovida pola Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, contando coa colaboración de Ecoembes e Sogama, e co apoio de distintos sistemas integrados de xestión (Ecovidrio, Ecopilas, Ecolec, ERP, Ecotic, Ecoraee, Ecoasimelec, Ecofimática, Tragamóvil, Ambilamp e Ecolum), adéntrase nas aulas co principal obxectivo de promover as boas prácticas ambientais no principio europeo dos tres erres (Redución, Reutilización e Reciclaxe). 
 
Así pois, o martes 25 de outubro, o alumnado de 1º e 2º ESO recibíu unhas charlas informativas impartidas por un educador ambiental que lle explicou en que consiste unha xestión sostible do lixo, proporcionándolle ao alumnado as claves para reducir a xeración de refugallos, para alongar a vida útil dos produtos a través da reutilización e para facilitar a súa transformación en novos recursos mediante a recollida selectiva, depositando cada fracción no colector correspondente. Explicou a necesidade de contar coa participación de todos a través da práctica das Tres erres "3R": Reducir as cantidades de lixo producidas, Reutilizar os produtos o maior número de veces posible ata esgotar a súa vida útil, e Reciclar separando as distintas fraccións que conforman o lixo.

Conferencia "Atlantis, a ciencia do mito" de Emilio Varela

O xornalista Emilio Varela, especialista en temas medioambientais, achegouse ao IES Perdouro o pasado xoves, día 20 de outubro, para impartir ao alumnado de 4º de ESO e os de 1º de Bacharelato unha conferencia de divulgación titulada "Atlantis - a ciencia do mito" co obxectivo de sensibilizalos sobre a actividade volcánica. Dende un enfoque científico explicou o mito da "Atlantida" de Platón, historia da illa de Thera, xoia xeolóxica.
O xornalista centrou a súa exposición sobre a gran erupción da illa de Thera, actualmente Santorini, fai máis de 3000 anos, intensidade 7, a maior que puido coñecer o mundo antiguo e que acabou con toda unha civilización.
Seguir lendo no blogue de Perdourando....
 
 

VII Día da ciencia en Galicia

A Real Academia Galega das Ciencias adica este ano 2016 o Día da Ciencia de Galicia a  D. Ignacio Rivas Marques.
Químico e galego de adopción, centrou as súas achegas no eido da química orgánica, sustancias coma santiaguina, pontevedrina, ourensina ou coruñina foron algunhas das súas achegas a partir da flora autóctona galega.... Seguir lendo en perdourando.

Proxecto Neo 6ª temporada

Chegou a nosa cita radiofónica dos mércores !!!!!
Mañá, de 17h a 18h, comeza a 6ª temporada de Proxecto Neo, o noso programa de radio escolar, que se emite todos os mércores en directo a través das ondas de Radio Burela no 107.7.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut