Skip to Content

Curso 2016-2017

Gravación dun telexornal na Fundación TIC

O pasado 22 de febreiro, os alumnos de 1º de bacharelato e 3º PMAR fixemos unha viaxe a Lugo para visitar a Fundación TIC.

A fundación TIC é unha entidade, sen ánimo de lucro, promovida pola Deputación Provincial de Lugo. Esta fundación ten como obxectivo prioritario promover e levar a cabo actividades dirixidas ao fomento da educación, a investigación e o desenvolvemento das TIC, así como o impulso e consolidación da denominada sociedade do coñecemento ou sociedade da información, de maneira que se contibúa a mellorar a formación relativa a estas tecnoloxias na provincia de Lugo.

Seguir lendo a crónica de Damaris Popovici no blogue de Perdourando

2º ESO - Ruta dos Catros

O venres 24 de febreiro os alumnos e alumnas de 2º da ESO, xunto cos compañeiros de GAE, realizamos unha viaxe cultural acompañados dos profesores Antón, Bernardo e Maribel. 

En primeiro lugar, fomos visitar o castro de Fazouro, onde nos explicaron como se vivía nos castros , que partes tiñan, como se construían as vivendas e as formas. 
Logo visitamos o castro de Saa en Pastoriza, un castro aínda .... seguir lendo no blogue de Perdourando
 

Semana da prensa

Os alumnos de 2º de ESO do IES Perdouro de Burela elaboraron uns paneis informativos sobre os xéneros periodísticos nesta semana da prensa. Neles mostran a definición e as principais características da noticia, a crónica, a reportaxe, o artigo de opinión etc. Estes datos aparecen recollidos nun mapa conceptual e a continuación exemplifícanse cun texto recortado do periódico.

Esta exposición pódese ver no pavillón principal do instituto no segundo andar.


Visita a INTAF - Ciclo de Mecanizado

O luns 6 de marzo, o alumnado do ciclo de mecanizado e o de FP Básica realizou unha viaxe a Narón (Ferrol) co obxectivo de coñecer o grupo Intaf, referente no sector do mecanizado e así complementar a formación recibida no centro. Comezamos a visita con unha breve charla sobre seguridade e logo pasamos ao taller de mecanizado. Alí estaban realizando labores de fabricación e mantemento de grupos multiplicadores usados nos eólicos de Iberdrola. Posteriormente visitamos Evolventia e Sincromecánica. onde vimos o mecanizado e rectificado das coroas e engranaxes que levan internamente estes multiplicadores que transforman as 40 rpm (velocidade a que xiran as aspas dos eólicos) en 1500 rpm que necesita o xerador para producir electricidade.
A visita foi moi interesante e motivadora tanto para os alumnos como para os profesores. Ofrecéronnos e animáronnos a contemplar a posibilidade de realizar alí as prácticas da FCT, cousa que agradecemos enormemente, e así llo fixeron ver aos alumnos. Unha visita enriquecedora, didáctica e motivadora para todos nós.

Arranca o IIIº torneo de xadrez do IES Perdouro

Para todos/as aqueles/as que queirades
medir as vosas destrezas e habililades mentais, faise saber que comeza o IIIº Torneo de Xadrez do IES Perdouro. 

Tedes ata o 8 de marzo para inscribirvos. 

As normas do xogo son as de sempre salvo que esta vez seguirase o sistema suizo de competición (5 roldas) e darase a coñecer entre os inscritos o calendario da competición.

O luns 20 de marzo comezará o torneo. Boa sorte e gozade co xadrez!!!!

Ruta das Rochas

O pasado mércores 22 de novembro, Fausto López, profesor de Bioloxía, organizou unha saída de carácter explorativa destinada ao alumnado de 1º ESO: a ruta das rochas. 
 
Alba Geada Bernal fainos unha valoración da actividade de campo no blogue de Perdourando.


Lendo a Agustín Fernández Paz

Lendo a Agustín Fernández Paz é unha iniciativa de difusión da obra deste grande escritor dentro da actividade de dinamización 21 Días co Galego do IES da Pobra do Caramiñal.
As alumnas de 2º de Bach de Literatura Galega do século XX colaboraron lendo O Segredo da illa negra. ... seguir lendo no blogue de Perdourando

Cita a cegas cun libro

Inspiramonos da iniciativa da libroteca El Gato de Cheshire coa súa campaña para o día dos namorados "Cita a cega cun libro". Se te animas e queres ter unha cita a cega cun libro, temos preparados dúas seccións: amantes primeirizos e amantes expertos. Pasa pola biblioteca e faite cun destes libros empaquetados para a ocasión. Lévao á casa e ábreo. Ponte no teu lugar favorito para ler e a gozar!!!!!
 

Antonina Semedo, matriarca da paz

Para clausurar os actos de conmemoración do día escolar da paz, Loly Chas, orientadora do IES Perdouro, promoveu na mañá do luns 6 de febreiro un encontro intercultural destinado ao alumnado de 1º e 2º de ESO que levou por título “Antonina Semedo, matriarca da paz”.


Coa finalidade de promover a interculturalidade como eixo integrador de paz entre o alumnado do IES Perdouro e sendo Burela un concello con máis de 40 nacionalidades representadas, celebrouse na biblioteca do centro escolar unha mesa redonda que moderarán alumnos de 2º de ESO, futuros xornalistas da radio escolar, para coñecer as vivencias da inmigración. Nesta ocasión a convidada foi Antonina Semedo, unha das primeiras inmigrantes que acolleu a Mariña, claro exemplo de muller traballadora, loitadora e impulsora da convivencia galeico-caboverdiana ademais de integrante do grupo musical Batuka Tabanka e presidenta de Cultura Tabanka.

Para introducir o acto, Virginia Lama, PT e profesora de inclusión educativa, preparou cos seus alumnos e alumnas recen chegados de Cabo Verde, Brasil e Portugal, unha presentación audiovisual desta convidada de excepción. Logo da posta en situación, a entrevista foi conducida por futuros xornalistas da radio escolar. A emigración, a inclusión ou a situación da muller son algunhas das preguntas que lle teñen preparadas un grupiño de rapaces de 2º de ESO á convidada de orixe caboverdiana.

 

Castelo de Pambre - Crónica de Yaiza Rivas

Unha das últimas viaxes culturais do IES Perdouro levounos, percorrendo o Camiño de Santiago, a Palas de Rei, a visitar o castelo de Pambre, do século XIV. Trátase do monumento militar galego mellor conservado. 
Foi construído por Gonzalo Ozores de Ulloa ao lado do río Pambre. No século XV este castelo foise ampliando e no ano 1484 pasou de ser propiedade dos Ulloa a pertencer aos condes de Monterrei. Logo foi pasando por distintos propietarios e caendo case no abandono ata que a Xunta de Galicia o comprou no 2011. 

.... seguir lendo a crónica de Yaiza Rivas no blogue de Perdourando.

Visita a Domus do Mitreo - Crónica de Yaiza Rivas

A fnais de novembro, o alumnado de 3º ESO do IES Perdouro fomos de viaxe de estudos a Lugo. Visitamos moitos lugares interesantes, pero a min o que máis me gustou foi a Domus do Mitreo.
Os arqueólogos levaron a cabo unha serie de escavacións e agora pódense visitar os restos da domus (vivenda) dun patricio romano do século I d. C. e dun mitreo (templo dedicado ao deus do sol Mitra) do século III d. C. .
Cando entramos, o primeiro que fixemos foi ver un breve vídeo que nos explicaba de forma resumida como era a vida na época dos romanos. ..... seguir lendo a crónica de Yaiza Rivas no blogue de Perdourando.

Campionatos de San Xoán Bosco

Campións de San Xoán Bosco 2017. Parabéns rapaces!!!!
 

 Seguir lendo no blogue de Perdourando....

Campionatos de San Xoán Bosco

Antón Niñe, presidente da Asociación Cultural Os Matos, organizou como cada mes de xaneiro os campionatos de San Xoán Bosco. O alumnado de 1º e 2º de ESO estivo a competir en varias modalidades de xogos de mesa (Puzzle, Damas e Xadrez) e de equipos (fubol). As actividades que organiza a Asociación Cultural Os Matos culminarán nunha final e entrega de premios programada para hoxe, martes 31 de xaneiro.
  • Ver os cuartos de final en puzzle: aquí entre Manuel e Paula, Hugo e Anxo, e Cristina e Lucía
  • Ver a final de damas:  aquí. entre Sergio e Isaac
  • Ver os oitavos de final en xadrez: aquí entre Kai e Anxo
 

Visita á Domus de Mitreo, xoia arqueolóxica do mundo romano

O venres 25 de novembro pola tarde, o alumnado de 3º ESO visitou un tesouro arqueolóxico en Lugo: a Domus de Mitreo, o segundo elemento arqueolóxico máis importante despois da muralla. Trátase dun xacemento único no noroeste peninsular que achega información sobre a forma de vida dos romanos que habitaron a cidade de Lugo ata os séculos II e III da era cristiá. Grazas aos seus vestixios coñecemos como se articulaba a vida socioeconómica, arquitectónica e urbana da cidade nalquela época.

Día escolar da paz e da non violencia

Traballo feito polas alumnas e alumnos de oratoria de 2º ESO B.

Distribuir contido


by Dr. Radut