CS Guía, información e asistencia turísticas

Aberto proceso de inscrición Ciclo Superior Guía, Información e Asistencia Turísticas

 

Queres traballar  planificando, promocionando e informando sobre destinos turísticos, guiando e asistindo a viaxeiros e clientes pola Ribeira Sacra, así como en terminais, medios de transporte, eventos e outros destinos turísticos?

 No IES Río Cabe temos a  resposta.

Aberto o proceso de admisión ao Ciclo Superior Guía, información e asistencia turísticas.

 

Calendario admisión ciclos réxime ordinario e para persoas adultas

Dende o día 23 de xuño ata o día 5 de xullo ás 13:00h estará aberto o prazo de presentación de solicitudes para o acceso aos ciclos en réxime ordinario e para persoas adultas.

A solicitude deberá realizarse mediante o asistente informático vía web para todos os réximes e graos, agás para o segundo curso do réxime ordinario.

Tamén podes consultar:

- Instrucións sobre como realizar a solicitude vía web.

- Vídeo infomativo.

Proxecto final do módulo de Francés do CS Guía, información e asistencia turísticas

 Queres descubrir os segredos da capital da Ribeira Sacra?

Convidámosvos a coñecer Monforte de Lemos da man do alumnado do Ciclo Superior de Turismo, que realizou un vídeo promocional na nosa cidade como proxecto final do módulo de Francés.

Parabéns a todo o alumnado implicado e a súa profesora Noelia Besteiro!! Moi bo traballo!!

On y va!

  

Experiencia enolóxica no Ciclo de Turismo

No Ciclo de Turismo comezamos as actividades do mes de abril cunha cata sensorial de viños de Ribeira Sacra na sala do Centro do Viño.



O maestro de cirimonias, David Pascual, presidente da Asociación Galega de Enólogos.David disertou sobre os diferentes aspectos que fan especial unha zona vitícola: terreo, clima, orientación, altitude e prácticas culturais.

 

Para rematar, cata guiada: visual, olfativa a copa parada, copa axitada, en boca e barboteo.

 



Unha experiencia enolóxica moi, moi top!

Obradoiro de Escape Room

Na aula do Ciclo de Guías, información e asistencia turísticas traballamos cunha nova técnica de gamificación, o escapismo.
 

 

Lucía Quelle, unha especialista na materia, acercounos ao mundo do gaming empregando Legos, códigos secretos, cadeados, xogos de enigmas, crebacabezas,...

   
      

 

O noso obxectivo, integrar os escape rooms nas visitas guiadas, ou mesmo deseñar un xogo para mostrar un recurso turístico específico.

 

 

 

Xurdiron propostas interesantes por parte do alumnado que seguramente desenvolverán na súa andadura profesional.

 

 

Exames finais CS Guía, información e asistencia turísticas

 

Os días 20, 21 e 22 de xuño terán lugar os exames finais  do CS Guía, información e asistencia turísticas. Os horarios das  probas podes descargarlos no seguinte arquivo.

A avaliación final realizarase o día 23 de xuño.

Charla de Alexandra Seara , do Consorcio Ribeira Sacra

Para coñecer en profundidade  o Plan de Sostenibilidade Turística Ribeira Sacra contamos coa presenza, na aula do CS de Guías, información e asistencia turísticas, da xerente do Consorcio de Turismo, Alexandra Seara.

A charla versou sobre as liñas de actuación do Plan: Mobilidade sostible, paisaxe cultural, transformación competitiva, gobernanza colaborativa e produto, marketing e intelixencia turística. 

Unha ponencia interesante e didáctica que se alargou cun coloquio moi participativo por parte de todo o alumnado presente.

Sempre é un pracer contar con profesionales da talla de Alexandra Seara e co seu bo facer para achegar a realidade turística da Ribeira Sacra á aula.

Convocados premios extraordinarios FP de grao superior curso 20/21

Convócanse os premios extraordinarios de Formación Profesional de grao superior correspondentes ao curso 20/21. Xuntamos  a Orde do 8 de marzo que se publicou no DOG o  pasado luns día 21.

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado dende o día seguinte ao da publicación no DOG.

Para máis información https://www.edu.xunta.gal/portal/node/36528

 

 

De Portomarín á Ferreiroá - Visita a pobos asolagados

Este mércores 13 de outubro o alumnado do Ciclo de Turismo e da ESA fixo unha interesante visita aos pobos asolagados polo encoro de Belesar. Unha aproximación a un drama vivido no mes de xaneiro de 1963 polas xentes que vivían nas beiras do río Miño, entre Portomarín, a poboación máis importante das asolagadas, e o muro da presa en terras de Chantada.

Fixemos un percorrido a pé dende o antigo Portomarín ata A Ferreiroá, unha aldea situada a 2 quilómetros río abaixo e que se conserva en moi bó estado. ademais tamén foi escenario de películas e curtos coma Krebinsky. Desfrutamos da paisaxe e da natureza, achegándonos á súa historia, á vida das súas xentes e ao trauma  dun desaloxo á forza, contra o que non cabía oposición nin resistencia.

 Despois de volver a pé ao punto de partida, coñecemos o novo Portomarín ao que se trasladaron algúns dos elementos máis salientables da vila asolagada. Chama especialmente a atención a igrexa de San Nicolás, magnífico exemplo de templo-fortaleza románico.

Concesión dos premios extraordinarios de Formación Profesional

O pasado venres, 3 de setembro, fíxose pública a relación de alumnado galardonado nos premios  extraordinarios de formación profesional de grao superior correspondentes ao curso 2019/20.

A nosa ex-alumna do Ciclo Superior de Guía, información e asistencia turísticas,  Iria García Golmar, resultou premiada na familia profesional Hostalaría e Turismo.

Dende este centro educativo queremos darlle a noraboa por este premio ao esforzo persoal e excelencia educativa. Parabéns ao seu profesorado e titora Soledad González .

Grazas Iria por elixir o IES Río Cabe para completar a túa formación, sempre lembraremos o teu sonriso,  boa disposición, compañeirismo e excelente  facer.

Moita sorte no que emprendas!

 

 

Distribuir contido